Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese por colonización grega a fundación por parte das diversas πόλεις póleis de novas cidades (todas elas costeiras) mediante o traslado de parte da súa poboación. As colonias ficaban ligadas coas súas cidades de orixe (metrópoles) por vínculos comerciais, relixiosos e militares.
Pódense distinguir dous momentos no proceso da colonización grega da Ecúmene na Antigüidade:[1]
Chámase stasis a toda crise interior, que conduce ata a guerra civil. A colonización é un xeito de evitar este tipo de guerra, do grupo que se acha en minoría fundando unha nova polis (cidade). Non se trata forzosamente dun conflito entre a aristocracia e o pobo, senón sobre todo das loitas polo poder entre grupos aristocráticos, ou dunha posición no interior do grupo dirixente, como é por exemplo en Corinto (véxase Baquíadas).
Os colonos teñen o desexo de fundar unha cidade ideal. Esta decisión non se toma máis que nunha situación de extrema gravidade.
O aprovisionamento da cidade é unha necesidade vital para a metrópole, con todo, a realidade sobre as motivacións comerciais é bastante complexa.
As motivacións non son sempre seguras, posto que non se coñece sempre a situación da metrópole. Ademais, o volume de intercambios entre a colonia e a metrópole era a miúdo insuficiente para facer vivir á colonia. As colonias gregas fundadas por razóns comerciais son bastante raras: pódese citar as cleruquías de Atenas ou Naucratis.
A partida dos colonos é sempre un momento de ruptura social. A colonia era fundada para lle evitar á cidade unha fame negra, non é entendida máis que, a partir do momento no que os colonos abandonaban a cidade, eles perdían o dereito a regresar. A metrópole non lles achegaba asistencia ningunha. O corpo cívico sufría unha verdadeira amputación: entre unha décima e unha cuarta parte da poboación partía, sen esperanza de regresar.
Unha colonia non se fundaba a título privado (salvo raras excepcións), senón que resulta dunha decisión tomada pola cidade,
Para a fundación dunha colonia, preséntase primeiramente un proxecto á asemblea. En caso de acordo o consello aristocrático toma ao seu cargo a elección das modalidades e as medidas concretas para designar quen vai partir.
Hai que designar, entón, un xefe da expedición, chamado oikistés, o máis a miúdo elixido entre a aristocracia. O oikistés elixía o nome e o lugar preciso do novo establecemento. unha vez chegaron, establece e dota á colonia dun sistema defensivo.
No marco do pensamento mítico onde se outorga unha parte importante aos deuses, as cidades teñen necesidade dunha sanción divina que sirva para confortar as decisións humanas; a fundación dunha colonia era arriscada, e suscitaba a dor entre os que debían partir, sen esperanza de regresar, e os que se quedaban. Tense o costume de ir consultar o oráculo de Apolo de Delfos. O oráculo dá unha orientación xeográfica xeral e dá o seu consello sobre un proxecto elaborado pola cidade.
Son establecidos polo oráculo. Con todo, obsérvase xeralmente un bo sentido: evita aos países bastante estruturados no plano político como Exipto ou a costa sirio-palestina, (Asiria e Fenicia), aconsellándose partir cara ao oeste ou o leste.
Describe igualmente o lugar onde se ha establecer. Algúns elementos atópanse en todos os oráculos que describen un lugar onde será posíbel garantir a soberanía e autonomía da colonia:
Os colonos levan toda unha bagaxe afectiva e relixiosa: pártese co lume sagrado da metrópole, a colonia conserva o mesmo panteón e con frecuencia a mesma divindade poliada.
Os lugares materialízanse por desprazamentos da metrópole á colonia e viceversa durante grandes festas relixiosas.
No plano político, consérvase xeralmente as institucións da metrópole, polo menos ao principio.
Ao principio, os intercambios comerciais son bastante modestos. Pouco tempo despois asístese, con todo, a unha verdadeira explosión. Así, a riqueza das xentes de Sibaris é lendaria. Non hai, con todo, vínculo político ningún entre a colonia e a súa metrópole: a nova cidade é completamente independente. Ocorría que unha colonia se atopase enfrontada no curso dunha guerra á súa metrópole: por exemplo o conflito entre Corcira e a súa metrópole Corinto foi a orixe da guerra do Peloponeso.
O proceso de colonización é un fenómeno complexo. Pódese argüír que comezou como unha secuela do colapso da civilización micénica, como suxire C. G. Thomas.[2] Segundo este autor, esta civilización caracerizouse pola súa desunión política: moitos reinos en estado de guerra e elevada competición comercial entre eles. Opina que a «uniformidade cultural» era consecuencia do próspero comercio. Tras o declive xeneralizado, unicamente uns poucos centros conservaron a súa poboación, como Lefkandi e Atenas,[3], noutros polo contrario houbo movementos migratorios: poboacións aqueas que se trasladaron a Cilicia e Chipre,[4] que antecederon ao establecemento de asentamentos gregos nas fértiles chairas de Asia Menor.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.