From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Riberi, nado o 15 de xuño de 1897 en Monte Carlo (Mónaco) e finado o 16 de decembro de 1967 en Roma, foi un bispo católico e cardeal que serviu como nuncio na China, España e Irlanda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1897 Mónaco |
Morte | 16 de decembro de 1967 (70 anos) Roma, Italia |
Cardeal | |
26 de xuño de 1967 – | |
Núncio apostólico em Espanha (pt) | |
28 de abril de 1962 – 26 de xuño de 1967 | |
Núncio apostólico na Irlanda (pt) | |
19 de febreiro de 1959 – | |
Apostolic Nuncio to the Republic of China (en) | |
6 de xullo de 1946 – 1951 | |
Arcebispo católico | |
28 de outubro de 1934 – | |
Arcebispo titular | |
13 de agosto de 1934 – Diocese: Dara (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Academia Pontificia Eclesiástica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1922–), teólogo |
Consagración | Pietro Fumasoni Biondi |
Riberi estudou no seminario de Cuneo, Italia, e na Universidade Pontificia Gregoriana e na Academia Pontificia Eclesiástica de Roma, onde recibiu a ordenación como sacerdote o 29 de xuño de 1922. Prolongou os seus estudos até 1925 no Instituto de Ciencias Sociais de Bérgamo. Entre 1925 e 1930, Riberi traballou como adxunto e secretario na nunciatura boliviana.
O 13 de agosto de 1934 foi nomeado Arcebispo Titular de Dara, e recibiu a consagración episcopal o 28 de outubro de mans do cardeal Pietro Fumasoni Biondi, cos arcebispos Giuseppe Pizzardo e Carlo Salotti como co-consagradores. Riberi foi máis tarde nomeado Delegado Apostólico para as misións africanas dependentes da Sagrada Congregación para a Propagación da Fe o 4 de novembro do mesmo ano, residindo en Mombasa, Kenya. Entre 1939 e 1946 dirixiu o servizo da Santa Sé para a asistencia dos prisioneiros de guerra e soldados feridos da segunda guerra mundial.
Foi nomeado nuncio para a China o 6 de xullo de 1946. Unha das súas primeiras medidas foi promover a presenza da Lexión de María na China, xa que na súa etapa en África coñecera a Edel Quinn e comprobara o éxito da súa actividade evanxelizadora.
Sobre as peticións do Partido Comunista da China dunha igrexa católica independente nese país, declarou en 1951 que:
A relixión católica foi establecida polo mesmo Xesús Cristo, chegando até nos polos Apóstolos como unha, santa e católica; un só corpo, como o corpo humano, co representante de Xesús —o Santo Pai— como a súa cabeza, é suprapolítica, indivisible por fronteiras nacionais ou por diferenzas políticas. Esta é a verdadeira natureza da Igrexa Católica, e mutilar esta natureza é deixar de ser católico. Disto séguese, xa que logo, que os católicos de calquera rexión que por circunstancias particulares sepáranse a vontade da Santa Sé, sepáranse tamén de Xesús e da Igrexa Católica. Calquera igrexa chamada a si mesma "igrexa católica nacional", nun sentido exclusivo, é simplemente unha igrexa cismática, e non a verdadeira e única Igrexa Católica.[1]
En setembro dese ano foi expulsado da China polo réxime comunista acusado de "actividades de espionaxe". Foi nomeado nuncio para Irlanda o 19 de febreiro de 1959, e para España o 28 de abril de 1962. Entre 1962 e 1965, participou no Concilio Vaticano Segundo.
Foi creado Cardeal-Presbítero de S. Girolamo della Carità polo papa Paulo VI no consistorio do 26 de xuño de 1967, mais finou poucos meses despois en Roma, con 70 anos de idade. Está enterrado no panteón familiar en Limone Piemonte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.