As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.[1]

Datos rápidos Data, Tipo ...
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009
 2005 Editar o valor en WikidataGalicia Editar o valor en Wikidata 2012 Editar o valor en Wikidata   
Data1 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións ao Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido75 deputado do Parlamento de Galicia VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado2.648.276 Editar o valor en Wikidata
1.706.198
   64.43٪
Ponto percentual (pt) 0.22
Número de votos válidos1.662.904    Número de votos en branco 28.071   Número de votos nulos 15.223
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
2>
Partido Popular de Galicia   Alberto Núñez Feijóo
789.427   47.47٪
Ponto percentual (pt) 1.66
Deputado 37  38 Número de escanos 1
2>
PSG PSOE   Emilio Pérez Touriño
524.488   31.54٪
Ponto percentual (pt) 2.1
Deputado 25  25
2>
Bloque Nacionalista Galego   Anxo Quintana
270.712   16.28٪
Ponto percentual (pt) 2.61
Deputado 13  12 Número de escanos 1

Thumb Editar o valor en Wikidata
Investidura presidencial de Galicia de 2009 Editar o valor en Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Emilio Pérez TouriñoAlberto Núñez Feijóo Editar o valor en Wikidata
Pechar

Data de celebración

Thumb
Campaña do BNG - febreiro 2009 en Santiago de Compostela.

Tendo en conta que as eleccións de 2005 se celebraron o 19 de xuño, o último día posible para a celebración dos comicios de 2009 era o 14 de xuño. Malia a existencia de ruxerruxes sobre un adianto electoral, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, negou tal posibilidade.[2] Finalmente, si que se produciu un adianto de tres meses, pois foron convocadas para o 1 de marzo de 2009.[3]

Candidatos

Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia foron:

Candidatos por circunscricións

Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias. Malia o gran número de electores censados no estranxeiro, estes non teñen circunscrición de seu.

Máis información Partido, A Coruña ...

Candidatos por circunscricións

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
PP Carlos Negreira Raquel Arias Carmen Pardo[11] Alberto Núñez Feijóo
PSdeG-PSOE Mar Barcón Ricardo Varela Sánchez Pachi Vázquez Emilio Pérez Touriño
BNG Anxo Quintana Fernando Blanco Álvarez Alfredo Suárez Canal Teresa Táboas
EU-IU[12] Yolanda Díaz Carlos Anxo Portomeñe Carmen Iglesias Sueiro Juan Manuel Fajardo
TeGa Xoán Gato Melina Paz Javier Novoa María Isabel Barros
Máis Galicia Xermán Tobío Ramón López Díaz non presenta Alfredo Bea
UPyD José Anido Luis Alejandro Pérez de Llano Aser García Andrés Wenceslao Mosquera
FPG Xiana López Penedo Xosé Manuel Seixas Brais Fidalgo Xosé Luís Méndez Ferrín
NÓS-UP Gemma Branco Martins Zéltia Fernandes Lamas Paula Alonso Riveira Noa Rios Bergantinhos
Pechar

Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións[13]: Nas catro circunscricións preséntanse Por un mundo más justo, Nós-Unidade Popular e Partido Humanista. Ademais, Os Verdes - Grupo Verde preséntase na Coruña e en Pontevedra; Falange Española de las JONS e Galicia Unida (ambas as dúas en Lugo e Ourense); Unión Centrista Liberal, Solidaridad y Autogestión Internacionalista, e Asamblea de Votación Electrónica só na Coruña, Democracia Ourensana só en Ourense e Partido Social y Democrático de Derecho só en Pontevedra.

Sondaxes

Partido Medio
data
La Voz de Galicia[14]
19 de setembro de 2008
Xornal[15]
18 de xaneiro de 2009
La Razón[16]
18 de xaneiro de 2009
Antena 3 Televisión[17]
22 de xaneiro de 2009
La Voz de Galicia[18]
25 de xaneiro de 2009
La Región[19]
1 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43 35 -2 40,8 33-34 -3/-4 44,4 35-37 -2/0 41,2 35-36 -1/-2 42,8 35 -2 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 30,8 26 +1 34,3 25-26 +1/= 32 24-25 -1/= 34,9 26-27 +1/+2 31,7 26 +1 25 =/+1
BNG 18,3 14 +1 21,7 16 +3 20,1 14-15 +1/+2 19,4 13 = 18,5 14 +1 11-13 -2/=
Outros - 0 = - 0 = - 0 = 4,5 0 =  ? 0 = 0 =
Partido Medio
data
Público[20]
2 de febreiro de 2009
Xornal[21]
8 de febreiro de 2009
El Progreso[22]
8 de febreiro de 2009
Cadena SER[23]
12 de febreiro de 2009
CIS[24]
12 de febreiro de 2009
La Región[25]
15 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,6 35-36 -2/-1 43,2 34-35 -3/-2 43,2 35 -2 44 34-36 -1/-3 43,1 35-36 -1/-2 36-38 -1/+1
PSdeG-PSOE 32,6 25-26 =/+1 31,7 24-25 -1/= 32,5 26 +1 34 25-27 =/+2 33,2 27 +2 27 +2
BNG 19,5 14 +1 21,6 16 +3 19,0 14 +1 18 14 +1 18,3 12-13 =/-1 12-13 =/-1
Outros 0 = 0 = 4,0 0 = 0 = 4,9 0 = 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[26]
15 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia[27]
15 de febreiro de 2009
La Razón[28]
16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
17 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
18 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 42,4 35 -2 35 -2 44,1 35 -2 42,1 34 -3 41,9 35 -2 42,6 35 -2
PSdeG-PSOE 32,1 27 +2 24 -1 32,6 26 +1 31,6 27 +2 31,9 26 +1 31,8 26 +1
BNG 18,4 13 = 16 +3 19,8 14 +1 19,1 14 +1 19,2 14 +1 18,9 14 +1
Outros - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[29]
19 de febreiro de 2009
Antena 3 Televisión[30]
19 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
20 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
21 de febreiro de 2009
Público[31]
21 de febreiro de 2009
ABC[32]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,1 35 -2 43,5 35-37 -2/= 43,0 36 -1 42,5 36 -1 45,3 36-37 -1/= 45,7 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 30,3 26 +1 32,8 24-26 -1/+1 30,2 25 = 28,8 26 +1 30,2 23-24 -2/-1 28,5 22-23 -3/-2
BNG 18,7 14 +1 19,5 13-15 =/+2 19,2 14 +1 18,7 13 = 19,4 14-16 +1/+3 21,6 15-16 +2/+3
Outros - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[29]
22 de febreiro de 2009
El Correo Gallego[33]
22 de febreiro de 2009
Faro de Vigo[34]
22 de febreiro de 2009
El País[35]
22 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia[36]
22 de febreiro de 2009
El Mundo[37]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 42,3 36 -1 43,1 35-37 -2/= 43,6 35-36 -2/-1 44,1 36 -1 43,8 35 -2 44,5 36-38 -1/+1
PSdeG-PSOE 29,2 26 +1 32,4 24-25 -1/= 33,0 26-27 +1/+2 33,8 25-27 =/+2 30,3 24 -1 33,1 25-26 =/+1
BNG 18,8 13 = 20,9 14-15 +1/+2 17,5 13-14 =/+1 18,0 12-14 -1/+1 19,8 16 +3 18,3 12-13 -1/=
Outros - 0 = 1,5 0 = - 0 = - 0 = 3,8 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Vanguardia[38]
22 de febreiro de 2009
El Progreso[39]
22 de febreiro de 2009
La Región[40]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,8 35-37 -2/= - 35-36 -2/-1 - 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 31,7 24-26 -1/+1 - 25-26 =/+1 - 24-25 -1/=
BNG 19,9 13-15 =/+2 - 14 +1 - 13 =
Outros 0 = 0 = 0 =

A campaña

A campaña electoral desenvolveuse entre o 13 e o 27 de febreiro. A pesar de que a TVG fixo unha proposta[41] de debate entre os líderes das tres forzas políticas representadas ata ese momento no Parlamento de Galicia, o debate non tivo lugar,[42] ao considerar o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo que non se daban as condicións de igualdade e representatividade necesarias. Si que se celebraron debates entre os cabezas de lista destas formacións nas distintas circunscricións.

Principais acontecementos

A campaña electoral arrancou coa decisión do PP de apartar o seu cabeza de lista por Ourense, Luis Carrera Pásaro, da carreira electoral, logo de que se filtrase aos medios que non declarara a Facenda[43] unha cantidade de diñeiro pagada por un banco nas Illas Caimán. Porén, e dado que as candidaturas xa foran proclamadas, o nome de Luís Carrera apareceu nas papeletas electorais e concorreu aos comicios.

O BNG foi acusado pola La Voz de Galicia de organizar un mitin nun acto convocado pola Vicepresidencia da Xunta en Oia[44]; os nacionalistas responderon[45] que fora un erro da organización do acto, promovido por unha asociación pontevedresa, e no que non estaban implicados nin a Xunta de Galicia nin a fronte nacionalista.

Na última semana da campaña sucedéronse as acusacións entre os partidos políticos: La Voz de Galicia e ABC publicaron[46][47] como actual unha fotografía onde se vía o candidato do BNG, Anxo Quintana, nun iate co construtor Jacinto Rey; ao día seguinte, El Correo Gallego sinalou[48] que a fotografía xa fora publicada por ese xornal en 2005. O Partido Popular repartiu información en Celanova acusando os partidos no goberno de querer roubarlles as terras e as vivendas aos veciños[49]; o presidente da deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, insultou[50] o conselleiro de Medio Ambiente e candidato por Ourense, Pachi Vázquez, e insinuou que Quintana era un maltratador[51], polo que tivo que ser apercibido en público polo candidato popular, Núñez Feijóo[52].

Persoeiros

Nos actos de campaña participaron diversos líderes políticos estatais, como Felipe González[53] ou José Luis Rodríguez Zapatero[54] na banda socialista, Mariano Rajoy[54] e Alberto Ruiz-Gallardón[55] nas filas populares, ou Rosa Díez, por UPyD.

Lemas

  • PPdeG: Chegou o momento. Empezamos
  • PSdeG: O presidente. Dálle máis forza
  • BNG: Con valentía, sen ataduras. Queremos máis!
  • EU-IU: Revela a realidade, rebélate!
  • FPG: Coa nación na esquerda.
  • TEGA: A túa xente, a túa terra.
  • NÓS-UP: GZ pola independência.

Resultados

Número de votos que obtiveron as principais candidaturas[56]:

Máis información Presidente e goberno, Partido ...

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

Presidente e goberno Partido Candidato Votos  % +/- Escanos +/-
PP Alberto Núñez Feijóo 789.427 46,7 % 38 +1
PSdeG-PSOE Emilio Pérez Touriño 524.488 31,0 % 25 =
BNG Anxo Quintana 270.712 16,0 % 12 -1
UPyD - [57] 23.796 1,41 %
TeGa Xoán Gato 18.726 1,11 %
EU-IU Yolanda Díaz 16.441 0,97 %
Verdes - 5.911 0,35 %
PU+J - 3.507 0,21 %
FPG Xosé Luís Méndez Ferrín 2.903 0,17 %
Nós-UP - 1.510 0,09 %
PH - 1.227 0,07 %
DO - 1.066 0,06 %
Máis Galicia Xermán Tobío 923 0,05 %
FE-JONS - 675 0,04 %
SAIn - 420 0,02 %
GU - 369 0,02 %
UCL - 311 0,02 %
SDD - 262 0,02 %
AVE - 230 0,01 %
Pechar

Parlamentarios electos

Pola provincia da Coruña

Pola provincia de Lugo

Pola provincia de Ourense

Pola provincia de Pontevedra

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia

A votación para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia tivo o seguinte resultado:

Máis información Candidato, Data ...
Candidato Data Voto Total
Thumb
Alberto Núñez Feijoo
(PPdeG)
16 de abril de 2009
Maioría requirida:
Absoluta (38/75)
Si 38
38 / 75
No 24 12
36 / 75
Abstención
0 / 75
Faltou á votación un deputado do PSdeG-PSOE
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.