especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A maravalla (Calendula officinalis), tamén coñecida como caléndula, é unha planta do xénero Calendula. Era usada na Grecia, Roma, Arabia e a India antigas como planta medicinal, como corante téxtil, corante alimentario e en cosméticos.
Maravalla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Maravalla | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calendula officinalis' L. |
As follas e pétalos da maravalla son comestíbeis, de modo que os pétalos se adicionan aos pratos como gornición en substitución do sasafrán. As follas poden ser doces mais son xeralmente amargas, e poden usarse nas ensaladas.
Trátase dunha planta bastante cultivada e medra facilmente en lugares soalleiros na maioría dos solos.[1]
A Calendula officinalis úsase no tratamento de problemas da pel e da dor, como bactericida, antiséptico e antiinflamatorio. Os pétalos e o pole conteñen ésteres triterpenoides (antiinflamatorio) e os carotenoides flavoxantina e auroxantina (antioxidantes e orixe da coloración amarelo-laranxa). As follas e os caules conteñen outros carotenoides, sobre todo luteína (80%) e zeaxantina (5%) e betacaroteno. Os extractos da planta tamén son moi usados nos cosméticos, presumibelmente debido á presenza de compostos como saponinas, resinas e aceites esenciais.
A maravalla é unha planta que, desde 2009, foi recoñecida polo Ministerio da Saúde do Brasil como posuidora de propiedades fitoterápicas.
Alén diso, a caléndula está presente na fórmula dalgúns xampús para cabelos claros, pois sábese que o extrato desa planta contén, así como a camomila e a macela, un pigmento amarelo responsábel por acentuar a cor dos cabelos de tons castaño claro a louro dándolles reflexos dourados de forma natural e gradual.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.