From Wikipedia, the free encyclopedia
Os loricíferos (Loricifera, do latín lorica, "coiraza", "cota de malla", e ferre, "levar", literalmente "os que levan cota") son un pequeno filo de animais pseudocelomados, composto tan só por vinte e dúas especies de tamaño microscópico (oscila entre as 100 µm e 1 mm),[3] que habitan nos intersticios dos sedimentos mariños, unidos ás partículas de grava ou area, e que se caracterizan por estaren protexidos por unha caixa ou loriga, á que deben o seu nome.[4][5]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Loricíferos (Loricifera) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pliciloricus enigmatus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
familias e Xéneros | |||||||||||||||
|
Á parte destas pouco máis de vinte especies descritas, hai aproximadamente 100 máis que foron recollidos pero que aínda non se describiron.[4] Os loricíferos encóntranse a todas as profundidades, en sedimentos de diferentes tipos, e en todas as latitudes.),[3]
O primeiro espécime foi recollido nos anos 1970, e descrito en 1983, cando o zoólogo danés Reinhardt Kristensen fudou o filo,[1] polo que se encontran entre os grupos de metazoos máis recentemente descubertos.[6]
Estes animais teñen unha cabeza, na que se sitúa a boca, onde comeza o aparello dixestivo; a cavidade corporal comprende un pseudoceloma que remata no ano.
Todo o corpo está envolto por unha armadura denominada loriga, especie de casca externa protectora. Non teñen sistema circulatorio nin sistema endócrino. A súa reprodución é sexual, con sexos separados, e probabelmente son ovíparos. Moitas das larvas son acelomadas, e a maioría dos adultos son pseudocelomados, aínda que algunhas especies son acelomadas.[6]
O desenvolvemento é xeralmente directo, aínda que se coñecen larvas, denominadas larvas de Higgins, que difiren dos adultos en varios aspectos. Os seus ciclos vitais son moi complexos, e comprenden etapas pedoxenéticas con diferentes formas de reprodución partenoxenética.[4]
No existen rexistros fósiles.
Estudos morfolóxicos situáronos no clado Vinctiplicata, dos Scalidophora, que reuniría aos loricíferos cos priapúlidos e sería clado irmán dos quinorroincos. Os tres filos teñen catro caracteres en común: cutícula quitinosa, aneis escamosos, flósculos e dos aneis que se poden retraer cara ao interior do corpo.[3][6]
Pero a monofilia deste clado está apoiada só por razóns morfolóxicas, e estudos moleculares recentes indican que os loricíferos poden estar máis estreitamente relacionados cos nematomorfos.[7]
Pénsase que os loricíferos son descendentes en miniatura dun organismo máis grande, talvez similar aos Sirilorica, fósiles do cámbrico.[7] Porén, o rexistro fósil dun grupo de organismos microscópiocs non mineralizados é quizais (como era de esperar) escaso, polo que é difícil rastrexar a historia evolutiva do filo.
O filo dos loricíferos comprende unha soa clase, cunha única orde que comprende dúas familias con tres xéneros cada unha.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.