Política española. Ministra de Traballo de España From Wikipedia, the free encyclopedia
Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971,[1] é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas.[2]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla.[3] Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.
É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), exsecretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego. Foi a primeira das nenas nadas no novo barrio obreiro de San Valentín, Fene, vinculado daquela aos estaleiros de ASTANO. Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela e estudou no instituto Rosalía de Castro. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, para despois ampliar estudos en París.[1] Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada.
Empezou traballando como avogada nun bufete compostelán. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista[4]) en Ferrol.[5]
Accedeu á coordinación xeral de Esquerda Unida en 2005, cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), a cuarta forza máis votada.
Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. A coalición recuperou representación no Concello, da que se vira privada na lexislatura anterior pola crise que derivou na ruptura e o xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de edil, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.
Nas eleccións municipais de 2007 foi de novo cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol[6]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro edís: Javier Galán, Miguel Reimúndez, Sari Alabau e ela mesma. Tras formalizar un acordo para un goberno co PSOE, foi elixido alcalde o socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.
O 28 de outubro de 2008, o goberno de coalición rachou. Irisarri permaneceu como rexedor en minoría no PSOE e Esquerda Unida pasou á oposición. Yolanda Díaz mantívose como voceira.
No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas,[7] mais non logrou entrar no Parlamento. En 2012 repetiu pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica. Ese ano formaron a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xunto con Anova-Irmandade Nacionalista, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia. Foi a viceportavoz do seu grupo no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.[8]
É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016.[9] Tanto nas eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea pola provincia da Coruña e entrou como deputada por esa provincia. Nas eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra e foi escollida deputada por estoutra provincia.[10] Dentro do Congreso, foi vogal e portavoz adxunta de varias comisións.[9]
En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social[11] no goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos, o primeiro na democracia.[12] Tomou posesión o día 13 dese mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.