From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kuopion Palloseura ou KuPS é un equipo de fútbol da cidade de Kuopio, Savonia do Norte (Finlandia). Foi fundado o 16 de marzo de 1923 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Savon Sanomat Areena, un estadio con capacidade para 4 778 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarela e pantalón negro, mentres que a reserva é unha camiseta negra con pantalón branco.
KuPS | |||
---|---|---|---|
Nome | Kuopion Palloseura | ||
Alcume(s) | Keltamusta ('Amarelo e negro') Kanarialinnut ('Canarios') | ||
Fundación | 16 de marzo de 1923 | ||
Estadio | Savon Sanomat Areena, Kuopio, Finlandia | ||
Inauguración | 1939 | ||
Capacidade | 4 778[1] | ||
Presidente | Ari Lahti | ||
Adestrador | Arne Erlandsen | ||
Liga | Veikkausliiga | ||
2024 | 1.º | ||
Vestimenta | PUMA | ||
Patrocinador | LähiTapiola | ||
Na rede | |||
http://www.kups.fi | |||
| |||
O KuPS gañou o campionato finlandés en seis ocasións, a Suomen Cup en dúas, así como a Liigacup unha vez. O KuPS tamén posúe o récord como o club finlandés que máis tempadas consecutivas disputou na máxima categoría, dende 1949 ata 1992. En 2019 equipo ocupaba a cuarta posición na clasificación histórica da liga.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.