From Wikipedia, the free encyclopedia
Un ministerio é un departamento de xestión do goberno dun estado. Está a cargo dun ministro que se ocupa dun ámbito político de actuación baixo a coordinación do presidente do goberno ou primeiro ministro. Nalgúns países como os Estados Unidos de América ou México, os ministros son coñecidos como secretarios ou secretarios de Estado.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
En España, como noutros países, por cada nova lexislatura os ministerios adoitan cambiar de funcións e de nome. Estes cambios son máis notables se se produce un cambio de partido político, xa que hai ministerios que separan as súas funcións en dous ou máis ministerios novos, e varios ministerios agrúpanse nun só.
O 20 de novembro de 2023, o presidente do goberno Pedro Sánchez anunciou os ministros que asumirían o cargo o día seguinte para o goberno da XV Lexislatura.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.