From Wikipedia, the free encyclopedia
Goldie Hexagon Racing foi un equipo de carreiras de motor do Reino Unido, fundado por Paul Michaels. Correu na Fórmula 1 en 1974, utilizando coches de Brabham.[2]
Nome completo | John Goldie Racing with Hexagon |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | |
Tempadas en activo | 1974 |
Número de pilotos | John Watson Carlos Pace |
Debut | Gran Premio da Arxentina de 1974 |
Carreiras | 15 [1] |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 17 |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Goldie Hexagon Racing participou por primeira vez nunha carreira de Fórmula Un en 1972, na World Championship Victory Race de 1972. Correron nun March 721 para o piloto de carreiras británico John Watson. Watson clasificou o coche na décima posición e rematou a carreira na sexta posición. En 1974 Goldie Hexagon Racing volveu á Fórmula Un e correu unha tempada completa de campionato, de novo con John Watson, correndo nos coches Brabham. A tempada comezou na Arxentina, onde Watson clasificou o coche na posición 20 e terminou 12º. No Brasil Watson clasificouse na 15ª posición, pero retirouse na volta 27. Tampouco conseguiu rematar en Suráfrica. En España Watson clasificouse na 15ª posición e rematou 11º, e rematou na mesma posición en Bélxica. En Mónaco Watson anotou os primeiros puntos de Goldie Hexagon Racing no Campionato do Mundo, cando terminou na sexta posición. En Suecia Watson terminou na undécima posición. En Holanda Watson terminou sétimo. En Francia Goldie Hexagon Racing participou con dous coches, un para Watson e outro para Carlos Pace. Mentres Watson terminou na 16ª posición, Pace non logrou clasificarse. Dúas carreiras máis tarde, en Austria, Watson terminou na cuarta posición, anotando tres puntos no Campionato do Mundo. En Italia Watson clasificou o coche na cuarta posición, a súa máis alta da tempada, pero só terminou no sétimo lugar. En Estados Unidos, na última carreira da tempada, Watson rematou na quinta posición, anotando outros dous puntos de campionato. O Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 foi a última carreira de Fórmula Un para Goldie Hexagon Racing.
(clave) (os resultados en negra indican a pole position, os resultados en cursiva indican a volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Hexagon of Highgate | March 721 | Ford Cosworth DFV V8 | ROC | BRA | INT | OUL | REP | VIC | |
John Watson | 6 | |||||||||
1977 | Hexagon of Highgate | Penske PC3 | Ford Cosworth DFV V8 | ROC | ||||||
Bob Evans | 11 |
(chave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor(es) | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Hexagon Racing | March 75A | Ford GAA 3.4 V6 | MAL | SNE | OUL | BRH | THR | BRH | MAL | SNE | BRH | THR | OUL | BRH | BRH | ||
Damien Magee | 2 | 1 | 1 | 3 | NC | 2 | Ret | Ret | ||||||||||
Penske PC3 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | 4 | 2 | Ret | ||||||||||||||
Derek Bell | 4 | 2 | ||||||||||||||||
1977 | Hexagon Racing | Penske PC3 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | MAL | SNE | OUL | BRH | MAL | THR | BRH | OUL | MAL | DON | BRH | THR | SNE | BRH | |
Nick May | NTS | |||||||||||||||||
Derek Bell | 1 | 4 | Ret | DSc | 4 | NTS | ||||||||||||
Brian Henton | 3 | |||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.