filo do reino animal From Wikipedia, the free encyclopedia
Os quinorrincos ou cinorrincos (Kinorhyncha, do grego κίνηω kīneō "mover" e ῥυγχος rhynchos "fociño") son un filo de animais pseudocelomados mariños de pequeno tamaño (1 mm o menos), que viven nos sedimentos, a profondidades que poden alcanzar os 6 000 m.[1]
Quinorrincos Cinorrincos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes | |||||||||||||
|
Xunto cos loricíferos (Loricifera) e os priapúlidos (Priapulidae) constitúen o clado dos Scalidophora ou Cephalorhyncha Segundo os autores.[2]
Os quinorrincos son animais segmentados, e teñen un corpo dividido en cabeza, colo e un tronco de 11 segmentos.[1]
Non posúen cilios externos senón unhas espículas, que serían parte da cutícula segregada pola epiderme, que se distribúen ao longo do corpo e se amorean na boca e en círculos ao redor da cabeza, que é retráctil, formando unha estrutura para o movemento.[4]
O sistema digestivo está dividido en tres zonas (anterior, media e posterior), estrando a primeira e a última revestidas por cutícula, e forman, respectivamente, un estomodeo e un proctodeo. A boca, rodeada de estiletes no cono bucal, comunícase coa cavidade bucal. De aí pasa o alimento por unha farinxe musculosa cara a un esófago curto que, en determinadas especies, pode presentar glándulas esofáxicas. O intestino ocupa a maior parte do tronco, e desemboca ao exterior a través do recto e o ano situados no último segmento. Os quinorrincos nútrense de diatomeas e outros organismos do lodo mariño.[4]
A súa reprodución é sexual, e teñen os sexos separados (son dioicos). Un par de gónadas, localizadas na rexión media do tronco, ábrense ao exterior mediante poros no segmento final. Na maioría das especies, o conduto espermático inclúe dúas ou tres estruturas espiñosas que presumibelmente axudan na cópula, aínda que os detalles son descoñecidos. A larvas son de vida libre, pero pouco se sabe do seu proceso reprodutivo.[4]
Filo Kinorhyncha
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.