Diogo Cão
navegante e explorador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
navegante e explorador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Diogo Cão, nado probabelmente en Vila Real[1] cara a 1440 e finado posibelmente no río Congo cara a 1486, foi un explorador e navegante portugués, un dos máis importantes da era dos descubrimentos. Fixo dúas viaxes navegando ao longo da costa oeste de África entre 1482 e 1486 ao servizo de Xoán II de Portugal. Foi o primeiro europeo coñecido que avistou a foz do río Congo e que o remontou nos seus quilómetros navegábeis, e en explorar a costa desde o cabo de Santa Catarina (Gabón), case no Ecuador, e o cabo Cross, preto de Walvis Bay, na costa da actual Namibia.
Diogo Cão chegando ao Reino do Congo | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ca. 1440 Vila Real (probabelmente) |
Morte | ca. 1486 Río Congo (segundo se di) |
País de nacionalidade | portuguesa |
Q89547790 | ser o descubridor do Reino do Congo, primeiro contacto dos europeos con habitantes do territorio hoxe coñecido como Angola |
Actividade | |
Ocupación | navegante e explorador |
Empregador | Reino de Portugal |
Familia | |
Fillos | Pedro Cão Manuel Cão André Afonso Cão Isabel Cão |
Pai | Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:1) |
Pouco se sabe dos seus primeiros anos. Era fillo natural de Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão, fidalgo da Casa Real portuguesa.[2] Álvaro Fernandes o Gonçalves Cão, hidalgo de la Casa Real, el mesmo fillo ilexítimo de Gonçalo Cão. Sendo fillo de militar, entrou na mariña aos 14 anos, chegando a capitán en 1480.
Escudeiro da Casa de Xoán II de Portugal,[3] foi enviado por este a varias expedicións. Realizou dúas viaxes de descubrimento da costa suroeste africana, entre 1482 e 1486.
Chegou á foz do río Congo, que sinalou cun padrão ou piar de pedra (que aínda existe, pero só algúns fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba,[4] establecendo contacto co reino do Congo até ás fervenzas de Ielala, preto de da actual cidade de Matadi, o límite navegábel, onde erixiu outro padrão. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 no padrão, para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
Na inscrición deste padrão pode lerse:
"Aquí chegaram os navios do esclarecido rei D. João II de Portugal – Diogo Cão, Pero Anes, Pero da Costa"
Cando chegou á foz do río Congo, Diogo Cão pensou que alcanzara o punto máis ao sur do continente africano (que realmente é o cabo da Boa Esperanza), que realmente foi dobrado por Bartolomeu Dias pouco tempo despois.
Estabeleceu as primeiras relacións co reino do Congo, e, en 1485, chegou ao por el denominado denominado cabo da Cruz (na actual Namibia).[5] Introduciu a utilización dos padrões de pedra, en lugar das cruces de madeira, para sinalar a presenza portuguesa nas zonas descubertas.
Recibiu a mercede dun Escudo de Armas por Carta de 14 de abril de 1484. As Armas que lle foran concedidas son: en verde, con dúas columnas de prata, rematadas cada uuha por uuha cruz en azur e firmadas sobre dous montes, moventes dun terreiro, todo da súa cor; timbre: as dúas columnas do escudo pasadas en aspa e atadas en verde.[6]
Segundo din algúns, Cão morreu contra 1486 no río Congo perseguindo un crocodilo.[Cómpre referencia]
Ignórase con quen casou, pero tivo descendencia:
Diogo Cão é citado en diversas obras artísticas, como nos Lusíadas, de Luís Vaz de Camões ou no poema Padrão na obra Mensagem de Fernando Pessoa. O navegante é tamén un personaxe na novela As Naus, de António Lobo Antunes.
Foi tamén o primeiro navegante que utilizou un padrão de pedra no acto da marcación.
Imprimíuse un billete de 1 angolar da Provincia Ultramarina de Angola, así como selos da metrópole e das colonias coa súa imaxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.