From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Gregos pónticos ou Pónticos, son os descendentes das poboacións helenófonas (gregas ou helenizadas) da beira do Mar Negro, o Ponto Euxino da Antigüidade.
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
Ao principio do século XX aínda quedaban moitos centenares de miles nas provincias otománs, pero a case totalidade dos pónticos foi ou ben masacrada durante a primeira guerra mundial e despois, chegando algúns a falar de "xenocidio póntico", a semellanza do xenocidio armenio e do xenocidio asirio. A metade dos 500.000 pónticos de 1919 terían sido masacrados ou morrerían no curso da súa deportación entre 1919 e 1923, ou ben expulsados cara Grecia como consecuencia do Tratado de Lausana de 1923.
O conxunto dos "Gregos" de Anatolia, que non eran emigrados gregos senón descendentes de poboacións autóctonas helenizadas desde a Antigüidade e/ou cristianizadas baixo o Imperio bizantino, é denominado en Grecia como Micrasiates (de Μικρά Ασία, Asia menor), categoría que inclúe igualmente cristiáns ortodoxos falantes de laze ou outras linguas, que no final do Imperio Otomán, baixo a dirección de Mustafa Kemal, expulsara na mesma ocasión, xogando coa confusión entre "nación grega" e "millet grego" (Rum milleti), sendo este último unha categoría relixiosa e non nacional.
Desde os anos 1920, a maioría des pónticos viven, pois, en Grecia, onde moitos mantiveron a súa lingua, en orixe un dialecto grego, o póntico, que evolucionou cara a unha lingua distinta, non comprensíbel polos falantes do grego moderno, como o capadocio hai pouco (xuño de 2005) redescuberto na Calcídica. Os pónticos son a miúdo obxecto de burlas de carácter racista por parte dos outros gregos, o personaxe do póntico nos chistes gregos, como o do válaco (aromanés), é sempre ridículo. Dunha maneira xeral, os Micrasiates, entre os que se atopan os pónticos, foron utilizados polo Estado grego para poboar as rexións baleiradas dos seus habitantes por depuración étnica das poboacións eslavo-macedonias, aromanesas, albanesas e turcas ou gregas islamizadas.
11.000 musulmáns gregos pônticos viven en Turquía, de acordo co "Joshua Project"[1] e 4.540 persoas en Turquía (última investigación de 1965 por Mackridge) falan póntico, de acordo co "Ethnologue Database - Languages of the World"[2].
Segundo os termos do Tratado de Lausana[3], os cristiáns gregos (incluíndo os pônticos) foron expulsados para a Grecia, pero os musulmáns gregos (incluíndo os pônticos) foron autorizados a permanecer[4].
Outros pónticos seguiron vivindo nas cidades portuarias como Odesa, en Ucraína), ou Soukhoumi, en Abkhazia (república autónoma da costa norte de Xeorxia). Stalin fixo deportar 36.000 ou 37.000 deles cara Casaquistán en 1949. En novembro de 1955, Khrouchtchev suprimiu as discriminacións herdadas da era estalinista para 5.000 gregos pónticos de Xeorxia. Aínda representaban o 3% da poboación de Abkhazia en 1989.
A lei grega prevé facilidades para o "retorno" dos gregos da diáspora cara a "patria" seguindo o modelo das "leis do retorno" israelís e alemá, e numerosos pónticos (60.000 entre 1988 e 1994, incluíndo parellas mixtas) da ex-Unión Soviética, a miúdo cualificadas de "ruso-pónticos" (Rossopónticos en grego) pois só saben falar ruso, chegaron a aterrar nos barrios desherdados de Atenas e no norte de Grecia, onde moitos os consideran en realidade máis como inmigrantes rusos que como "compatriotas" gregos. Esta situación descríbese especialmente na película Os rapaces de Atenas (título inglés From the edge of the city, con diálogos en grego e en ruso) do realizador Constantinos Giannaris, saída en 1998 e comparada por algúns críticos á película americana My Own Private Idaho.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.