artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 79ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
A Academia convidou 83 países a enviar filmes a competición,[4][5] recibíndose sesenta e tres propostas, das que se aceptaron sesenta e unha, o maior número ata ese momento.[6] Lituania presentou un filme por primeira vez.
Nesta edición cambiáronse dúas regras.[7] A primeira foi instituír un proceso en dous pasos para escoller os filmes candidatos para permitir que os membos da Academia en Nova York puidesen participar.[8] Un comité inicial seleccionaría nove filmes para formar unha lista curta en xaneiro que entón sería revisada por un comité composto de dez membros do comité inicial, dez membros dos Ánxeles e dez de Nova York para escoller os cinco candidatos finais.[9] O segundo cambio foi suprimir a regra que requiría que os filmes estivesen nunha lingua do país que o propuxo.[10] Isto fíxose como resposta ao rexeitamento dos filmes propostos por Italia e Austria para a 78ª edición dos Óscar, Private e Caché respectivamente, por non estar filmados en linguas dos respectivos países.[9][11] Isto permitiu aceptar propostas como a canadense Water, que só contén diálogos en hindi.[11] Tras revelar a lista curta de candidatos, os cinco candidatos (Alemaña, Alxeria, o Canadá, Dinamarca e México) anunciáronse o 23 de xaneiro de 2007. O filme alemán Das Leben der Anderen de Florian Henckel von Donnersmarck gañou o premio.[12]
País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Alemaña | Das Leben der Anderen | Alemán | Florian Henckel von Donnersmarck | Premio da Academia |
Alxeria | Indigènes | Árabe | Rachid Bouchareb | Nomeado |
Arxentina | Derecho de familia | Castelán | Daniel Burman | Non nomeado |
Australia | Ten Canoes | Linguas indíxenas australianas, inglés | Rolf de Heer | Non nomeado |
Austria | Spiele Leben | Alemán | Antonin Svoboda | Non nomeado |
Bangladesh | Nirontor | Bengalí | Abu Sayeed | Non nomeado |
Bélxica | Een ander zijn geluk | Neerlandés | Fien Troch | Non nomeado |
Bolivia | American Visa | Castelán | Juan Carlos Valdivia | Non nomeado |
Bosnia e Hercegovina | Grbavica | Bosníaco | Jasmila Žbanić | Non nomeado |
Brasil | Cinema, Aspirinas e Urubus | Alemán, portugués | Marcelo Gomes | Non nomeado |
Bulgaria | Maimuni prez zimata | Búlgaro | Milena Andonova | Non nomeado |
Canadá | Water | Hindi | Deepa Mehta | Nomeado |
República Checa | Šílení | Checa | Jan Švankmajer | Non nomeado |
Chile | En la cama | Castelán | Matías Bize | Non nomeado |
China | Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ | Mandarín | Zhang Yimou | Non nomeado |
Colombia | Soñar no cuesta nada | Castelán | Rodrigo Triana | Non nomeado |
Corea do Sur | Wang-ui namja | Coreano | Lee Jun-ik | Non nomeado |
Croacia | Libertas | Italiano, serbocroata | Veljko Bulajić | Non nomeado |
Cuba | El Benny | Castelán | Jorge Luis Sánchez | Non nomeado |
Dinamarca | Efter brylluppet | Dinamarquesa, hindi, sueco | Susanne Bier | Nomeado |
Eslovenia | Odgrobadogroba | Esloveno | Jan Cvitkovič | Non nomeado |
España | Volver | Castelán | Pedro Almodóvar | Lista curta de xaneiro |
Exipto | ʿImārat Yaʿqūbīān | Árabe | Marwan Hamed | Non nomeado |
Filipinas | Ang Pagdadalaga ni Maximo Oliveros | Tagalo | Auraeus Solito | Non nomeado |
Finlandia | Laitakaupungin valot | Finés, ruso | Aki Kaurismäki | Retirado |
Francia | Fauteuils d'orchestre | Francés | Danièle Thompson | Lista curta de xaneiro |
Grecia | I horodia tou haritona | Grego | Grigoris Karantinakis | Non nomeado |
Hong Kong | Yè Yàn | Mandarín | Xiaogang Feng | Non nomeado |
Hungría | Fehér tenyér | Húngaro, ruso | Szabolcs Hajdu | Non nomeado |
India | Rang De Basanti | Hindi | Rakeysh Omprakash Mehra | Non nomeado |
Indonesia | Berbagi Suami | Indonesio | Nia di Nata | Non nomeado |
Irán | Café Transit | Grego, persa, turco | Kambuzia Partovi | Non nomeado |
Iraq | Ahlaam | Árabe | Mohamed Al-Daradji | Non nomeado |
Islandia | Börn | Islandés | Ragnar Bragason | Non nomeado |
Israel | Adama Meshuga'at | Francés, hebreo | Dror Shaul | Non nomeado |
Italia | Nuovomondo | Italiano | Emanuele Crialese | Non nomeado |
Casaquistán | Kôshpendiler | Casaco | Sergei Bodrov, Talgat Temenov, Ivan Passer | Non nomeado |
Kirguizistán | Sunduk predkov | Francés, kirguiz | Nurbek Egen | Non nomeado |
Líbano | Bosta | Árabe | Philippe Aractingi | Non nomeado |
Lituania | Prieš parskrendant į žemę | Lituano, ruso | Arūnas Matelis | Non nomeado |
Luxemburgo | Masz na imie Justine | Alemán, polaco | Franco de Peña | Descualificado |
Antiga República Iugoslava de Macedonia | Kontakt | Alemán, macedonio | Sergej Stanojkovski | Non nomeado |
Marrocos | La symphonie marocaine | Árabe | Kamal Kamal | Non nomeado |
México | El laberinto del fauno | Castelán | Guillermo del Toro | Nomeado |
Nepal | Basain | Nepalés | Subash Gajurel | Non nomeado |
Noruega | Reprise | Noruegués | Joachim Trier | Non nomeado |
Países Baixos | Zwartboek | Neerlandés, hebreo, alemán | Paul Verhoeven | Lista curta de xaneiro |
Perú | Madeinusa | Castelán | Claudia Llosa | Non nomeado |
Polonia | Z odzysku | Polaco, ruso | Slawomir Fabicki | Non nomeado |
Porto Rico | Ladrones y mentirosos | Castelán | Ricardo Méndez Matta | Non nomeado |
Portugal | Alice | Portugués | Marco Martins | Non nomeado |
Romanía | Cum mi-am petrecut sfârșitul lumii | Romanés | Catalin Mitulescu | Non nomeado |
Rusia | 9 rota | Ruso | Fyodor Bondarchuk | Non nomeado |
Serbia | Sutra ujutro | Serbocroata | Oleg Novkovic | Non nomeado |
Suecia | Farväl Falkenberg | Sueco | Jesper Ganslandt | Non nomeado |
Suíza | Vitus | Alemán de Suíza | Fredi Murer | Lista curta de xaneiro |
Tailandia | Ahingsa-Jikko mee gam | Tailandés | Kittikorn Liasirikun | Non nomeado |
Taiwán | Shen hai | Mandarín, taiwanés | Chen Wen-Tang | Non nomeado |
Turquía | Dondurmam Gaymak | Turco | Yüksel Aksu | Non nomeado |
Ucraína | Aurora | Ruso, ucraíno | Oxana Bayrak | Non nomeado |
Venezuela | Maroa | Castelán | Solveig Hoogesteijn | Non nomeado |
Vietnam | Chuyen cua Pao | Vietnamita | Quang Hai Ngo | Non nomeado |
Xapón | Hura Gāru | Xaponés | Lee Sang-il | Non nomeado |
As propostas de Finlandia e Luxemburgo foron rexeitadas antes do proceso de revisión. O filme finlandés foi retirado da competición polo seu director Aki Kaurismäki[13] e o luxemburgués porque se considerou que a presenza creativa do país na realización do filme non cumpría os requirimentos.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.