relixioso español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Osoro Sierra, nado en Castañeda o 16 de maio de 1945, é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Madrid dende 2014.
Carlos Osoro Sierra naceu o 16 de maio de 1945 en Castañeda, concello da provincia de Santander (hoxe Cantabria). Logo de estudar Maxisterio na Escola Normal e de exercer de mestre por un ano, entrou no seminario para vocacións adultas en Salamanca, e licenciuse en Filosofía e Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. O 29 de xullo de 1973 foi ordenado sacerdote da diocese de Santander polo seu bispo, Juan Antonio del Val Gallo.
O 27 de decembro de 1996 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Ourense. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de febreiro de 1997, de mans do nuncio Lajos Kada, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela, Julián Barrio, e ao bispo de Tui-Vigo, Xosé Diéguez Reboredo.
O 7 de xaneiro de 2002, Xoán Paulo II trasladouno á arquidiocese metropolitana de Oviedo.
O 8 de xaneiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Valencia.
O 28 de agosto de 2014 o papa Francisco trasladouno á arquidiocese metropolitana de Madrid.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xosé Diéguez Reboredo |
Bispo de Ourense 1996 - 2002 |
Sucesor: Luís Quinteiro Fiúza |
Predecesor: Gabino Díaz Merchán |
Arcebispo Metropolitano de Oviedo 2002 - 2009 |
Sucesor: Jesús Sanz Montes |
Predecesor: Agustín García-Gasco y Vicente |
Arcebispo Metropolitano de Valencia 2009 - 2014 |
Sucesor: Antonio Cañizares Llovera |
Predecesor: Antonio María Rouco Varela |
Arcebispo Metropolitano de Madrid 2014 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.