Nuevos Ministerios

edificio complexo de Madrid From Wikipedia, the free encyclopedia

Nuevos Ministeriosmap

Nuevos Ministerios é un complexo gobernamental que alberga as sedes de varios ministerios no distrito de Chamberí, na cidade de Madrid. Atópase situado no quinteiro delimitado polo Paseo de la Castellana, as rúas Raimundo Fernández Villaverde e Agustín de Betancourt e a praza de San Juan de la Cruz.

Thumb
Vista de Nuevos Ministerios dende a Torre BBVA.

O proxecto orixinal é obra do arquitecto Secundino Zuazo e desde moi pronto contou co patrocinio do entón Ministro de Obras Públicas, Indalecio Prieto.[1] A súa construción iniciouse en 1933 e, a pesar de que se viu paralizada durante a Guerra Civil, todo o complexo quedou finalizado en 1942. Na actualidade acolle a sede dos Ministerios de Fomento e de Emprego e Seguridade Social. Todo o conxunto arquitectónico áchase plenamente integrado no chamado centro AZCA, un dos centros de negocios e oficinas máis importantes da capital. Nas proximidades áchase tamén a estación de Nuevos Ministerios, un intercambiador múltiple con servizos de autobús, metro e trens de proximidades.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.