From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo trata sobre un termo zoolóxico, para o termo botánico, véxase espiga.
As espículas (en latín spicula, singular spiculum) son diminutas estruturas esqueléticas con punta de diversa orixe e función. Pódense atopar en diversos grupos de animais :
As espículas son importantes elementos para a clasificación e identificación das esponxas, xa que teñen unha forma moi variada e dous tipos de composición: calcaria ou silícea. As espículas pódense clasificar tamén segundo o seu tamaño en megaescleras cando son grandes, e microescleras cando son pequenas Outra maneira de clasificar as espículas é segundo a forma:
Estas espículas fórmanse a partir dun calcoblasto binucleado que se vai dividindo en dúas células: unha construtora e outra cebadora. Nas espículas trirradiais interveñen unha célula construtora e outra cebadora en cada radio. Ás veces aparece un cuarto radio formando un tetraedro. As espículas están formadas por carbonato cálcico (CaCO3) cristalizado xeralmente en forma de calcita e en raras ocasións, de aragonita. Son típicas das esponxas da Clase Calcispongiae
Son máis variadas, distinguíndose aquí as grandes megascleras (> 100 μm) das microscleras (< 100 μm, sendo as máis pequenas duns 3 μm). Fórmanse a partir de acumulacións cristalinas de sílice hidratado (SiO2·H2O). Este tipo de espícula se forma no interior dun esclerocito (célula formadora de la espícula) chamado silicoblasto, a partir dun eixo orgánico, xeralmente proteico. Só intervén unha célula na fabricación da espícula, que pode formala con seis radios (Hexactinélidos) ou en forma de vara (algunhas Demosponxas, xa que outras carecen de esqueleto mineral). As esponxas son os únicos animais que utilizan o sílice como material esquelético. Son típicas das esponxas da Clase Hexactinellida e Demospongiae,
Recentes descubrimentos expoñen que os raios de luz pódense transmitir polo interior das espículas como dun xeito equivalente aos cables de fibra óptica[1]. Isto convertería as esponxas nos únicos animais capaces de transmitir luz ao interior dos seus corpos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.