programa de TV de España From Wikipedia, the free encyclopedia
El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007[1][2].
El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2 833 000 espectadores, o que lle reportou unha cota de pantalla do 16,2%[3]. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2 731 000 espectadores e un share máximo do 14.6%[4].
Tempada | Canle | Programas | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | |||||||
1.ª | Cuatro | 35 | 24 de setembro de 2006 | 3 de xuño de 2007 | 1.127.000 | 9,7% | ||
2.ª | 152 | 17 de setembro de 2007 | 9 de xuño de 2008 | 1.747.000 | 9,7% | |||
3.ª | 201 | 1 de setembro de 2008 | 29 de xuño de 2009 | 1.988.000 | 11,0% | |||
4.ª | 169 | 31 de agosto de 2009 | 7 de xullo de 2010 | 1.610.000 | 8,7% | |||
5.ª | 164 | 26 de agosto de 2010 | 30 de xuño de 2011 | 1.517.000 | 8,1% | |||
6.ª | Antena 3 | 166 | 5 de setembro de 2011 | 12 de xullo de 2012 | 2.199.000 | 11,3% | ||
7.ª | 162 | 3 de setembro de 2012 | 4 de xullo de 2013 | 2.254.000 | 11,2% | |||
8.ª | 170 | 2 de setembro de 2013 | 17 de xullo de 2014 | 2.451.000 | 12,8% | |||
9.ª | 164 | 1 de setembro de 2014 | 9 de xullo de 2015 | 2.609.000 | 13,5% | |||
10.ª | 161 | 31 de agosto de 2015 | 11 de xullo de 2016 | 2.887.000 | 15,4% | |||
11.ª | 159 | 5 de setembro de 2016 | 5 de xullo de 2017 | 2.696.000 | 14,8% | |||
12.ª | 161 | 4 de setembro de 2017 | 5 de xullo de 2018 | 2.783.000 | 15,0% | |||
13.ª | 163 | 3 de setembro de 2018 | 3 de xullo de 2019 | 2.561.000 | 14,4% | |||
14.ª | 162 | 2 de setembro de 2019 | 2 de xullo de 2020 | 2.408.000 | 13,9% | |||
15.ª | TBA | 7 de setembro de 2020 | TBA | |||||
Total | 2006 |
O programa conseguiu algo de atención internacional en 2006 por ter a xente camiñando a través dunha piscina rechea dun fluído non newtoniano, unha solución de maicena e auga que foi mesturada nun camión formigoneira. Este experimento foi realizado nun programa de outubro de 2006 e foi repetido cunha nova mestura no episodio especial de Noiteboa debido a súa popularidade.[33] Ademais, en 2011 coñeceuse que o vídeo deste experimento foi empregado para explicar a uns alumnos da Universidade de Harvard o funcionamento da mestura. Ademais, realizouse o experimento por terceira vez.
En 2007, El Hormiguero recibiu numerosos premios, como o Premio Ondas ou o premio ao mellor programa de entretemento infantil.[Cómpre referencia] O programa ten moito éxito entre o público infantil e nos xoves. A súa antiga canle, Cuatro, elixiuno como o mellor programa da súa canle, lamentando gravemente a perda deste.
En 2008 cando aínda conducía o seu espazo en Cuatro e non en Antena 3, Pablo Motos e Marron –un dos seus colaboradores – estaban inaugurando unha sección arriscada en El hormiguero («Supervivencia en casos extremos») e case lles custou un desgusto grave. O presentador e o seu acompañante introducíronse nun caldeiro de cristal que foi enchido de cortiza branca para demostrar como sobrevivir unha avalancha, mais o experimento saíu mal e estiveron a piques de asfixiarse, especialmente Marron, que resultou o máis afectado. De feito, foi el quen, cos seus golpes, pediu que abrisen a caixa para poder saír.
En maio de 2011, Mediaset España anunciou a saida de El hormiguero da grella de Cuatro, ao parecer, por diverxencias económicas entre a produtora 7 y acción e Mediaset España. [Cómpre referencia] Poucos días despois anunciouse a fichaxe do programa por Antena 3 onde se emite desde o 5 de setembro de 2011. A mediados de xuño, nas promocións da canle principal de Atresmedia, e tras sucesivas promocións do programa baixo o lema En ocasiones veo treses, deuse a coñecer o que sería o título do programa na súa etapa por Antena 3: mantendo El hormiguero pasou de ser El hormiguero 2.0 a ser El hormiguero 3.0, en clara referencia ao 3 de Antena 3.
Na edición do programa 25 de outubro de 2011, á que acudía como convidado Dani Martín,[34] este foi protagonista dun truco de maxia cunha guillotina durante o cal se finxía que este salía mal e era decapitado de maneira real. Como parte do montaxe, puídose oír a Pablo Motos, pedir a gritos ao camarógrafo que deixara de gravar xusto antes de saír a publicidade, e ao finalizar esta Motos declarou que houbera un problema e que darían explicacións no próximo programa, terminando así a emisión en nota de alarma. A falsa decapitación de Dani Martín en El hormiguero 3.0 causou un rebumbio na rede,[35] dividíndose os usuarios en dous grupos, os que estaban a favor da broma e os que expresaron a súa indignación polo sucedido. Finalmente, o equipo de El hormiguero 3.0 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente por non ter aclarado o sucedido antes de finalizar a retransmisión do programa.[36]
En abril de 2017 o programa tivo unha forte polémica. Con motivo de promocionar a serie de Netflix, Las chicas del cable, o elenco fiminino foi a ser entrevistado. Varios medios criticaron o enfoque e as preguntas que realizaba Motos, incluíndo preguntas como se bailaban reaggeton ou que Ahora las chicas se dividen entre las que saben perrear y las que no.[37]
O 11 de setembro de 2019, El Hormiguero ofreceu un premio curioso ao portador dun billete de 10 euros,[38] converténdose en todo un fenómeno viral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.