Ático
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ático[1] é o espazo habitábel situado directamente debaixo da azotea dun edificio. Nalgúns edificios resérvase o ático para apartamentos de deseño e luxo moi exclusivos.

Esta consideración sufriu, coa instalación de ascensores nos edificios, un cambio histórico, pois nos antigos edificios, o ático era a parte menos nobre dada a súa penosa accesibilidade, a súa temperatura máis extrema e variábel e a posíbel humidade derivada da súa proximidade ao tellado.
Algúns áticos son reutilizados como dormitorios e oficinas, perfeccionados con escaleiras e xanelas, aínda que a maior parte permanece con difícil acceso e son usualmente utilizados como almacéns.
Así mesmo, axuda ao control da temperatura, ao prover dunha gran masa de aire inmóbil. O aire quente ascendente desde os niveis inferiores do edificio a miúdo queda atrapado no ático, creándolles a reputación de sitios inhóspitos. Con todo, en anos recentes, algúns foron illados para axudar a diminuír os custos da calefacción.
En moitos países de Latinoamérica, o ático significa o espazo que queda entre o teito interior do último piso e o tellado ou azotea. Este é usado igualmente para vivendas de varios pisos ou vivendas dun só piso. Ten un significado similar a faiado.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.