From Wikipedia, the free encyclopedia
O intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía foi o primeiro intercambio de poboacións a grande escala ou expulsión de acordo mutuo do século XX. Tratábase duns dous millóns de persoas, a maioría deles convertidos en refuxiados pola forza e de jure desnaturalizados dos seus países de orixe. O "Convenio de intercambio de poboacións grega e turca" foi asinado en Lausana, Suíza, o 30 de xaneiro de 1923, polos gobernos de Grecia e Turquía. O intercambio produciuse entre os cidadáns turcos de relixión ortodoxa grega estabelecidos en territorio de Turquía, e dos cidadáns gregos de relixión musulmá estabelecidos en territorio de Grecia. Os dirixentes de Grecia e Turquía viron a homoxeneización étnica resultante dos seus respectivos estados como positiva e estabilizadora, que axudou a fornecer a natureza de estado-nación dos dous estados.
A maioría dos gregos que vivían en Turquía xa foran expulsados cando se asinara o acordo e só quedaban por marchar uns 400 000. En Grecia, o intercambio considerouse parte dos acontecementos chamados Catástrofe de Asia Menor (en grego: Μικρασιατική καταστροφή). Xa se tiñan producido desprazamentos de refuxiados e movementos importantes de poboación durante as Guerras balcánicas, a primeira guerra mundial, e a Guerra grecoturca (1919-1922). Estes intercambios incluían a expulsión de case 500 000 turcos de Grecia e as súas illas, e arredor de 1 500 000 gregos de Asia Menor, Anatolia Oriental e Tracia.
O convenio afectaba as poboacións de xeito seguinte: case todos os cristiáns ortodoxos gregos (falasen grego ou turco) de Asia Menor, incluíndo unha poboación de lingua turca pero de relixión ortodoxa grega de Anatolia Central (Karamanlides), a rexión do Exeo (por exemplo, Esmirna, Aivali), a Rexión do Mar Negro (por exemplo, Trebisonda, Samsun), Prusa (Bursa), a rexión de Bitinia (por exemplo, Nicomedia (Izmit), Calcedonia (Kadıköy), Tracia oriental e outras rexións foron expulsados ou formalmente desnaturalizados do territorio turco. Esta poboación, arredor de medio millón, sumáronse ós máis dun millón de gregos xa expulsados polo exército turco antes da sinatura do tratado. Unhas 500 000 persoas foron expulsadas de Grecia, a maioría turcos, e outros como os musulmáns gregos, musulmáns xitanos, pomacos, albaneses e romaneses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.