político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Grande-Marlaska Gómez, nado en Bilbao o 26 de xullo de 1962, é un maxistrado español, actual ministro do Interior do Goberno de España.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Grande Marlasca 26 de xullo de 1962 (62 anos) Bilbao, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 – Maria Gemma Araujo Morales (en) → Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Cádiz (en) | |
Ministro do Interior de España | |
7 de xuño de 2018 – ← Juan Ignacio Zoido Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xuíz, avogado, xurista |
Familia | |
Cónxuxe | Gorka Arotz (2005–) |
Pais | Avelino Grande e Ángela Marlasca Gómez |
Ingresou na carreira xudicial en 1987 e ata 1989 prestou servizo no Xulgado de primeira instancia de Santoña, en Cantabria, onde investigou o suicidio de Rafael Escobedo, condenado polo crime dos marqueses de Urquijo. En 1990 pasa ao Xulgado de Instrución nº 2 de Bilbao, no que permanece durante nove anos. Promociona nese momento a presidente da Sección Sexta do Penal da Audiencia Provincial de Biscaia.
En 2003 instálase en Madrid, como titular do Xulgado de Instrución nº 36.
Dende 2004 e ata o 30 de xuño de 2006 exerceu no Xulgado Central de Instrución número 5 da Audiencia Nacional, substituíndo provisionalmente ao seu titular, o xuíz Baltasar Garzón. Destacou pola instrución de causas contra a banda terrorista ETA, paralizando manifestacións da esquerda abertzale e ordenando a entrada en prisión de Arnaldo Otegi e pola intervención policial da organización Fórum Filatélico. Ao reincorporarse Garzón á súa praza (o 1 de xullo de 2006) quedou adscrito á Sala do Penal da Audiencia Nacional. Presentouse como candidato independente ao Consello Xeral do Poder Xudicial (2006), pero non foi elixido.
En 2007 asumiu a titularidade do Xulgado Central de Instrución nº 3 da Audiencia Nacional, en substitución de Teresa Palacios.
Nese momento faise cargo do caso máis importante: o accidente do Yak-42 en Turquía que custou a vida a 62 militares o 26 de maio de 2003 cando regresaban de Afganistán. Con todo aos catro meses de chegar ao xulgado, o 1 de xuño de 2007, arquivou o caso, e atribuíu as responsabilidades á tripulación ucraína, eximindo ao Ministerio de Defensa do accidente por contratar un avión inseguro. Con todo, o 22 de xaneiro de 2008, a Sección Cuarta da Sala do Penal revogou por unanimidade o arquivo, alegando que o xuíz non practicara dilixencia algunha e indefensión das vítimas. Unha vez reaberto o sumario, citou como testemuñas á cúpula militar do momento, e aos exministros Federico Trillo e José Bono. Finalmente o 20 de maio de 2008, imputou por 62 homicidios por imprudencia grave, a cinco altos mandos militares, entre eles o xefe do Estado Maior da Defensa, Antonio Moreno, máximo xefe da cúpula militar no momento do accidente.
O 30 de agosto de 2007 decretou a apertura de xuízo oral por inxurias á Coroa a varios artistas gráficos. En xuño de 2007 decidiu arquivar a causa aberta contra catro directivos de Air Madrid por presunta estafa cometida durante a crise que afectou á aeroliña en decembro de 2006 e, en setembro de 2007, rexeitou os recursos de apelación presentados pola Asociación Xeral de Consumidores e Usuarios e a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) contra o arquivo do auto.
O 23 de febreiro de 2012 foi nomeado presidente da Sala Penal da Audiencia Nacional en substitución de Javier Gómez Bermúdez.
O 29 de novembro de 2013 foi designado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, a proposta do Partido Popular, polo Senado.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro do Interior do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Grande-Marlaska |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.