Bispo da diocese de Tui-Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Quinteiro Fiúza, nado en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947, é un relixioso católico galego, dende o ano 2010 bispo da diocese de Tui-Vigo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1947 (77 anos) Vila de Cruces, España |
Bispo de Tui-Vigo | |
28 de xaneiro de 2010 – 25 de maio de 2024 ← Xosé Diéguez Reboredo – Antonio José Valín Valdés → Diocese: Diocese de Tui-Vigo | |
Bispo de Ourense | |
3 de agosto de 2002 – 28 de xaneiro de 2010 ← Carlos Osoro Sierra – Leonardo Lemos Montanet → Diocese: diocese de Ourense | |
Titular bishop of Fuerteventura (en) | |
23 de abril de 1999 – 3 de agosto de 2002 ← George V. Murry (pt) – Prudencio Padilla Andaya, Jr. (en) → Diocese: Fuerteventura titular see (en) | |
Bispo auxiliar de Santiago de Compostela | |
23 de abril de 1999 – 3 de agosto de 2002 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1999–), sacerdote católico (1971–) |
Consagración | Julián Barrio |
Luís Quinteiro Fiúza naceu en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947.
Realizou os seus estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, a Universidade Pontificia de Comillas, a Universidade Pontificia Gregoriana de Roma e o Instituto de Teoloxía de Múnic. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía, e doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma.
Foi formador do seminario menor de Santiago, coadxutor da parroquia de San Xoán Apóstolo de Santiago, capelán das Rvdas. Relixiosas Calasancias de Santiago e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.
Ocupou os cargos de director do Burgo das Nacións (da USC), director do Instituto Teolóxico Compostelán, reitor do seminario maior de Santiago de Compostela, deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, vigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela e bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002).
Foi nomeado bispo da diocese de Ourense o 22 de setembro de 2002, e bispo da diocese de Tui-Vigo o 28 de xaneiro de 2010.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.