bispo que non ten a cargo diocese ningunha From Wikipedia, the free encyclopedia
Bispo titular, bispo de anel ou bispo sen bispado, na Igrexa católica, é o bispo ao que lle foi outorgada a responsabilidade dunha sé titular, normalmente unha diocese histórica que hoxe existe apenas como título honorífico.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A designación destas titularidades recóllese en dúas publicacións que edita anualmente o Vaticano: o Annuario Pontificio e a Acta Apostolicae Sedis ‒ Commentarium Officiale.
Existiron dioceses galegas que foron abandonadas, integradas ou desprazadas ao longo da historia. Iria Flavia foi trasladada o 5 de decembro de 1095 a Santiago de Compostela, Bretroña desapareceu en 716 e a diocese de Dumio foi integrada no bispado de Mondoñedo no ano 1114. As tres contan con bispos de anel na actualidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.