canle de TV xeralista privada de España From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuatro é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV e R en España. Empezou a emitir o día 7 de novembro de 2005 por reconversión da concesión da canle analóxica nacional pola que emitiu desde 1990 a canle de pago do grupo, Canal+. Desde a mesma data, a emisión de Cuatro tamén está dispoñible con ámbito nacional a través de TDT.
Cuatro | |
---|---|
Logo de Cuatro. | |
Inicio das emisións | 7 de novembro de 2005 |
Fundado por | Grupo PRISA |
Propiedade de | Mediaset España |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 6% (xullo de 2013, FormulaTV) |
Slogan | Practica Cuatro ¡Te queremos! Tenía que ser Cuatro |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | Fuencarral, Madrid (antiga sede Tres Cantos) |
Canle/s irmá(s) | Telecinco Factoría de Ficción Divinity Energy Boing Telecinco HD Cuatro HD |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 67 |
Satélite | |
Digital + | Dial 14 |
Cable | |
ONO | Dial 4 |
R | Dial 114 |
Euskaltel | Dial 4 |
Telecable | Dial 4 |
IPTV | |
Imagenio | Dial 4 |
Orange TV | Dial 4 |
Jazztelia TV | Dial 4 |
Televisión por Internet | |
Directo | cuatro.com |
Directo | mitele.es |
Á carta | mitele.es |
Na rede | |
Páxina web de Cuatro | |
En febreiro de 2005, o consello de administración de Sogecable (empresa propietaria de Canal+ e Digital+) solicita ó Consello de Ministros a modificación das condicións subscritas en 1989 co Goberno, para eliminar as restricións da licenza de televisión analóxica coa que opera Canal+, que só permiten emitir en aberto durante seis horas, e poder así facelo 24 horas diarias.
O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero decidiu pospoñer varios meses o troco de licenza de Canal+ ata obter un informe do Consello de Estado a petición de Sogecable e, o máis importante, chegar a un acordo cos outros grupos. O acordo cos grupos dos medios chegou tras concederlles un multiplex completo (4 canles) a cada un deles tralo apagamento analóxico de 2010.
Finalmente, o Consello de Ministros, tras recibir o informe favorable do cambio de licenza a Canal+, decidiu en sesión do 29 de xullo de 2005, cambiar as condicións da licenza de Canal+. Tamén se decidiu iniciar un concurso para adxudicar unha nova licenza analóxica de televisión, que finalmente acabou concedéndose á canle laSexta.
Tralo visto e prace do Consello de Ministros, Sogecable fixo público un comunicado no que especificaba que en outono Sogecable lanzaría a súa nova canle de televisión en aberto a través da frecuencia analóxica pola que emitía Canal+. Dito comunicado tamén aclaraba que Canal+ pasaría a emitirse unicamente pola plataforma Digital+.
O 30 de agosto de 2005 Sogecable a través da Cadena SER anuncia que Iñaki Gabilondo, a súa principal estrela, director e presentador do programa Hoy por Hoy durante os dezanove anos anteriores, deixaba a dirección deste programa para ser o presentador do informativo nocturno da nova canle.
Cuatro fíxose cos dereitos do Mundial de Alemaña 2006 despois de comprarllos a laSexta. Os partidos emitidos deste campionato proporcionáronlle un enorme éxito de audiencia.
Ademais é unha das canles que máis aposta pola ficción: tivo en antena máis de 31 series estranxeiras á vez (de aí o seu slogan "Las series eligen Cuatro"). Nos Globos de Ouro de 2007, nunha cerimonia celebrada na cidade dos Ánxeles (EUA) o día 15 de xaneiro de 2007, todas as series premiadas eran emitidas por Cuatro. House, The Closer e Anatomía de Grey, esta última considerada a mellor serie do ano, emitíanse nese momento, e a cuarta, Ugly Betty proximamente.
Xunto con Telecinco e Energy creou a marca Mediaset Sport, adicada á xestión dos dereitos deportivos do grupo Mediaset España Comunicación como son MotoGP, UEFA Europa League a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012...
O 18 de decembro de 2009, Mediaset, accionista maioritario de Mediaset España Comunicación, e PRISA, dona da totalidade de Prisa TV, presentaron un acordo de fusión das súas canles de televisión en aberto, Telecinco e Cuatro. Tras o acordo de fusión, Cuatro e a súa licenza de emisión separáronse de Prisa TV, e esta empresa foi adquirida na súa totalidade por Mediaset España Comunicación. Xunto con este acto, PRISA obtivo accións de nova emisión de Mediaset España Comunicación, do 18% do capital social desta empresa.
Previamente a este acordo, formalizouse a entrada de Mediaset no accionariado de Digital+, co 22% das accións.
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.
Ano | Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 4,2%** | 4,9% | 0,8%[3] |
2006 | 5,0% | 5,3% | 5,6% | 5,8% | 6,2% | 7,5% | 7,1% | 6,8% | 6,5% | 6,7% | 7,0% | 7,2% | 6,4%[3] |
2007 | 7,5% | 7,5% | 7,7% | 7,8% | 8,1% | 8,1% | 7,8% | 7,3% | 7,2% | 7,4% | 7,8% | 7,8% | 7,7%[3] |
2008 | 8,3% | 8,6% | 8,7% | 9,1% | 7,8% | 13,1%* | 8,0% | 7,6% | 7,7% | 7,5% | 8,2% | 8,4% | 8,6%[3] |
2009 | 8,5% | 9,0% | 9,0% | 9,0% | 8,6% | 8,9% | 7,5% | 7,5% | 7,4% | 7,9% | 7,8% | 7,6% | 8,3%[3] |
2010 | 7,3% | 6,3% | 6,7% | 6,9% | 6,5% | 8,6% | 7,7% | 7,2% | 7,5% | 7,0% | 6,6% | 6,5% | 7,0%[3] |
2011 | 6,3% | 6,5% | 6,5% | 6,4% | 6,3% | 6,4% | 6,1% | 5,9% | 5,7% | 6,0% | 5,5% | 5,8% | 6,1%[3] |
2012 | 6,0% | 6,3% | 6,4% | 5,9% | 5,5% | 6,8% | 5,7% | 5,5% | 5,9% | 5,6% | 5,7% | 6,2% | 6,0%[3] |
2013 | 5,8% | 6,2% | 5,9% | 5,6% | 5,8% | 6,4% | 6,0% | 6,1% | 6,4% | 5,9% | 5,8% | 5,7% | 6,0%[3] |
2014 | 6,2% | - |
1. Comezou a súa primeira emisión o 7 de novembro | * Máximo histórico | ** Mínimo histórico
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.