lingua falada polos Kongos que viven en Angola e os dous Congos From Wikipedia, the free encyclopedia
O congo[2] (kikongo ou kongo) é a lingua bantú falada polo pobo congo, os habitantes dos bosques tropicais da República Democrática do Congo, do República do Congo e de Angola.
Congo Kikongo | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kongo | |
Falado en: | Angola República Democrática do Congo República do Congo | |
Rexións: | África Central | |
Total de falantes: | 10 millóns | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-Congo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | República Democrática do Congo (nacional), República do Congo (dialecto kituba, como lingua rexional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kg | |
ISO 639-2: | kon | |
ISO 639-3: | kon
| |
SIL: | KON
| |
Mapa | ||
Extensión da lingua congo. | ||
Status | ||
Foi utilizada como lingua franca nos séculos XVIII e XIX en boa parte de África occidental, especificamente onde os europeos tomaban escravos para levalos para América.
Por esta razón, a lingua congo sobrevive aínda, nun grao limitado, no Caribe, mais a maioría dos seus falantes viven en África.
Hai sete millóns de falantes nativos de congo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.
Desde 2006 ten o status oficial e legal de lingua nacional na República Democrática do Congo, de acordo a constitución de dito país, xunto ao francés, o lingala, o suahili e o tshiluba.
Un dos seus principais dialectos, o kituba, está recoñecido como lingua rexional na República do Congo.
As principais formas dialectais do congo son: kimañanga, kintandu, kiyaka, kizombo, kiyombe, kisuku, kilaadi, kibuembe, kifioti e kinzamba.
Comparado con outras linguas bantús, incluíndo os demais dialectos do congo, o Kikongo ya Leta ten unhas regras morfolóxicas moi simples, sen prefixos nominais nin verbais, nin existe a concordancia entre os substantivos e as palabras que dependen destes (pronomes, adxectivos ou verbos).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.