Os gregos, tamén chamados helenos[15] (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[16]

Thumb
A dispersión dos gregos no século VI a.C.
Datos rápidos Poboación, Grecia ...
Pobo grego
Thumb
Primeira liña: Homero  · Leónidas I  · Pericles  · Heródoto  · Hipócrates
Segunda liña: Sócrates  · Platón  · Aristóteles  · Alexandre o Grande  · Arquímedes
Terceira liña: Hipatia  · Basilio II  · Aleixo I Comneno  · Georgios Gemistos Plethon  · El Greco
Cuarta liña: Rigas Velestinlís  · Theódoros Kolokotronis  · Laskarina Bouboulina  · Georgios Karaiskakis  · Ioannis Kapodístrias ·
Quinta liña: Elefthérios Venizelos  · Konstandinos Kavafis  · Georgios Papanikolaou  · Arcebispo Makarios  · Pirros Dimas
Poboación
Poboación total:
aprox  14 - 17 millóns[1]
Rexións principais:
Grecia Grecia10 280 000 (2001)[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 390 439[3] / 3 000 000 (estimación2009; incluídos os que teñen devanceiros gregos)[4]
Chipre Chipre792 604 (estimación 2008)[5]
Reino Unido Reino Unido400 000 (estimación)[6]
Australia Australia365 120[7] (censo 2006) / 700 000 (incluídos os que teñen devanceiros gregos)[8]
Alemaña Alemaña294 891 (estimación 2007)[9]
Canadá242 685 (censo 2006; con orixes exclusivamente gregas)[10]
Albaniaaprox  200 000[11]
Rusia Rusia100 000[12][13]
Ucraína Ucraína91 500 (censo 2001)[14]
Aspectos culturais
LinguaGrego
RelixiónIgrexa Ortodoxa
Grupos
relacionados
Gregos de Albania, pónticos
Pechar

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga.[17] No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.[18]

Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[19]

Pódenselles atribuír ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.