Remove ads
especie de mamífero mariño From Wikipedia, the free encyclopedia
A morsa,[5] tamén coñecida como vaca mariña ou vaca do mar,[6] Odobenus rosmanus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero carnívoro de gran tamaño da superfamilia dos pinnípedes, única representante viva do seu xénero, Odobenus Brisson, 1762, e da súa familia, Odobenidae Allen, 1880.
Morsa Odobenus rosmarus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Individuo da subespecie tipo fotografado no Canadá | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
DD: Datos insuficientes [1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Odobenus rosmarus (Linnaeus, 1758) [4] | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da morsa. | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Habita, cunha distribución circumpolar descontinua, nas costas e augas próximas do océano Glacial Ártico e nas inmediatas subárticas do hemisferio boreal dos océanos Atlántico e Pacífico.
É unha especie facilmente recoñecíbel polos seus grandes cairos, os seus típicos bigotes e o seu gran tamaño (os individuos do Pacífico poden chegar a pesar máis de 1 700 kg) [7] e, entre os pinnípedes, son unicamente superados en dimensións polas dúas especies de elefantes mariños.[8]
Pasa case toda a súa vida na banquisa e, nas augas pouco profundas da plataforma continental oceánica, encontra a súa comida preferida, os moluscos bivalvos bentónicos.
É un animal gregario que vive moitos anos (ao redor dos 30),[9] e está considerado como unha especie clave no ecosistema mariño do Ártico.
A morsa xogou un importante papel na cultura de moitos pobos nativos árticos, que a cazaban para aproveitar a carne, a graxa, a pel, os cairos e os ósos. No século XIX e os primeiros anos do XX foi obxecto dunha intensa explotación comercial para obter graxa (blubber) [10] e o marfil dos dentes, polo que o número de exemplares diminuíu rapidamente.
Desde aquela, a poboación mundial de morsas incrementouse de novo, aínda que as subpobacións do Atlántico e do mar de Laptev (norte de Siberia) están moi fragmentadas e son moi pouco numerosas en comparación coas doutras épocas históricas.
O nome latino do xénero, Odobenus, vén do grego ὀδούς odoús, "dente", e βαίνω baíno, "andar", literalmente "o que anda cos dentes" ou "o que usa os dentes para andar", denbido que se observou que as morsas utilizaban os seus longos caninos para impulsárene ao saír da auga.
O epíteto respecífico, rosmarus, procede do termo do latín científico do Renacemento e a Idade Moderna ros marus piscis "peixe rosmarus".
A orixe deste nome, do que tamén deriva morsa, parece ser eslava,[11] que daría o ruso морж (morž), ademais do finés mursu, o saami moršâ e o francés e inglés morse (non utilizado no inglés actual).
Olaus Magnus (1490 - 1557), escritor e eclesiástico sueco, que representou a morsa na súa famosa Carta Marina de 1539, chamouna por primeira vez ros marus, latinizando o termo ruso morž.
E foi este o nome que adoptou Linneo en 1758, na 10ª edicón do seu Systema Naturae,[12] cando definiu por primeira vez esta especie como Phoca rosmarus, dentro do xénero Phoca por el creado para incluír a varios mamíferos mariños coñecidos na súa época e que non clasificara canda os cetáceos.
A similitude accidental entre morsus e as palabras latinas mors ("morte") e mordere ("morder", "trabar") crese que contribuíu no pasado á falsa reputación da morsa como un "monstro terríbel".
Ríos Panisse recolleu para esta especie, no volume II do seu Inventario,[13] os nomes de cerea (serea), e as súas variantes xarea, xerea e xirea e os de vaca, vaca do mar e vaca mariña, non rexistrando, en cambio, morsa, polo que parece evidente que este nome entrou no galego por vía culta.
A palabra galega morsa procede do saami ou do finés, e chegou a nós seguramente a través co castelán (morsa), do francés (morse) ou do inglés antigo (morse). Nesta última lingua, porén, a palabra antiga morse caeu en desuso, e foi substituída pola actual, walrus, que procede do danés hvalros, que significa "balea-cabalo" ou "vaca de mar", e que é común a outras linguas xermánicas.
Como quedou dito, a especie foi definida por Linnaeus en 1758 como Phoca rosmarus, sendo despois reclasificada dentro do xénero Odobenus.
O xénero Odobenus fundouno en 1762 o zoólogo e físico francés Mathurin-Jacques Brisson na súa obra Regnum animale in classes IX distributum sive Synopsis methodica, impresa por Th. Haak en París e Leiden entre os anos 1756 e 1762.(Ver en PDF) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
E a familia Odobenidae foi creada en 1880 polo zoólogo estadounidense Joel Asaph Allen no seu traballo History of North American pinnipeds, a monograph of the walruses, sea-lions, sea-bears and seals of North America, publicado en Washington polo Departamento de Interior do goberno dos Estados Unidos. (Ver en PDF).
A maioría dos autores consideran tres subespecies válidas:[2][14]
Porén, algúns autores non recoñecen a subespecie O. rosmarus laptevi.[15]
As principais características da morsa son:[9]
A principios do cuaternario a especie distribuíase polos territoios actuais do Canadá (Columbia Británica, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Nunavut, Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Yukón), Estados Unidos (Alasca, California, Maine, Míchigan, Nova Hampshire, Carolina do Norte, Carolina do Sur e Virxinia, Rusia, illas Británicas, Alemaña, os Países Baixos e o Xapón.[14]
Hoxe en día, en que a temperatura da Terra é máis alta, a área de distribución é moito menor.
A denominada "morsa do Atlántico", a subespecie tipo, Odobenus rosmarus rosmarus, ocupa o Ártico canadense, Groenlandia, as Svalbard e a parte occidental do Ártico ruso (mar de Kara). Crese que existen actualmente oito subpoboacións, que se distinguen principalmente pola súa repartición xeográfica e polos seus desprazamentos. Cinco viven ao oeste de Groenlandia e as outras tres ao leste.[16]
Antigamente a morsa do Atlántico chegaba polo sur até o cabo Cod e encontrábase en gran número no golfo de San Lourenzo. En abril de 2006, a Canadian Species at Risk Act consideraba que a poboación de morsas do Atlántico noroccidental do país (Quebec, Novo Brunswick, Nova Escocia, Terra Nova e Labrador) como desaparecida.[17]
Calcúlase que en total hai hoxe uns 22 500 exemplares (6 000 en Rusia e Noruega, 12 000 no Canadá e 4 500 en Groenlandia).[1]
A coñecida como "morsa do Pacífico", a subespecie Odobenus rosmarus divergens, encóntrase ao norte do océano Pacífico, desde o mar de Siberia Oriental até o mar de Beaufort. Existen como mínimo uns 200 000 individuos de morsa do Pacífico, nas costas de Rusia e os Estados Unidos.[18]
A meirande parte da súa poboación pasa o verán ao norte do estreito de Bering, nos mares de Chukchi e de Beaufort, entre o leste de Siberia, cerca da illa de Wrangel, e o norte de Alasca. Algúns machos, pouco numerosos, pásano no golfo de Anádyr, na ribeira sur da península de Chukchi e na baía de Bristol ao oeste da península de Alasca. Na primavera e no outono reagrúpanse no estreito de Bering, e pasan o inverno no mar de Bering, o longo da costa oriental de Siberia, ao sur, até á parte norte da península de Kamchatka, e ao longo da costa sur de Alasca.[8].
A poboación da subespecie Odobenus rosmarus laptevi está illada das demais, confinada nas rexións centrais e occidentais do mar de Laptev, ao leste do mar de Kara, e nas rexións máis orientais do mar de Siberia oriental.[19]
Evidentemente, non é un animal que forme parte da fauna galega pero, a pesar diso, non podemos dicir que sexa totalmente descoñecido para os nosos mariñeiros, como vimos na sección "etimoloxía". A este respecto, Eladio Rodríguez apunta, no seu Diccionario,[20] que
No es la morsa propia de los mares de Galicia, ya que es un anfibio [21] de los mares árticos; pero en el año 1939, los marineros de una pareja de pesqueros vigueses cazaron con arpón una morsa que fue traída a Vigo, donde ha sorprendido a las gentes que la vieron expuesta en el Berbés de aquella ciudad.
Durante todo o ano as morsas frecuentan as augas pouco profundas, non afectadas polos xeos. Os animais téndense sobre a banquisa para repousaren ou para reprpoducírense e, durante o verán, visitan illós ou promontorios rochosos. É unha especie moi grearia pero, nas agrupacións, os machos vellos quedan en grupos illados, mentres que as femias, cos inividuos xuvenís e maduros de ambos os sexos, forman grandes rabaños. No momento de aparearse, non hai formación de haréns, aínda que a especie é polígama.[9]
A maioría das poboacións, pero non todos os membros dunhga mesma poboación, efectúan migracións; cara ao norte en primavera, e cara ao sur en outono.[9]
Como quedou dito, as morsas adoitan habitar nas augas pouco profundas da plataforma continental, onde exploran desde o amencer o fondo do mar, a miúdo en grupos de 10 a 15 individuos, que se lanzan á auga desde un bloque de xeo que lles serbe de plataforma.[8]. Son moito menos peláxicas que outros pinnípedes, pero as súas inmersións, aínda que menos profundas en media, con todo poden chegar aos 80 m de profundidade e durar case media hora,[22] aínda que por termo medio non exceden de 10 min.[23] O récord de inmersión, medido na subespecie atlántica, é de 113 m de profundidade.[24] Para encontraren o alimento poden desprazarse até 2 km ao longo das costras, co conseguinte risco de quedaren atrapadas baixo o xeo.[23].
A morsa ten un réxime alimenticio diversificado e oportunista, alimentándose de máis de 60 xéneros de organismos mariños, icluíndo gambas, cangrexos, vermes tubícolas, corais brandos, tunicados, holoturias, diversos moluscos e pequenos peixes.[25] A súa fonte de alimentación predilecta, porén, son os bivalvos bentónicos, en particuler as especies do xénero Mya, ameixas e outras especies da familia dos venéridos, e tamén berberechos, e outras especies da familia dos cardíidos, que constitúen do 60 ao 80 % da súa dieta.[26] As morsas saen na busca de alimentos dúas veces ao día, e poeden consumir até 400 ameixas no día, é dicir, uns 27 kg de alomento, do 3 ao 6 % do seu peso.[27]
Os machos alcanzan a madurez sexual aos 6 anos de idade, e as femias aos 4. O perído de reprodución éw contra o mes de febreiro, pero a xestación real non comeza até uns meses máis tarde, debido á implantación diverida do óvulo fecundado (blastocito). No mes de abril ou a principios de maio, cada dous ou tres anos, as femias paren unha única cría, de pelaxe de cor gris prateada e que mide 1,2 m e pesa 50 kg. A femia amamenta á súa cría ao redor dun ano, até que os seus caninos non estean o suficientemente desenvolvidos como para permitirlle alimentarse pola súa conta. A cria non abandona á nai até a idade de 2 anos. A lonxevidade da especie alcanza ao redor de 30 anos.[9]
Grazas ao seu gran tamaño e aos cairos, a morsa ten só dous depredadores naturais: a candorca e o oso polar. Pero non constitúe, porén, unha presa frecuente para ningún dos dous. De feito, ambos abaten dobre todo exemplares pequenos. Os osos polares adoutan atacar colonias de morsas e capturan os espécimes que quedan esmagados ou feridos na fuxida xeral, xearalmente indiuviduois novos ou enfermos.[28] En inverno este depredador tamén logra abater exemplares illados que non poden escapar ao ataque por quedar atrapado nos buratos do xeo.[29] Porén, incluso unha morsa ferida é un rival temíbel para o oso polar, e os ataques directos son raros. Os enfrontamentos entre estes dous animais son a miúdo longos e esgotadores, e moitos osos vense obrigados a renunciar, incluso despois de que lesionara ao pinnípede.
As candorcas atacan regularmente ás morsas, aínda que saben que estas son capaces de defenderse con éxito, contratacamdo aos grandes cetáceos.[30]
Para os esquimós, a morsa tivo desde antigo un importante significado relixioso.
Ademais tivo, e segue a ter, un papel decisivo en todos os ámbitos da vida destes pobos, xa que dela obtiñan carne e aceite, e os seus cairos, así como os seus ósos, proporcionaban un inapreciábel material de construción nun clima en que as árboles son moi escasas (nas poucas zonas onde as hai).
Os estómagos de morsa con moluscos son aínda hoxe considerados unha exquisitez.
Porén, a caza da morsa levada a cabo polos inuit era de mera subsistencia e non supuxo ningún perigro para a supervivencia da especie. E aínda hoxe se permite aos inuit cotas regulares de caza de subsistencia no Canadá, Rusia e Groenlandia.
Cando os europeos chegaron aos mares árticos, a morsa vise por primeira vez en transo de desaparecer como especie. Foi obxecto de caza intensiva, sobre todo a causa do marfil dps seus caninos, cuxa calidade só é algo inferior á do que se obtén dos elefantes, e tamén a súa graxa subcutánea ou blubbel. As morsas habitaban, como vimos, na costa leste de Norteamérica, até Cabo Cod, e no golfo de San Lourenzo. Nesta zona, nos séculos XVI e XVII matáronse anualmente varios milleiros de morsas. No século XIX non quedaba nin un só exemplar ao sur do Labrador. En busca de colonias de morsas aínda non descubertas, os cazadores foron internándose en rexións máis e máis remotas. Pode dar unha idea das proporcións das matanzas o feito de que só entre 1925 e 1931 foran cazadas na illa de Baffin, no Ártico canadense, ao redor de 175 000 morsas. A morsa do Atlántico estivo por este motivo ao bordo da extinción e, por causas que se descoñecen, a pesar das medidas de protección actuais, as súas poboacións seguen sen recuperarse: só subsisten hoxe 15 000 morsas do Atlántico, unha fracción mínima da poboación orixinal.
A morsa do Pacífico foi sometida a masacres parecidos, aínda que a súa caza iniciouse en data posterior. Porén, as súas poboacións recuperáronse significativamente grazas ás medidas proteccionistas introducidas polos Estados Unidos e Rusia, e hoxe conta de novo cuns 200 000 exemplares. Por ese motivo, a especie no seu conxunto non se encontra en perigo de extinción.
Tamén a contaminación afecta ás morsas, que son especialmente sensíbeis ás verteduras de petróleo, xa que os hidrocarburos se depositan nos fondos mariños, lugar onde as morsas atopan o seu alimento, reducindo así o número das súas presas.
A UICN considera que o estado actual da poboación de morsas non se pode avaliar, debido aos poucos datos dispoñíbeis, polo que no anoi 2008 cualificouna como de "DD" (datos insuficientes), cuialificación que se mantén a día de hoxe (2013).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.