From Wikipedia, the free encyclopedia
O Helsingin Jalkapalloklubi ou HJK é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Finlandia. De acordo coa cantidade de campionatos de Finlandia acadados, trátase do equipo máis exitoso do país nórdico. Dende 1964 xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga, da cal en 2021 se proclamou campión por 31ª vez na súa historia e por segundo ano consecutivo. É o único equipo finlandés que xogou a fase de grupos da Liga de Campións ou da Europa League. Disputa os seus partidos como local no Bolt Arena, un estadio con capacidade para 10 770 persoas situado no distrito de Taka-Töölö, na área de Töölö. Anteriormente o HJK xogou no Töölön pallokenttä e no Estadio Olímpico de Helsinqui.
HJK | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Helsingin Jalkapalloklubi | |||
Alcume(s) | Klubi (en galego O club) | |||
Fundación | 19 de xuño de 1907 (117 anos) | |||
Estadio | Bolt Arena, Helsinqui, Finlandia | |||
Inauguración | 2000 | |||
Capacidade | 10 770 | |||
Presidente | Olli-Pekka Lyytikäinen | |||
Adestrador | Toni Koskela | |||
Liga | Veikkausliiga | |||
2024 | 3.° | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | apu | |||
Na rede | ||||
https://www.hjk.fi | ||||
| ||||
Franz Fredrik Wathén tivo a idea de crear o club, fundado oficialmente en 1907, e gañou o seu primeiro campionato finlandés en 1911. Inicialmente o club adicouse á práctica do fútbol, mais posteriormente creáronse as seccións de bandy e hóckey sobre xeo, nas que o club se proclamou campión de Finlandia nas décadas de 1920 e 1930. Ademais no HJK practicouse tamén os birlos, a patinaxe artística sobre xeo e o balonmán. Dende o ano 1976 o club centrouse na práctica do fútbol.
O HJK ten tamén un equipo reserva, o Klubi 04, que xoga na Ykkönen, a segunda categoría do fútbol finlandés. O equipo naceu en 2004, cando o club comprou o equipo de fútbol de Jokerit. O equipo feminino é tamén o equipo finlandés máis exitoso en termo de títulos.
Logo de que o fútbol chegase a Finlandia xurdiu a idea de crear un club de fútbol na capital finlandesa. A principios de 1907 Franz Fredrik Wathén presentou a súa idea en público, e en maio dese mesmo ano tomouse a decisión de crear o Helsingin Potkupalloklubi ou Helsingfors Sparkbollsklubb. En xuño a reunión oficial de creación do club tivo lugar en Kaisaniemi e nomeouse ao novo club Helsingin Jalkapalloklubi ou Helsingfors Fotbollsklubb.[1] O primeiro partido de fútbol do HJK xogouse ese mesmo ano en Tammisaari fronte ao equipo da fábrica local.[2] O HJK fora un club bilingüe, mais no ano 1908 escolleuse o finés como lingua oficial. Un ano despois o programa deportivo do club incluíu o bandy.[3] O primeiro campionato finlandés do HJK chegou no ano 1911, cando derrotou o Åbo IFK por un marcador de 7–1. Ademais en 1912 celebrou o seu segundo campionato finlandés consecutivo, cando o seu rival local, o HIFK caeu por 7–1. Ao final da década o HJK gañou tres campionatos consecutivos entre 1917 e 1919. En 1917 o equipo gañou na final ao ÅIFK por 4–2 e nos dous anos seguintes ao Viipurin Reipas, o primeiro ano 1918 por 3–0 e o ano seguinte por 1–0.[4] Noutras seccións o club conseguiu o seu primeiro campionato finlandés de bandy. O HJK gañou a final do Campionato Finlandés de bandy de 1921 ao Vipurin Sudet.[5] En 1924 incluíronse os birlos ao programa do club, mais estes foron abandonados axiña[6] A seguinte vez que se expandiron as seccións do club foi en 1928, cando o HJK comezou coa práctica do hóckey sobre xeo. O ano seguinte o club celebrou o campionato da nova sección.[7]
En fútbol comezou a tempada de liga en 1930, mais HJK participou por primeira vez na nova Mestaruussarja foi en 1931. En 1936 e 1938 o club gañou a liga.[8] No hóckey sobre xeo o HJK gañou dous campionatos nacionais na década de 1930.[9] Logo da guerra o HJK incluíu o balonmán entre as súas seccións, e os birlos regresaron ás actividades do club. Anteriormente o club considerara incluír o baloncesto no seu programa, mais a idea foi desbotada. No balonmán o club foi subcampión finlandés no ano 1944.[10] As actividades femininas comezaron a realizarse no HJK no ano 1946, cando comezou tamén o balonmán feminino.[11] O período sen medallas no fútbol finalizou en 1954, cando o equipo gañou o bronce.[8] As operacións do club víronse obstaculizadas a causa dos problemas económicos, e non lle foi posible investir nas seccións como os clubs especializados.[12]
En 1960 elixiuse como presidente o propietario do xornal Apu Olli Lyytikäinen, que axudou o club tanto de xeito financeiro como ofrecéndolles traballo aos xogadores.[13] As actividades do club comezaron a reducirse e en 1963 suprimiuse a sección de bandy.[14] No fútbol, o HJK volveu proclamarse campión finlandés baixo a dirección no banco de Aulis Rytkönen en 1964.[15] Como campión finlandés o club clasificouse por primeira vez para disputar a Copa de Europa na tempada 1965–66.[16] Con todo, o HJK perdeu os seus dous partidos da primeira rolda fronte o Manchester United F.C. por 2-3 e 0-6.[17] En 1966 o club gañou por primeira vez a Suomen Cup.[16] Mentres tanto no hóckey sobre xeo o HJK descendera da máxima categoría, mais regresou logo de que o club realizase un grande investimento económico. O equipo de hóckey sobre xeo procurou o ouro, mais o seu mellor resultado foi a prata conseguida na tempada 1971–72 da SM-sarja.[18] A sección de hóckey sobre xeo tivo problemas e económicos e finalmente decidiu fusionarse co equipo dos Karhu-Kissat para formar o Helsingin Jääkiekkoklubi.[19] A sección de patinaxe artística sobre xeo tamén cesou a súa actividade en 1972, deixando o club tan só coas seccións de balonmán e fútbol.[18][20] En 1971 o fútbol feminino comezou a desenvolverse no HJK, gañando axiña o seu primeiro campionato finlandés ese mesmo ano.[21] Paavo Einiö converteuse no financiador do equipo masculino, que volveu proclamarse campión na tempada 1973.[22] En 1976 o HJK converteuse nun club centrado exclusivamente no fútbol logo de que cesase a súa actividade no balonmán.[23]
Na tempada 1981 chegou a primeira dupla do equipo cando gañou a copa e a liga.[24] Nos anos 1985, 1987 e 1988, o equipo adestrado por Jyrki Heliskoskii gañou de novo a liga.[25] Na primeira tempada da Veikkausliiga o HJK gañou de novo o campionato logo dunha tempada en branco, mais as actividades do club víronse obstaculizadas pola recesión da década de 1990. A principios do ano 1991, logo dun programa de reestruturación e unha reforma organizativa, constituíuse HJK-Klubi Oy, que se empregou para atraer investidores. Na tempada 1992 o HJK gañou o título de liga, mais o club continuaba a sufrir problemas financeiros, polo que se chegou a considerar a quebra.[26][27] Os anos seguintes as graves preocupacións financeiras disipáronse e pechouse HJK-Klubi Oy.[28] Na tempada 1996 o HJK despediu o seu adestrador por primeira vez cando Tommy Lindholm foi despedido por un mal inicio na liga. O equipo clasificouse para xogar a promoción, onde finalmente gañou cun global de 2–1 ao Hangö IK.[29] Debido á mala tempada a maior parte dos xogadores do equipo mudaron e o HJK volveu proclamarse campión de liga.[30] O club clasificouse para as eliminatorias da Liga de Campións, onde derrotou primeiro o FC Jerevan armenio e logo o FC Metz francés. Deste xeito o HJK converteuse no primeiro equipo finlandés en disputar a fase de grupos da Liga de Campións.[31] O equipo finalizou na derradeira posición do seu grupo, mais conseguiu derrotar o Benfica.[32]
HJK mudouse ao Finnair Stadium durante a tempada 2000 e conseguiu o título de copa.[33] O primeiro campionato de liga da década do equipo chegou en 2002. Tamén no ano 2003 o HJK gañou o campionato finlandés, ademais do título de copa. No inverno de 2004 o club mercou o equipo de fútbol FC Jokerit e converteuno no seu equipo filial, que se chamou Klubi 04. En 2007 o HJK celebrou o seu centenario, mais só puido finalizar sétimo a liga. Ao final da tempada o equipo foi dirixido por Antti Muurinen. O título de liga regresou ás vitrinas do HJK na tempada 2009. Tamén o ano seguinte o equipo gañou a Veikkausliiga, e ademais chegou á rolda de play-off da UEFA Europa League.[34][35] O HJK gañou o seu terceiro campionato consecutivo en 2011 e o cuarto chegou en 2012, o que marcou un récord finlandés en canto a número de campionatos de fútbol gañados de xeito consecutivo.[8] Na tempada 2013 o equipo gañou o seu quinto campionato finlandés de xeito consecutivo.[36].
Na tempada 2014-15 o HJK converteuse no primeiro equipo finlandés en acceder á fase de grupos da Europa League logo de vencer na derradeira eliminatoria ao Rapid Wien.[37] Ademais o club gañou a súa sexta liga consecutiva.[38] A serie de vitorias na liga finalizou na tempada 2015, cando o Seinäjoen Jalkapallokerho coroouse campión e o HJK gañou o bronce. O HJK volveu ser campión na tempada 2017, cando gañou tamén a Suomen Cup, e na tempada 2018 gañou o segundo título de liga consecutivo. En 2020 o club capitalino proclamouse campión de liga por 30ª vez logo de que o KuPS se fixese co título en 2019. Ese mesmo ano o HJK proclamouse tamén campión de copa.[39][40] O HJK revalidou o título na tempada 2021,[41] no que foi o seu 30º campionato de liga, e o primeiro de tres títulos consecutivos co campionato finlandés. Na tempada 2022, o HJK cedeu a algunhas das súas novas adquisicións como Conor Hazard, Nassim Boujellab, Bojan Radulović e Malik Abubakari, e conseguiu o seu 11º título en 15 anos.[42] En 2023 o HJK conseguiu un novo campionato de liga.[43]
1907–1908
|
1909–1972, 1986–
|
1977
|
1982
|
1985
|
Joitakin HJK:n kotipeliasuja vuosien varrelta.[44][45][46] |
Dende a fundación do club a cor escollida para o uniforme foi o branco. Esta cor foi empregada ata 1909, cando as cores da camisola mudaron ás raias brancas e azuis.[47] As cores foron un compromiso coa movemento Fennoman.[47] Ao longo dos anos o HJK empregou diversos uniformes como local, mais as cores seguen sendo as mesmas. Desde 1986 o equipamento é de novo a raias azuis e brancas.[46]
O escudo do HJK data de 1913 e deseñouno por Osmo Korvenkontio.[48] No ano do seu centenario o equipo empregou un escudo especial no que había dúas estrelas sobre o escudo oficial sinalando os 20 campionatos do club e substituíndo o ano por "1907–2007".[49] Xunto co escudo tradicional o HJK empregou a mediados da década de 1990 un escudo distinto no que se podía ver un balón de fútbol con chamas sobre o texto HJK.[50]
Actualmente o HJK disputa os seus partidos como local no Bolt Arena ou Töölön jalkapallostadion (en galego Estadio de Fútbol de Töölö), no que ten xogado dende o ano 2000.[27] O estadio foi construído por Hjallis Harkimo e HJK era copropietario da empresa que administraba o mesmo.[51]
A construción do Bolt Arena finalizou no ano 2000, cando os dereitos do nome do estadio vendéronse a Finnair. Por este motivo o estadio foi coñecido ata 2010 polo nome de Finnair Stadium.[52] No ano 2010 os dereitos do nome expiraron e TeliaSonera adquiriunos ata o ano 2013. Inicialmente o nome era Sonera Stadium[53] e dende 2017 ata principios de 2020 Telia 5G Areena. Actualmente o HJK posúe o estadio por completo.[54] A principios de 2020 o nome do estadio volveu mudar cando o HJK chegou a un acordo coa empresa Bolt.Works, pasando a coñecerse polo seu nome actual.[55]
A superficie do estadio era orixinalmente de herba natural, mais na primavera de 2003 substituíuse por céspede artificial.[56] A utilización do céspede artificial xustifícase pola idoneidade para o seu uso durante todo o ano.[57] O céspede artificial encontrou oposición, mais ao mesmo tempo as horas de uso do estadio incrementáronse.[58][59]
O primeiro estadio do HJK foi o Töölön pallokenttä, finalizado en 1915.[60] O segundo estadio empregado con frecuencia como terreo de xogo foi o Estadio Olímpico. Durante a Veiikkausliiga o HJK xogou no Töölön pallokenttä entre 1992 e 1994 e en 1997 e 1998, mentres que no Estadio Olímpico nos períodos 1990-1991, 1995-1996, e en 1999.[27] Os maiores datos de asistencia do HJK tiveron lugar precisamente no Estadio Olímpico. O récord de asistencia a un partido da máxima categoría do fútbol finlandés foi rexistrado no partido que os locais xogaron fronte a MyPa en 1996 e ao que asistiron 23 382 persoas,[61] e na Liga de Campións o partido HJK-PSV Eindhoven reuniu a 34 146 persoas.[62]
Estadios do HJK[63]
O Helsingin Jalkapalloklubi ten a afección máis activa,[64] e é o equipo máis seguido en Finlandia. Dos 15 partidos máis vistos da máxima categoría do fútbol finlandés, 12 teñen sido partidos como local do HJK.[65] De acordo cun estudo realizado polo xornal Helsingin Sanomat en 2012, o HJK é o equipo de fútbol finlandés máis exitoso e popular. Foi apoiado por unha de cada catro persoas que declararon o seu equipo favorito; en Uusimaa a porcentaxe non foi inferior ao 59 %.[66]
O HJK representa á poboación burguesa de fala finesa de Helsinqui, a pesar disto o club mantivo a súa tradición de estar aberto a toda a cidadanía, sen importar a lingua, raza ou status social.[67] Foi amplamente apoiado, por exemplo, entre o estudantado do Helsingin normaalilyseo e o Ressun lukio, ademais do alumnado de lingua finesa, o HJK foi popular entre, por exemplo, os comerciantes.[68][69] O núcleo da afección do equipo procedía do centro da cidade, mais ao longo das décadas o club tamén caracteristicamente nun club de Töölö, onde desenvolve principalmente a súa actividade.[70][71] A pesar de que o HJK foi visto durante moito tempo como un equipo burgués de Töölö, esta percepción desapareceu. Na actualidade as persoas que apoian o equipo proceden de distintas clases sociais e mesmo o foco en Töölö diminuíu. Isto debeuse en parte á desaparición doutros clubs de Helsinqui cunha forte identidade na liga principal, así como á poboación mesturada pola inmigración, ademais o HJK comezou a principios da década de 1960 e 1970 a crear equipos xuvenís nos suburbios.[72] Por exemplo durante os partidos da fase de grupos da Liga de Campións o HJK converteuse no representante de case toda Finlandia.[73] Por outra banda, o Helsingin Jalkapalloklubi é un club moi odiado tanto en Helsinqui como no resto de Finlandia.[74]
O HJK ten organizado á afección dende a década de 1930 e esta ten organizado viaxes e noites de club. Con todo, a actividade decaeu logo das guerras debido en boa parte á delicada situación económica xeral.[75] A primeira peña oficial do HJK fundouse en 1984 baixo o nome Tölikän Raiku,[76] mais a sáa actividade con todo reduciuse. As actividades da afección organizáronse de novo en 1999, cando se fundou Forza HJK inspirada pola Liga de Campións. É unha das asociacións de fans en funcionamento máis antigas de Finlandia. O número de persoas que integran Forza creceu constantemente e chegou ao seu máximo en 2003, cando estaba integrada por unhas 300 persoas. Forza HJK dividiuse en 2006, debido a conflitos internos que resultaron no nacemento de Sakilaiset. A principios de 2011 Forza tiña 175 integrantes, mentres que Sakilaiset contaba cuns 30. Entre as peñas, Forza HJK ten un carácter máis familiar e amigable, mentres que as actividades de Sakilaisten son máis anáquicas e salvaxes. Actualmente, a pouco organizada Klubipääty actúa como agrupación paraugas para todas as persoas que seguen o equipo, esta peña anima dende o extremo sur do Bolt Arena.[64]
"Hoo-Jii-Koo", escrita por Vexi Salmen e baseada na canción "Blue Is the Colour" dos ingleses Daniel Boone e Rod McQueen, converteuse na melodía característica do club. A versión orixinal inglesa é unha coñecida canción de apoio ao Chelsea FC. O equipo representativo de HJK cantouna e gravouna antes da tempada 1973.[77][78]
Rexistros de asistencia aos partidos de fútbol e hóckey sobre xeo de HJK dende a década de 1950:[79][80]
Fútbol | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Década | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | |||
1950 | Div1 | Div1 | Div1 | 2669 | 2818 | 2440 | 2259 | 2210 | 1834 | ||||
1960 | 1260 | 2302 | 2323 | Div1 | 3952 | 7381 | 7150 | 7197 | 6271 | 8058 | |||
1970 | 5177 | 3188 | 2560 | 3781 | 3481 | 3489 | 2886 | 2438 | 2757 | 3889 | |||
1980 | 2930 | 3058 | 3001 | 3243 | 5049 | 6789 | 6770 | 5106 | 4033 | 5034 | |||
1990 | 4673 | 3493 | 3250 | 3572 | 3224 | 3418 | 4159 | 3112 | 3460 | 2919 | |||
2000 | 3976 | 3818 | 2672 | 3646 | 3594 | 4683 | 5580 | 4848 | 4516 | 3661 | |||
2010 | 3544 | 3610 | 3757 | 5097 | 4017 | 5281 | 5101 | 4779 | 3779 | 5007 | |||
2020 | 2117 | - | 4002 | 5631 |
Hóckey sobre xeo | |||
---|---|---|---|
Tempada | Media | Tempada | media |
1957-58 | 731 | 1965-66 | 1799 |
1958-59 | 1045 | 1966-67 | 2812 |
1959-60 | 954 | 1967-68 | 556 |
1960-61 | 1675 | 1968-69 | 319 |
1961-62 | 2015 | 1969-70 | 377 |
1962-63 | 1479 | 1970-71 | 4448 |
1963-64 | 1687 | 1971-72 | 5500 |
1964-65 | 1554 | 1972-73* | 3652 |
En cursiva na segunda categoría
Ao longo da súa historia, o HJK tivo varios competidores significativos. A principios do século XX os principais rivais eran outros equipos da máxima categoría tamén da cidade de Helsinqui, HIFK, HPS e Kiffen, cos que o HJK, con poucas excepcións, compartiu os campionatos antes da primeira guerra mundial.[44] A situación viuse reforzada pola ás veces feroz competencia dos xogadores.[81] Especialmente na década de 1960 houbo unha rivalidade feroz para polo espazo vital, cando na máxima categoría do fútbol finlandés rogaban cinco equipos da capital. Finalmente só o HJK permaneceu na máxima categoría logo de que os outros competidores foran descendendo a categorías inferiores ou deseaparecendo.[82][83]
Fóra de Helsinqui o rival máis importante do HJK é o FC Haka de Valkeakoski. Ambos clubs son dous dos máis exitosos do fútbol finlandés.[84] e os partidos disputados entre ambos son considerados clásicos, xa que frecuentemente ambos loitan polos postos altos da táboa na liga.[85][86][87] Por exemplo, na tempada 1999 o campión de liga decidiuse a favor do Haka no derradeiro partido de liga disputado en Valkeakoski, cando lograron derrotar a HJK, que se encontraba por diante na clasificación cun punto de vantaxe, por 1–0.[88] Os partidos entre ambos teñen contado con grandes audiencias e catro dos once partidos con maiores audiencias da máxima categoría do fútbol finlandés corresponden precisamente a partidos entre HJK e Haka.[65]
Nas décadas de 1990 e 2000 os máximos rivais do HJK, amais do Haka, foron outros equipos da rexión da capital.[83] En particular o FC Jokerit, que xogou no mesmo estadio, ascendeu axiña á máxima categoría coas importantes achegas de Harry Harkimo, e foi un importante rival durante a súa curta historia. Jokerit adquiriu a xogadores como Shefki Kuqi, entre outros, procedentes do HJK e elevouse para desafiar a supremacía do HJK na capital.[89] Logo de ascender á Veikkausliga, o FC Honka de Espoo converteuse no rival local máis importante dende a tempada 2006.[90] Os mellores rexistros de audiencia no estadio actual do HJK teñen sido precisamente fronte a Jokerit e Honka. Os partidos fronte a ambos os equipos teñen reunido máis de 10 000 persoas nas bancadas.[91][92] Amais de Jokerit e Honka, outros rivais locais foron Finnairin Palloilijat, Atlantis FC e AC Allianssi.[93] Na década de 2010 o HJK ten xogado o ”Stadin derby” fronte a HIFK.[94]
Tempada[8][95] | Categoría | P | V | E | D | GF/GC | Pts | Posición | Copa[96][97] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1908 | Copa | semifinais | |||||||
1909 | Copa | semifinais | |||||||
1910 | Copa | semifinais | |||||||
1911 | Copa | campión | |||||||
1912 | Copa | campión | |||||||
1913 | Cup | semifinais | |||||||
1914 | non disputada a causa da primeira guerra mundial | ||||||||
1915 | Copa | cualificación | |||||||
1916 | Copa | cuartos de final | |||||||
1917 | Copa | campión | |||||||
1918 | Copa | campión | |||||||
1919 | Copa | campión | |||||||
1920 | Copa | cuartos de final | |||||||
1921 | Copa | prata | |||||||
1922 | Copa | semifinais | |||||||
1923 | Copa | campión | |||||||
1924 | Copa | cualificación | |||||||
1925 | Copa | campión | |||||||
1926 | Copa | semifinais | |||||||
1927 | Copa | cuartos de final | |||||||
1928 | Copa | cuartos de final | |||||||
1929 | Copa | cuartos de final | |||||||
1930 | SM-karsinta (cualificación) | segundo posto | |||||||
1931 | Mestaruussarja | 7 | 0 | 3 | 4 | 12-16 | 3 | 7. (8) | |
1932 | Suomensarja | 5 | 4 | 0 | 1 | 10-4 | 8 | 1. (6) | |
1933 | Mestaruussarja | 14 | 5 | 6 | 3 | 20-14 | 16 | 2. (8) | |
1934 | Mestaruussarja | 14 | 5 | 4 | 5 | 23-18 | 14 | 5. (8) | |
1935 | Mestaruussarja | 14 | 6 | 2 | 6 | 32-26 | 14 | 4. (8) | |
1936 | Mestaruussarja | 14 | 9 | 1 | 4 | 37-21 | 19 | 1. (8) | |
1937 | Mestaruussarja | 14 | 8 | 4 | 2 | 58-24 | 20 | 2. (8) | |
1938 | Mestaruussarja | 14 | 8 | 4 | 2 | 43-24 | 20 | 1. (8) | |
1939 | Mestaruussarja | 13 | 7 | 4 | 2 | 40-18 | 18 | 2. (8) | |
1940 | Non se xogou a Mestaruussarja, semifinalista na SM-cup | ||||||||
1940/41 | Mestaruussarja | 12 | 4 | 2 | 6 | 22-30 | 10 | 5. (8) | |
1942 | Non se xogou a Mestaruussarja, na SM-cup foi eliminado antes das semifinais | ||||||||
1943/44 | Mestaruussarja | 7 | 1 | 2 | 4 | 20-22 | 4 | 7. (8) | |
1945 | Mestaruussarja (SPL) | 5 | 2 | 1 | 2 | 11-13 | 5 | 5. (6) | |
1945/46 | Suomensarja (SPL) | 14 | 11 | 0 | 3 | 60-25 | 22 | 2. (8) | |
1946/47 | Mestaruussarja (SPL) | 14 | 4 | 3 | 7 | 26-41 | 11 | 6. (8) | |
1947/48 | Mestaruussarja (SPL) | 14 | 6 | 2 | 6 | 33-27 | 14 | 5. (8) | |
1948 | Mestaruussarja | 15 | 6 | 6 | 3 | 32-20 | 18 | 4. (16) | |
1949 | Mestaruussarja | 22 | 5 | 4 | 13 | 27-55 | 14 | 10. (12) | |
1950 | Suomensarja | 18 | 13 | 3 | 2 | 56-17 | 29 | 2. (10) | |
1951 | Suomensarja | 18 | 12 | 2 | 4 | 56-20 | 26 | 2. (10) | |
1952 | Suomensarja | 18 | 12 | 3 | 3 | 63-27 | 27 | 1. (10) | |
1953 | Mestaruussarja | 18 | 7 | 3 | 8 | 28-22 | 17 | 6. (10) | |
1954 | Mestaruussarja | 18 | 9 | 4 | 5 | 31-18 | 22 | 3. (10) | |
1955 | Mestaruussarja | 18 | 5 | 5 | 8 | 35-35 | 15 | 8. (10) | |
1956 | Mestaruussarja | 18 | 9 | 3 | 6 | 39-28 | 21 | 2. (10) | |
1957 | Mestaruussarja | 18 | 5 | 8 | 5 | 26-26 | 18 | 6. (10) | |
1958 | Mestaruussarja | 18 | 9 | 2 | 7 | 45-34 | 20 | 5. (10) | |
1959 | Mestaruussarja | 18 | 4 | 5 | 9 | 28-39 | 13 | 8. (10) | |
1960 | Mestaruussarja | 22 | 5 | 8 | 9 | 44-51 | 18 | 9. (12) | |
1961 | Mestaruussarja | 22 | 7 | 7 | 8 | 42-41 | 21 | 6. (12) | |
1962 | Mestaruussarja | 22 | 6 | 4 | 12 | 33-57 | 16 | 11. (12) | |
1963 | Suomensarja | 22 | 20 | 1 | 1 | 127-18 | 41 | 1. (12) | |
1964 | Mestaruussarja | 22 | 14 | 6 | 2 | 42-18 | 34 | 1. (12) | |
1965 | Mestaruussarja | 22 | 12 | 5 | 5 | 50-30 | 29 | 2. (12) | |
1966 | Mestaruussarja | 22 | 10 | 7 | 5 | 46-30 | 27 | 2. (12) | Suomen cup |
1967 | Mestaruussarja | 22 | 11 | 3 | 8 | 59-38 | 25 | 5. (12) | |
1968 | Mestaruussarja | 22 | 11 | 7 | 4 | 51-300 | 29 | 3. (12) | |
1969 | Mestaruussarja | 22 | 11 | 5 | 6 | 50-32 | 27 | 3. (12) | |
1970 | Mestaruussarja | 22 | 9 | 7 | 6 | 37-26 | 25 | 5. (12) | |
1971 | Mestaruussarja | 26 | 10 | 11 | 5 | 46-32 | 31 | 4. (12) | |
1972 | Mestaruussarja | 22 | 10 | 1 | 11 | 24-32 | 21 | 9. (12) | |
1973 | Mestaruussarja | 22 | 14 | 5 | 3 | 36-21 | 33 | 1. (12) | |
1974 | Mestaruussarja | 22 | 12 | 4 | 6 | 43-27 | 28 | 3. (12) | |
1975 | Mestaruussarja | 22 | 8 | 2 | 12 | 29-37 | 18 | 8. (12) | |
1976 | Mestaruussarja | 22 | 12 | 5 | 5 | 40-25 | 29 | 3. (12) | |
1977 | Mestaruussarja | 22 | 9 | 5 | 8 | 27-25 | 23 | 7. (12) | |
1978 | Mestaruussarja | 22 | 13 | 7 | 2 | 52-29 | 33 | 1. (12) | |
1979 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 10 | 7 | 5 | 34-24 | 27 | 3. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 29 | 14 | 7 | 8 | 48.36 | 35 | 3. (8) | ||
1980 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 12 | 6 | 4 | 39-22 | 30 | 3. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 29 | 15 | 9 | 5 | 48-29 | 24 | 3. (8) | ||
1981 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 12 | 4 | 6 | 40-24 | 28 | 2. (12) | Suomen cup |
Mestaruussarja (liga final) | 29 | 17 | 5 | 7 | 57-32 | 25 | 1. (8) | ||
1982 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 11 | 3 | 8 | 53-39 | 25 | 5. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 29 | 15 | 4 | 10 | 62-47 | 22 | 2. (8) | ||
1983 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 10 | 8 | 4 | 42-28 | 28 | 5. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 29 | 15 | 9 | 5 | 61-37 | 25 | 2. (8) | ||
1984 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 10 | 6 | 6 | 49-37 | 26 | 5. (12) | Suomen cup |
1985 | Mestaruussarja (liga final) | 22 | 11 | 6 | 5 | 41-23 | 28 | 2. (12) | |
Mestaruussarja (play-offs) | 4 | 2 | 0 | 2 | 7-5 | 1. | |||
1986 | Mestaruussarja | 22 | 10 | 10 | 2 | 42-23 | 30 | 3. (12) | |
1987 | Mestaruussarja | 22 | 15 | 3 | 4 | 38-14 | 33 | 1. (12) | |
1988 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 16 | 2 | 4 | 44-22 | 34 | 1. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 27 | 20 | 3 | 4 | 43 | 1. (6) | |||
1989 | Mestaruussarja (liga regular) | 22 | 10 | 5 | 6 | 28-20 | 25 | 5. (12) | |
Mestaruussarja (liga final) | 27 | 11 | 7 | 9 | 29 | 5. (6) | |||
1990 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 11 | 6 | 5 | 40-29 | 28 | 3. (12) | |
Veikkausliiga (play-offs) | 7 | 5 | 0 | 2 | 13-7 | 1. | |||
1991 | Veikkausliiga | 33 | 14 | 9 | 10 | 61-44 | 51 | 5. | |
1992 | Veikkausliiga | 33 | 20 | 6 | 7 | 59-35 | 66 | 1. (12) | |
1993 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 12 | 3 | 7 | 27-17 | 39 | 3. (12) | Suomen cup |
Veikkausliiga (liga final) | 29 | 15 | 4 | 10 | 34-26 | 49 | 3. (8) | ||
1994 | Veikkausliiga | 26 | 12 | 7 | 7 | 40-29 | 43 | 3. (14) | Liigacup |
1995 | Veikkausliiga | 26 | 14 | 10 | 2 | 44-18 | 52 | 3. (14) | |
1996 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 8 | 4 | 10 | 26-30 | 28 | 8. (12) | Suomen cup, Liigacup |
Veikkausliiga (liga de permanencia) | 27 | 11 | 5 | 11 | 36-37 | 38 | 3. (6) | ||
1997 | Veikkausliiga | 27 | 18 | 4 | 5 | 53-18 | 58 | 1. | Liigacup |
1998 | Veikkausliiga | 27 | 9 | 11 | 7 | 33-31 | 38 | 4. (10) | Suomen cup, Liigacup |
1999 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 14 | 5 | 3 | 43-14 | 47 | 2. (12) | |
Veikkausliiga (liga final) | 29 | 20 | 5 | 4 | 53-18 | 65 | 2. (8) | ||
2000 | Veikkausliiga | 33 | 16 | 9 | 8 | 51-33 | 57 | 4. (12) | Suomen cup |
2001 | Veikkausliiga | 33 | 19 | 10 | 4 | 64-19 | 67 | 2. (12) | |
2002 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 15 | 3 | 4 | 36-16 | 48 | 1. (12) | |
Veikkausliiga (liga final) | 29 | 20 | 5 | 4 | 65 | 1. (8) | |||
2003 | Veikkausliiga | 26 | 17 | 6 | 3 | 51-15 | 57 | 1. (14) | Suomen cup |
2004 | Veikkausliiga | 26 | 9 | 12 | 5 | 42-31 | 39 | 6. (14) | |
2005 | Veikkausliiga | 26 | 15 | 7 | 4 | 43-26 | 52 | 2. (14) | |
2006 | Veikkausliiga | 24 | 13 | 6 | 5 | 45-18 | 45 | 2. (14) | Suomen cup |
2007 | Veikkausliiga | 26 | 7 | 13 | 6 | 31-25 | 34 | 7. (14) | |
2008 | Veikkausliiga | 26 | 14 | 5 | 7 | 47-29 | 47 | 4. (14) | Suomen cup |
2009 | Veikkausliiga | 26 | 14 | 10 | 2 | 45-21 | 52 | 1. (14) | |
2010 | Veikkausliiga | 26 | 15 | 7 | 4 | 43-19 | 52 | 1. (14) | |
2011 | Veikkausliiga | 33 | 26 | 3 | 4 | 86-23 | 81 | 1. (12) | Suomen cup |
2012 | Veikkausliiga | 33 | 19 | 7 | 7 | 63-33 | 64 | 1. (12) | |
2013 | Veikkausliiga | 33 | 22 | 7 | 4 | 78-25 | 73 | 1. (12) | |
2014 | Veikkausliiga | 33 | 20 | 9 | 4 | 62-25 | 69 | 1. (12) | Suomen cup |
2015 | Veikkausliiga | 33 | 16 | 10 | 7 | 52-36 | 58 | 3. (12) | |
2016 | Veikkausliiga | 33 | 16 | 10 | 7 | 45-30 | 58 | 2. (12) | |
2017 | Veikkausliiga | 33 | 23 | 7 | 3 | 76-17 | 76 | 1. (12) | Suomen cup |
2018 | Veikkausliiga | 33 | 24 | 6 | 3 | 61-19 | 78 | 1. (12) | |
2019 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 8 | 10 | 4 | 28-22 | 34 | 4. (12) | |
2019 | Veikkausliiga (liga polo campionato) | 27 | 9 | 10 | 8 | 33-29 | 37 | 5. (12) | |
2019 | Veikkausliiga (torneo europeo) | 2 | 1 | 0 | 1 | 4-4 | |||
2020 | Veikkausliiga | 22 | 14 | 6 | 2 | 53-17 | 48 | 1. (12) | Suomen cup |
2021 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 15 | 4 | 3 | 32-12 | 49 | 2. (12) | |
2021 | Veikkausliiga (liga polo campionato) | 27 | 18 | 5 | 4 | 41-19 | 59 | 1. (6) | |
2022 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 15 | 4 | 3 | 34-18 | 49 | 1. (12) | |
2022 | Veikkausliiga (liga polo campionato) | 27 | 18 | 4 | 5 | 41-23 | 58 | 1. (6) | |
2023 | Veikkausliiga (liga regular) | 22 | 12 | 8 | 2 | 39-19 | 44 | 1. (12) | |
2023 | Veikkausliiga (liga polo campionato) | 27 | 15 | 8 | 4 | 50-26 | 53 | 1. (6) |
Selite | |
---|---|
P | Partidos |
V | Vitorias |
E | Empates |
D | Derrotas |
GF/GC | Goles a favor/goles en contra |
Pts | Puntos |
O HJK ten disputado un total de 178 partidos en competicións europeas, cun rexistro de 60 vitorias, 29 empates e 89 derrotas, o rexistro goleador do equipo é igualmente negativo, tendo encaixado 318 goles fronte aos 211 marcados. A competición na que máis partidos disputou o equipo foi a Liga de Campións, cun total de 80 partidos, aínda que tan só nunha ocasión conseguiu chegar á fase de grupos, na tempada 1998-99. A continuación todos os resultados do equipo en competicións europeas oficiais:[98]
Tempada | Competición | Fase[lower-alpha 1] | País | Rival | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1965–1966 | Copa de Europa | Q | Manchester United | 2–3, 0–6 | |
1967–1968 | Recopa de Europa | 1R | Wisla Kraków | 1–4, 0–4 | |
1974–1975 | Copa de Europa | 1R | Valletta FC | 0–1, 4–1 | |
2R | Åtvidabergs FF | 0–3, 0–1 | |||
1975–1976 | Copa da UEFA | Q | Hertha Berlin | 1–4, 1–2 | |
1979–1980 | Copa de Europa | 1R | Ajax Amsterdam | 1–8, 1–8 | |
1982–1983 | Copa de Europa | 1R | Omonia Nicosia | 0–2, 3–0 | |
2R | Liverpool FC | 1–0, 0–5 | |||
1983–1984 | Copa da UEFA | Q | Spartak Moskova | 0–2, 0–5 | |
1984–1985 | Copa da UEFA | Q | FK Dynamo Minsk | 0–4, 0–6 | |
1985–1986 | Recopa de Europa | 1R | KS Flamurtari Vlorë | 3–2, 2–1 | |
2R | Dynamo Dresden | 1–0, 2–7 | |||
1986–1987 | Copa de Europa | 1R | APOEL Nicosia | 0–1, 3–2 | |
1988–1989 | Copa de Europa | 1R | FC Porto | 0–3, 2–0 | |
1989–1990 | Copa de Europa | 1R | AC Milan | 0–4, 0–1 | |
1991–1992 | Copa de Europa | 1R | Kiovan Dynamo | 0–1, 0–3 | |
1993–1994 | Liga de Campións | Q | Norma Tallinn | 1–1, 1–0 | |
1R | RSC Anderlecht | 0–3, 0–3 | |||
1994–1995 | Recopa de Europa | Q | B71 Sandur | 5–0, 2–0 | |
1R | Besiktas JK | 0–2, 1–1 | |||
1995–1996 | Copa Intertoto | Grupo | FC Girondins de Bordeaux | 1–1 | |
Grupo | Bohemians | 3–2 | |||
Grupo | IFK Norrköping | 1–1 | |||
Grupo | OB Odense | 1–2 | |||
1996–1997 | Copa da UEFA | Q | FC Pyunik Jerevan | 1–3, 5–2 | |
2Q | Chernomorets Odesa | 2–2, 0–2 | |||
1997–1998 | Recopa de Europa | Q | Belgradin Punainen Tähti | 1–0, 0–3 | |
1998–1999 | Liga de Campións | 1Q | FC Jerevan | 2–0, 3–0 | |
2Q | FC Metz | 1–0, 1–1 | |||
Grupo | PSV Eindhoven | 1–2, 1–3 | |||
Grupo | 1. FC Kaiserslautern | 0–0, 2–5 | |||
Grupo | SL Benfica | 2–0, 2–2 | |||
1999–2000 | Copa da UEFA | Q | Shirak Gyumri | 2–0, 0–1 | |
2Q | Olympique Lyonnais | 0–1, 1–5 | |||
2000–2001 | Copa da UEFA | Q | CS Grevenmacher | 4–1, 0–2 | |
1R | Celtic FC | 0–2, 2–1 | |||
2001–2002 | Copa da UEFA | Q | FK Ventspils | 2–1, 1–0 | |
1R | AC Parma | 0–1, 0–2 | |||
2002–2003 | Copa da UEFA | Q | FC Gomel | 0–1, 0–4 | |
2003–2004 | Liga de Campións | 1Q | Glentoran | 0–0, 1–0 | |
2Q | MTK Budapest | 1–3, 1–0 | |||
2004–2005 | Liga de Campións | 1Q | Linfield FC | 1–0, 1–0 | |
2Q | Maccabi Tel-Aviv | 0–0, 0–1 | |||
2006–2007 | Copa da UEFA | Q | Drogheda United | 1–1, 1–3 | |
2007–2008 | Copa da UEFA | 1Q | FC Etzella Ettelbruck | 2–0, 1–0 | |
2Q | Aalborg BK | 2–1, 0–3 | |||
2009–2010 | Europa League | 2Q | FK Vėtra | 1–0, 1–3 | |
2010–2011 | Liga de Campións | 2Q | FK Ekranas | 0–1, 2–0 | |
3Q | FK Partizan | 0–3, 1–2 | |||
2010–2011 | Europa League | PO | Beşiktaş JK | 0–2, 0–4 | |
2011–2012 | Liga de Campións | 2Q | Bangor City FC | 3–0, 10–0 | |
3Q | NK Dinamo Zagreb | 1–2, 0–1 | |||
2011–2012 | Europa League | PO | FC Schalke 04 | 2–0, 1–6 | |
2012–2013 | Liga de Campións | 2Q | KR Reykjavik | 7–0, 2–1 | |
3Q | Celtic FC | 1–2, 0–2 | |||
2012–2013 | Europa League | PO | Athletic Bilbao | 0–6, 3–3 | |
2013–2014 | Liga de Campións | 2Q | Nõmme Kalju | 0–0, 1–2 | |
2014–2015 | Liga de Campións | 2Q | FK Rabotnički | 0–0, 2–1 | |
3Q | APOEL FC | 2–2, 0–2 | |||
2014–2015 | Europa League | PO | Rapid Wien | 2–1, 3–3 | |
Grupo | FC Kööpenhamina | 2–1, 0–2 | |||
Grupo | Club Brugge | 0–3, 1–2 | |||
Grupo | Torino FC | 2–1, 0–2 | |||
2015–2016 | Liga de Campións | 2Q | FK Ventspils | 3–1, 1–0 | |
3Q | FK Astana | 0–0, 3–4 | |||
2015–2016 | Europa League | PO | FK Krasnodar | 0–0, 1–5 | |
2016–2017 | Europa League | 1Q | FK Atlantas | 2–0, 1–1 | |
2Q | PFC Beroe Stara Zagora | 1–1, 1–0 | |||
3Q | IFK Göteborg | 2–1, 0–2 | |||
2017–2018 | Europa League | 1Q | Connah’s Quay Nomads FC | 0–1, 3–0 | |
2Q | FK Shkëndija | 1–3, 1–1 | |||
2018–2019 | Liga de Campións | 1Q | Víkingur Gøta | 2–1, 3–1 | |
2Q | FK BATE | 0–0, 1–2 | |||
2018–2019 | Europa League | 3Q | NK Olimpija Ljubljana | 0–3, 1–4 | |
2019–2020 | Liga de Campións | 1Q | HB Torshavn | 3–0, 2–2 | |
2Q | Belgradin Punainen tähti | 0–2, 2–1 | |||
2019–2020 | Europa League | 3Q | Riga FC | 1–1, 2–2 | |
2021–2022 | Liga de Campións | 1Q | FK Budućnost Podgorica | 3–1, 4–0 | |
2Q | Malmö FF | 1–2, 2–2 | |||
2021–2022 | Europa League | 3Q | Neftçi Baku PFK | 2–2, 3–0 | |
PO | Fenerbahçe SK | 0–1, 2–5 | |||
2021–2022 | Liga Conferencia | Grupo | LASK Linz | 0–2, 0–3 | |
Grupo | Maccabi Tel Aviv FC | 0–5, 0–3 | |||
Grupo | Alaškert FC | 4–2, 1–0 | |||
2022–2023 | Liga de Campións | 1Q | FK RFS | 1–0, 1–2 JO: 0–0, RP: 5–4 | |
2Q | FC Viktoria Plzeň | 1–2, 0–5 | |||
2022–2023 | Europa League | 3Q | NK Maribor | 2–0, 1–0 | |
PO | Silkeborg IF | 1–0, 1–1 | |||
Grupo | AS Roma | 0–3, 1–2 | |||
Grupo | PFK Ludogorets Razgrad | 1–1, 0–2 | |||
Grupo | Real Betis Balompié | 0–2, 0–3 |
Competición | Partidos | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra |
---|---|---|---|---|---|---|
Liga de Campións / Copa de Europa | 80 | 29 | 13 | 38 | 103 | 125 |
Recopa de Europa | 12 | 6 | 1 | 5 | 18 | 24 |
Europa League / Copa da UEFA | 76 | 22 | 13 | 41 | 78 | 148 |
Copa Intertoto | 4 | 1 | 2 | 1 | 6 | 6 |
Liga Conferencia | 6 | 2 | 0 | 4 | 5 | 15 |
Totais | 178 | 60 | 29 | 89 | 211 | 318 |
O xogador que máis partidos ten vestido a camisola do Helsingin Jalkapalloklubi é Reijo Jalava, que xogou durante a súa carreira 304 partidos na máxima categoría do fútbol finlandés e tamén varios na Suomensarja.[lower-alpha 2][100] Pola súa banda Aarno Turpeinen é o xogador que máis partidos xogou na Veikkausliiga.[101]
O máximo goleador do Helsingin Jalkapalloklubi é Aatos Lehtonen, que xogou no club durante toda a súa carreira. Marcou 109 goles, o que o sitúa como o 16º máximo goleador da máxima categoría.[102] Juho Mäkelä é o máximo goleador na Veikkausliiga.[101]
Datos actualizados a 2019
Xogadores con máis partidos disputados
|
Máximos goleadores
|
Ao longo da súa historia o club tivo numerosos adestradores, principalmente de nacionalidade finlandesa. O primeiro estranxeiro en dirixir o equipo foi o inglés George Duke, quen chegou ao banco do equipo branquiazul en 1948.[121][122][123][124]
|
|
A organización do Helsingin Jalkapalloklubi constitúese en HJK Oy e varias asociacións. A osakeyhtiö (Oy) é responsable do primeiro equipo, así como dos equipos de rapaces A e B. HJK ry é o núcleo do equipo e actualmente é responsable do equipo feminino, equipos de rapazas, así como dos equipos masculinos máis novos. Outras aactividades da base están a cargo de HJK-Juniorit ry e o filial Klubi-04 é responsabilidade de Talenttiklubi ry. O principal propietario da osakeyhtiö é Olli-Pekka Lyytikäinen, que posúe os dous terzos das accións a través da súa irmá e a súa compañía familiar A-lehdet. Lyytikäinen é tamén o presidente do goberno da sociedade.[127][128]
Presidentes de Liiga-HJK ry
Presidentes da sociedade de accións (2001–)
Na súa forma actual, o HJK incorporuse no ano 2000. A incorporación tentárase mesmo antes en relación co programa de reorganización iniciado durante a época de dificultades económicas do club a principios da década de 1990. HJK-Klubi Oy naceu en 1991, mais a emisión de accións fracasou e non chegaron moitos novos investidores ao club. HJK ry posuía no momento a maior parte do club no momento. HJK-Klubi Oy disolveuse en 1996, por motivos entre outros, e o equipo representativo volveu ser administrado por HJK ry.[28]
Na década de 2000 a facturación do HJK mantívose arredor dos dous millones de euros. Na década de 2010, con todo, produciuse un gran crecemento e a facturación media do HJK ascendeu a case seis millones de euros. A facturación do club acadou o seu máximo na tempada 2014, cando xogou a UEFA Europa League. Entón a facturación medrou case ata os nove millóns de euros.[131] Os ingresos de HJK consisten en asociacións corporativas, exercicios corporativos e o alugueiro do estadio de fútbol de Töölö para eventos.[132] Os premios en metálico das competicións europeas e a venda de xogadores tamén producen ingresos considerables que varían dependendo do ano. O HJK, como outros equipos da Veikkausliiga, recibe unha pequena parte dos ingresos polo contrato televisivo da Veikkausliiga.[133] O HJK tiña a principios da década de 2000 o seu propio contrato televisivo con MTV3.[134]
Os principais patrocinadores de HJK son Apu, Adidas, Silja Line, Stadium, Carlsberg, Punamusta, Lumme Energia, Bolt.Works, OP, Mehiläinen, Foodora e Ilmarinen[135]
Indicadores 2005–2018 | |||
---|---|---|---|
Período contable | Ingresos* | Gastos* | |
2005 | 1,59 | –0,04 | [136] |
2006 | 2,46 | 0,09 | [137] |
2007 | 2,20 | –0,15 | [137] |
2008 | 2,13 | –0,25 | [137] |
2009 | 1,81 | –0,49 | [137] |
2010 | 3,22 | 0,05 | [138] |
2011 | 5,60 | 1,50 | [139] |
2012 | 3,755 | 0,088 | [140] |
2013 | 3,705 | –0,149 | [136] |
2014 | 8,725 | 0,338 | [136] |
2015 | 5,740 | 0,494 | [136] |
2016 | 5,025 | 0,257 | [136] |
2017 | 4,842 | 0,253 | [136] |
2018 | 4,606 | 0,159 | [136] |
2019 | 4,160 | 0,058 | [136] |
2019 | 4,160 | 0,058 | [136] |
2020 | 3,196 | 0,046 | [136] |
2021 | 7,097 | 0,751 | [136] |
*) millóns de euros |
O Salón da Fama do HJK naceu en relación co 90º aniversario do club, cando se nomearon 16 persoas para o mesmo. Dende aquela ampliouse varias veces.[141][142] En 2007, ano do centenario do HJK, publicouse un libro de celebración no que se escolleron as estrelas de todos os tempos de HJK. As seleccións centráronse na carreira dos xogadores no club, partidos xogados, logros, estatísticas e importancia para o club. O adestrador seleccionado foi Aulis Rytkönen.[143][144]
En 2022 había 37 personalidades no Salón da Fama de HJK:[145]
|
Mozos:
A-masculino
B-masculino
O Klubi 04 fundouse en 2004, cando o HJK mercou o FC Jokerit.[34] Xa que o HJK non podía contar con dous equipos na liga, as actividades do Klubi 04 comezaron no terceiro nivel do fútbol finlandés, a Kakkonen.[150] O equipo ascendeu á Ykkönen na tempada 2006 logo de derrotar na promoción o VG-62 da Naantali. En 2006 o Klubi 04 finalizou sexto, mais na tempada seguinte o equipo finalizou na derradeira posición e descendeu, se ben na tempada 2009 volveu lograr o ascenso. Con todo en 2010 descendeu novamente.[95] Na tempada 2018 o Klubi 04 ascendeu unha vez máis, mais descendeu logo de finalizar na derradeira posición.
O HJK tivo tamén acordos con outros clubs que funcionaron como o seu equipo filial. Entre outros, entre os anos 1994 e 1997 o FC Honka de Espoo foi o filial do HJK.[151]
O HJK ten equipos de formación en todas as categorías masculinas. Ademais tamén ten actividade en categoría feminina.[152] O club ten os seus propios equipos de distrito e, en total, hai en torno a 3 500 nenas, nenos, mozas e mozos.[153] HJK Juniorit on pääkaupunkiseudun suurin jalkapalloseura.[154]
HJK é o equipo máis exitoso en categoría masculina A e B, tanto en títulos como na clasificación histórica.[155] En 2009 o equipo conseguira 13 campionatos A masculinos e 17 B. En categoría B feminina tamén é o equipo máis exitoso con 10 campionatos.[156]
De acordo cun estudo publicado polo centro internacional de investigación deportiva CIES en febreiro de 2015, HJK era o club de formación máis grande de Finlandia e os países nórdicos e o 20º maior de Europa. O estudo abrangueu 468 clubs das 31 maiores ligas de Europa, e contou a xogadores que representaron o club canto menos tres anos entre os 15 e os 21 anos. Un total de 36 xogadores formados no HJK xogaron na máxima categoría.[157][158]
O club comezou a práctica do fútbol feminino en 1971, cando comezou a SM-sarja feminina. O equipo gañou axiña o campionato finlandés no primeiro ano.[21] HJK dominou os primeiros anos do fútbol feminino en Finlandia, gañando os cinco primeiros campionatos. Entre os anos 1979 e 1989 o equpo gañou sete campionatos. O HJK foi tamén o mellor equipo feminino na década de 1990, cando gañou sete campionatos. Na década de 2000 o equipo feminino gañou o campionato finlandés os anos 2000, 2001 e 2005.[159] O equipo feminino de HJK tamén tivo éxito a nivel internacional e participouu na Liga de Campioas da UEFA recentemente fundada na tempada 2001–02. O equipo chegou ata as semifinais, onde foi derrotado polo Umeå IK sueco. Despois do campionato moitas xogadoras deixaron o club, polo que o HJK non tivo tanto éxito na competición doméstica coma en anos anteriores.[160]
O HJK Hurrikaanit xoga en fútbol en cadeira motorizada. O deporte chegou a Finlandia en 2012 e o equipo de HJK comezou en 2015.[162]
O club conta cun equipo, o HJK Bluestars, destinado a persoas adultas, nenas e nenos con parálise cerebral ou outras discapacidades físicas.[163]
En 2018 o club creou o HJK Pallotaiturit, un equipo destinado a nenas e nenos dende os seis ata os 17 anos que precisen un apoio especial, cun programa de adestramentos que atenda ás súas capacidades e necesidades.[164]
O HJK Special é un equipo para persoas novas e adultas con discapacidade de desenvolvemento. Fundado en 2004 adestra xunto co HJK Bluestars e participa no campionato de equipos especiais.[165]
Xunto co fútbol, o Helsingin Jalkapalloklubin tivo seccións oficiais de bandy, hóckey sobre xeo, tenis, patinaxe artística sobre xeo, balonmán e birlos. Ademais no club téñense practicado o atletismo, a patinaxe sobre xeo, o remo, o rugby e o hóckey sobre herba, aínda que non houbo ningunha sección destes deportes e frecuentemente estes eran practicados só durante pouco tempo ou de xeito experimental.[166][167]
No HJK xogouse ao bandy dende 1909[47] ata 1963. O club tivo moito éxito especialmente na década de 1920, cando xogou sete veces a final.[168] Na década de 1930 o éxito reduciuse e logo da segunda guerra mundial estivo entre a liga e a Suomi sarja, e finalmente caeu ata as divisións provinciais.[169] As súas actividades cesaron cando o club eliminou a sección en 1963 a causa das dificultades económicas.Aalto (2007), p. 61–63 HJK gañou en total cinco campionatos, tres pratas e dous bronces na modalidade.[168] Ao longo da historia da sección 22 xogadores do club xogaron na selección finlandesa.[170]
Palmarés:
Tempadas no campionato finlandés (non xogou 1940, 1942) (40):
Tempadas na Suomi sarja (7):
Tempadas nas divisións provinciais (1):
A sección de hóckey sobre xeo de HJK permaneceu activa entre 1928 e 1972. Antes do inicio da segunda guerra mundial tivo moito éxito, conseguindo tres campionatos e conseguindo outras sete medallas.[171] Despois da guerra o éxito da sección foi máis modesto ata que o club investiu significativamente no deporte nas décadas de 1960 e 1970. Con todo, o club atravesou dificultades financeiras e a sección fusionouse con Karhu-Kissat en 1972 formando o Helsingin Jääkiekkoklubi.[7][19]
Palmarés:
Tempadas na SM-sarja (non xogou 1930, 1940, 1942) (36):
Tempadas na Suomi sarja (6):
A práctica do tenis no HJK desenvolveuse dende 1916 ata principios da década de 1920.[172]
A patinaxe artística sobre xeo formou parte do programa de HJK entre os anos 1966 e 1972. A sección tivo bastante éxito, xa que as patinadoras do club gañaron en total seis campionatos finlandeses. A patinaxe artística sobre xeo tamén cesou a sửa actividade a causa da crise económica, cando as súas actividades foron transferidas ao Helsingin Taitoluisteluklubi.[18][20]
O balonmán xogouse en HJK entre 1943 e 1976.[10][23] O equipo masculino de HJK xogou na máxima categoría durante oito tempadas e o feminino vinte. Ademais o equipo combinado UK-HJK xogou na máxima categoría masculina unha tempada e dúas na feminina. A sección gañou unha prata e dous bronces en categoría masculina, mentres que na feminina o seu mellor resultado foi a curta posición.[174][175]
Palmarés:
Tempadas na SM-sarja (8+1):[176]
Tempadas na SM-sarja feminina (20+2):[175]
Os birlos formaron parte do programa de HJK en 1924-1925, e en 1943.[177] Os xogadores de birlos uníronse en 1925 ao Helsingin Keilaajat, que fora fundado en boa parte por xogadores que deixaran o club a principios do ano.[178][67]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.