From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ministerio de Traballo e Economía Social de España é o departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de economía social. A súa titular é Yolanda Díaz.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ministerio de Traballo e Economía Social | |
---|---|
Tipo | ministerio de España |
Data de fundación | 22 de decembro de 2011 |
Data de disolución | 1 de xuño de 2018 |
Sede | Nuevos Ministerios |
País | España |
Na rede | |
http://www.empleo.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.
A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.
En xaneiro de 2020, no goberno de coalición PSOE Unidas-Podemos presidido por Pedro Sánchez o ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social desdobrouse en dous:
Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.
Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[3]
O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.