prelatura persoal da Igrexa Católica From Wikipedia, the free encyclopedia
A Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei (máis coñecida como Opus Dei), é unha prelatura persoal da Igrexa católica, fundada o 2 de outubro de 1928 por San Xosemaría Escrivá de Balaguer, sacerdote español canonizado en 2002. O termo latino Opus Dei significa "obra de Deus".
Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei | |
---|---|
Selo do Opus Dei | |
Prelatura persoal da Igrexa católica | |
Historia | |
Fundación | 1928 |
Fundador | San Xosemaría Escrivá |
Aprobación | 1941 (Diocese de Madrid), 1950 (Santa Sé) |
Goberno e estrutura | |
Prelado | Fernando Ocáriz |
Membros | arredor de 90.000 |
Outros datos | |
Sede central | Roma |
Páxina web | www.opusdei.org |
A prelatura persoal está gobernada por un prelado, Fernando Ocáriz, e composta polos sacerdotes que forman o clero propio da prelatura e, na súa maioría, por fieis laicos.[1]
O Opus Dei, fundado en 1928, foi aprobado por primeira vez en 1941 polo bispo de Madrid-Alcalá (España). Anos despois, en 1950, a Santa Sé aprobouno como Instituto Secular, rexéndose polos seus propios estatutos. Tras solicitalo, foi erixida como prelatura persoal en 1982 polo Papa Xoán Paulo II, sendo a única existente na actualidade. A prelatura depende da Congregación para os Bispos.
A misión institucional do Opus Dei é difundir a ensinanza católica de que todas as persoas están chamadas a facerse santos, e que a vida ordinaria é un camiño cara á santidade.[2]
Segundo o Anuario Pontificio de 2010, o Opus Dei contaba ese ano con 1.996 sacerdotes no mundo e 85.568 laicos, que suman un total de 87.564 membros.[3] O 55 % dos membros do Opus Dei son mulleres e cerca do 90 % viven en Europa e América Latina.[4]
O patrimonio da prelatura está estimado nun mínimo de 2.800 millóns de dólares, segundo un estudo de John Allen.[5]
O Opus Dei recibiu recoñecemento e apoio dos Papas, de diversas autoridades católicas e doutras personalidades.
En contraste, sobre todo en Europa e América Latina, o Opus Dei tamén foi fortemente criticado, sendo acusado principalmente de proselitismo agresivo, sectarismo e difusión de actitudes e vencellos con grupúsculos ultradereistas.[6]
Coa constitución apostólica Ut Sit do papa Xoán Paulo II de 1982, o Opus Dei foi estabelecido como prelatura persoal, unha estrutura novidosa da Igrexa católica similar a unha diocese, ao ter como membros laicos e clero secular ao cargo dun bispo. Porén, mentres un bispo estende a súa autoridade sobre un territorio (unha diocese), o prelado é pastor de todos os membros da prelatura no mundo, sen importar en que diocese residan. Ademais de ser gobernado pola constitución Ut Sit e polas leis xerais da Igrexa, o Opus Dei é gobernado tamén segundo os seus propios estatutos, que estabelecen os obxectivos e traballos da prelatura. A prelatura depende da Congregación para os Bispos.[7][8]
O Opus Dei é unha prelatura persoal da Igrexa católica, formada por presbíteros, diáconos e laicos fronte dos cales está o Prelado. A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, é unha asociación sacerdotal intrinsecamente unida á prelatura persoal á que poden pertencer sacerdotes diocesáns. Cando se di que alguén pertence ao Opus Dei, quere dicir que se atopa nalgunha destas categorías: sacerdotes da prelatura, laicos que se adican ós labores apostólicos e sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz.
Á súa vez, dentro de cada grupo existen varios subgrupos:
Por último, ambas as institucións (a Prelatura e a Sociedade Sacerdotal) admiten Cooperadores [9] (de calquera tipo a primeira, só sacerdotes diocesáns a segunda), que sen pertencer a elas prestan axuda de xeito estable, coas súas esmolas, oracións ou traballo.
Representan menos do 2% do total dos seus membros, o que dá ó Opus Dei unha natureza fundamentalmente laica dentro da Igrexa católica. Proceden dos numerarios e agregados laicos do Opus Dei. Principalmente, atenden os membros laicos e traballan nos labores apostólicos. Os principais cargos de goberno na prelatura (Prelado, Vicarios Rexionais e Vicarios Delegados) adoitan estar ocupados por membros desta categoría.
Os sacerdotes que forman o clero da prelatura foron chamados polo prelado para facerse sacerdotes e, libremente, aceptaron esta chamada. Realizan os seus estudos sacerdotais nos centros ou seminarios do Opus Dei, e o Opus Dei responsabilízase do seu sustento.
Os sacerdotes numerarios e agregados viven como os laicos numerarios e agregados, respectivamente: os sacerdotes numerarios en centros da prelatura, e os sacerdotes agregados coa súa familia, en residencias, sós etc. Varios sacerdotes numerarios foron ordenados bispos polo Papa.
Supoñen a inmensa maioría dos membros da Obra (máis do 98%). Existen varios tipos de membros laicos na Prelatura do Opus Dei:
Son os máis numerosos, representan actualmente preto do 70 % do total dos membros.[10] Os supernumerarios non teñen compromiso de celibato (é dicir, poden casar e ter fillos), viven e traballan onde consideran oportuno, e buscan a santificación na súa vida diaria. Ademais de teren un "plan de vida" espiritual con diversos medios de formación e prácticas de piedade. Debido á súa profesión e obrigacións familiares, os supernumerarios non posúen tanta dispoñibilidade coma os numerarios ou agregados, pero acostuman colaborar economicamente co Opus Dei ou ofrecer algún tipo de apoio segundo as circunstancias llelo permitan. Non ocupan cargos directivos.
Aínda que adoito se fale só en masculino, en todos os grupos, agás no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias... Ambas as seccións (masculina e feminina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicos).
Son membros con compromiso de celibato que -a diferenza dos numerarios- viven coas súas familias onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos directivos na Obra.
Comprenden aproximadamente o 20% dos membros.[10] Os numerarios e numerarias son membros con compromiso de celibato que, polo xeral, viven nun centro do Opus Dei. Poden, en principio, exercer unha profesión civil, pero deben estar dispostos a renunciar ó seu exercicio se a Prelatura llelo solicita para teren outra función dentro da Obra.
Son os primeiros responsables da formación dos demais membros do Opus Dei, e adoitan desempeñar os cargos directivos. Numerarios e numerarias (non así as numerarias auxiliares) reciben unha formación filosófica e teolóxica que, ao longo da súa vida é comparable coa recibida nun seminario.
Son numerarias que adican a súa vida exclusivamente ao traballo doméstico (limpeza, cociña, coidado da roupa, xestión etc.) dos centros. Viven nos centros do Opus Dei e polo xeral non exercen ningunha profesión externa. Non teñen cargos directivos.
Nos estatutos do Opus Dei dise sobre as numerarias auxiliares:
A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos (sacerdotes), intrinsecamente unida á prelatura persoal do Opus Dei. A ela pertencen presbíteros e diáconos diocesanos que así o desexen, e os sacerdotes (numerarios ou agregados) que forman o clero da prelatura. O prelado do Opus Dei, é o presidente da Sociedade.
Os cooperadores do Opus Dei non son membros da prelatura, pero colaboran de distintos xeitos con ela (oracións, caridade, traballo). Para ser Cooperador non é necesario ser cristián senón, tan só, ter desexos de colaborar coas actividades e/ou fins do Opus Dei
Os cooperadores poden participar das actividades educativas e de formación do Opus Dei. Así mesmo, comunidades relixiosas poden ser cooperadores da Prelatura. Actualmente existen centos destas comunidades que cooperan mediante as súas oracións polo Opus Dei e o seu apostolado.