From Wikipedia, the free encyclopedia
O FK Partizan (en serbio: Fudbalski klub Partizan; en cirílico: Фудбалски клуб Партизан) é un club de fútbol serbio con sede na cidade de Belgrado. Foi fundado o 4 de outubro de 1945 como parte da Sociedade Deportiva Partizan e actualmente xoga na Superliga Serbia.
FK Partizan | |||
---|---|---|---|
Nome | Фудбалски клуб Партизан Fudbalski klub Partizan | ||
Alcume(s) | Grobari, Crno-beli | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | Stadion Partizana, Belgrado, Serbia | ||
Inauguración | 1904 | ||
Capacidade | 32.710 | ||
Presidente | Dragan Djuric | ||
Adestrador | Vladimir Vermezović | ||
Liga | Superliga Serbia | ||
2022-23 | 4.º | ||
Na rede | |||
http://www.partizan.rs/ | |||
| |||
Ten unha gran rivalidade co Estrela Vermella co cal disputa o Derbi Eterno de Belgrado.
O FK Partizan foi fundado o 4 de outubro de 1945 como parte da Asociación Iugoslava de Deportes, sendo renomeada posteriormente como Sociedade Deportiva Partizan en referencia aos guerrilleiros partisanos, que loitaron contra a ocupación das forzas do Eixo durante a segunda guerra mundial. Aínda que o club aínda forma parte da sociedade deportiva, que inclúe 25 distintos clubs deportivos, posúe total autonomía administrativa e financeira.
Desde a súa fundación ata comezos dos anos 1950, o club estivo baixo o beirado do Exército Popular Iugoslavo, por iso é polo que o Estadio Partizan recibise, durante gran parte da súa historia, o nome de Stadion JNA. O seu primeiro partido internacional foi xogado fronte ao CDKA Moscova (actualmente CSKA Moscova) o 6 de decembro de 1945.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.