Protóstomos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Protóstomos

Os protóstomos ou protostomados son unha agrupación (clado) de superfilos do Reino Animal.

O seu nome está formado polos elementos do latín científico proto- e -stomia (ou -stomata) tirados do grego antigo πρῶτος prōtos, 'primeiro' e στόμα stóma, 'boca', respectivamente.

Xunto cos deuteróstomos, forman as dúas grandes ramas en que se dividen os bilaterais (Bilateria). A separación destas dúas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a explosión cámbrica (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa filos protóstomos e deuteróstomos diferenciados.

A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da boca. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do blastóporo embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.[1]

Os xenes que se empregan na construción embrionaria da boca dos acelomorfos son os mesmos que os que se expresan pola boca do protóstomo.[2] Tamén, en todos os protóstomos, o celoma resulta dunha escisión do mesoderma, e o sistema nervioso é unha estrutura dupla e ventral.

Características

  • O blastóporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano. O blastóporo alóngase, logo os labios se aproximan e sóldase a zona central da abertura deixando un orificio en cada extremo, que corresponden á boca e o ano. Polo tanto, o arquéntero (cavidade dixestiva embrionaria) deixa de ser un saco cego e se transforma nun tubo con entrada e saída.
  • Segmentación espiral: a segmentación do ovo é moi característica. Os planos de segmentación son oblicuos en relación ao eixe do ovo; os blastómeros fillos colócanse entre os blastómeros pais e quedan dispostos en capas horizontais, cos blastómeros en posición alternada, polo que se dispoñen en espiral.
Thumb
Comparación entre os Protóstomos e deuteróstomos (en inglés)
  • Segmentación determinada: cada blastómero, separado experimentalmente, soamente orixina unha parte determinada do animal, a mesma que habería dado no caso de non haberse separado.
  • Sistema nervioso hiponeuro: é un sistema nervioso formado por ganglios cerebrais e cordóns nerviosos ventrais. Os ganglios que forman o cerebro sitúanse arredor do esófago, con conectivos periesofáxicos que os unen ás cadeas nerviosas que percorren ventralmente o corpo do animal, en posición inferior respecto ao tubo dixestivo.
  • Formación do celoma por esquizocelia: o mesoderma (e o consiguiente celoma), fórmase por proliferación dos blastómeros situados no punto de confluencia do ectoderma e o endoderma, en moitos casos do blastómero 4d.
  • O celoma forma un par de sacos arredor do tubo dixestivo que con frecuencia se metameriza.
  • Larva trocófora: moitos filos protóstomos presentan unha larva de tipo trocoforiano (ou asimilable a ela) no seu desenvolvemento.

Non todos os filos presentan todas estas característica á vez; por exemplo, os acelomados e pseudocelomados, carecen de celoma e estes últimos non teñen larvas trocóforas.

Sistemática e filoxenia

Actuais datos moleculares suxiren que os animais protóstomos pódense dividir en tres grupos principais:

así como un menor número de taxóns de afinidade basal ou ambiguos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.