Leonardo Lemos Montanet
relixioso galego From Wikipedia, the free encyclopedia
relixioso galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Leonardo Lemos Montanet, nado en Barallobre (Fene), o 31 de maio de 1953, é un crego católico galego, bispo de Ourense dende 2011.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1953 (71 anos) Fene, España |
Bispo de Ourense | |
16 de decembro de 2011 – ← Luís Quinteiro Fiúza Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2012–), sacerdote católico (1979–) |
Consagración | Julián Barrio |
Leonardo Lemos naceu na parroquia de Santiago de Barallobre, no concello de Fene. Aos nove anos a súa familia trasladouse a vivir a Ferrol por razóns laborais.
A súa era unha familia de militaresː seu pai, dous de seus tíos e mais o seu curmán estudaron na Escola Naval Militar de Marín[1]. Porén marchou a estudar o COU no Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela, onde entrou no seminario.[2]
Estudou no seminario maior de Santiago de Compostela e licenciouse en Estudos eclesiásticos pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1978, ano no que tamén será ordenado diácono. En setembro deste ano foi nomeado formador do seminario menor da Asunción. É a partir deste momento cando fai parte da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, asociación de cregos vencellada ao Opus Dei[2][3].
O 19 de maio de 1979 foi ordenado sacerdote da arquidiocese compostelá polo seu arcebispo, Ángel Suquía Goicoechea.[2]
Logo de ser ordenado sacerdote comezou dando clase no seminario menor de Santiago de Compostela e como axudante do crego en Conxo. Posteriormente marchou a Roma a proseguir a súa formación. Dunha banda licenciouse en Filosofía teorética pola Universidade Gregoriana en 1984 e doutra diplomouse en Arqueoloxía polo Instituto Pontificio de Arqueoloxía, e en Arquivística e Biblioteconomía tamén no Vaticano. En 1987 conseguiu doutorarse en Filosofía pola Universidade Pontificia San Tomé de Aquino, tamén na capital italiana.
Ao remate dos seus estudos volveu a Galicia e estableceuse en Santiago de Compostela, onde conseguiu traballo como capelán dunha residencia universitaria relixiosa, e dando clase tamén no seminario maior da cidade. En 1992 recibiu o encargo de ser o director da biblioteca da diocese. En 2001 nomeárono director técnico de estudos do seminario menor, en 2003 ascendeu a cóengo da catedral de Santiago e en 2005 chegou a ser secretario capitular da mesma, mentres que daba misa na parroquia de San Fernando, no centro da cidade de Santiago.
O 16 de decembro de 2011 foi designado bispo de Ourense polo papa Bieito XVI[4], recibindo a consagración episcopal polo arcebispo compostelán Julián Barrio o 11 de febreiro de 2012. Os bispos co-consagrantes foron Renzo Fratini, nuncio para España, os seus predecesores na sé auriense Luís Quinteiro Fiúza, Xosé Diéguez Reboredo e Carlos Osoro, e o bispo de Astorga Camilo Lorenzo Iglesias.
En abril de 2013, con ocasión da "Xornada pola Vida" convocada pola Conferencia Episcopal Española, monseñor Lemos escribiu unha carta na que chamaba á protección da vida humana dende a concepción, lembrando a postura doutrinal da Igrexa católica en canto ao aborto inducido.[5]
|
|
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Luís Quinteiro Fiúza |
Bispo de Ourense 2011 - |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.