Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas níxer-congo,[1] son probablemente a familia (ou macrofamilia) con maior número de linguas do mundo, con case 1.400, que contan cuns 400 millóns de falantes en África. Caracterízanse por usar un sistema amplo de clases nominais (agás o mandé) e o uso preponderante de prefixos máis ca de sufixos.
O pioneiro no estudo das linguas africanas foi o misioneiro alemán Sigismund Koelle, quen, en 1854, estudou as linguas atlánticas, mandés e gur. Os lingüistas alemáns Bleek, Meinhof, Lepsius e Westermann (séculos XIX e XX) estudaron as linguas bantús e atoparon interrelacións con outras linguas africanas.
Joseph Greenberg foi o primeiro en identificar os límites desta familia: seguindo a Westermann, determinou que as linguas sudánicas non constituían un grupo válido, pois as centrais e orientais formaban parte das linguas nilo-saharianas e as occidentais denominounas mandés (de mandinga). Ao relacionar as linguas mandés coas bantús, definiu a familia níxer-congo, que logo no seu libro Languages of Africa relaciona coas linguas kordofanianas nunha familia maior que denominou níxero-kordofaniana. Nun inicio a maioría de lingüistas desbotaban esta teoría, mais logo tornouse a visión prevalecente; aínda que as linguas kordofanianas aínda non están ben definidas como grupo.
Se ben a opinión maioritaria entre os africanistas é que as linguas níxer-congo forman unha unidade filoxenética válida, aínda non se puido reconstruír a protolingua, e existen moitas dúbidas sobre a clasificación interna. Algúns lingüistas recoñecidos como R. M. W. Dixon non consideran que se poida afirmar que sexa unha familia correctamente establecida, dada a evidencia dispoñible.
As ramas e linguas principais da familia de linguas níxer-congo son as seguintes:[2]
O laal, o mpre (extinto), o jalaa e o mbre (ou pre) considéranse níxer-congo, mais non foron clasificados con certeza.
Distribución das linguas níxer-congo. |
Non existe unha reconstrución adecuada do proto-níxer-congo, existen reconstrucións das protolinguas que deron orixe a varios dos subgrupos. Por esta razón, existen certas dúbidas sobre as relacións das diferentes ramas da familia, debéndose por isto considerar calquera clasificación das relacións internas como provisional.
A seguinte árbore amosa as relacións entre os grupos níxer-congo postuladas por Bendor-Samuel (1989):[3]
Níxer‑congo |
| |||||||||||||||||||||||||||
Propúxose o grupo congo-sahariano relacionando as linguas nilo-saharianas coas níxer-congo (Gregersen, 1972).[4] Outra proposta máis actual (Blench, 1995-2006) formula a macrofamilia nixerosahariana, onde as linguas níxer-congo son simplemente unha póla das nilo-saharianas relacionadas coas linguas sudánicas centrais.[3][5] Mais estas teorías aínda son vistas con reserva pola maioría de lingüistas.
O seguinte cadro resume algunhas das características dos grupos tradicionais que se distinguen dentro das linguas níxer-congo:
Linguas Atlánticas |
Linguas Mandés |
Linguas Gur |
Adamawa- Ubangi |
Linguas Kwa |
Linguas Benue-Congo | |
---|---|---|---|---|---|---|
Mutación inicial | + | - | - | - | - | - |
Linguas tonais | - | (+) | + | ? | + | + |
Clases nominais | + | - | + | + | ? | + |
Prefixos nominais | + | - | - | - | + | + |
Sufixos nominais | + | + | + | + | - | - |
Orde sintáctica | SVO | SOV | SVO (SOV) | SVO | SVO | SVO |
Preposicións | + | (+) | (+) | + | + | + |
Postposicións | - | + | + | - | - | - |
Conx. con auxiliares | + | + | ? | + | - | |
Flexión verbal | - | - | + | - | + |
O signo + indica unha clara presenza de certa característica, - a súa ausencia e (+) unha lixeira tendencia a presentar a característica.
A táboa anterior construíse sobre unha evidencia limitada:
As linguas níxer-congo teñen unha marcada tendencia a ter sílabas abertas do tipo CV (= Consoante + Vogal). A estrutura fonotáctica típica do antecesor común crese que podería ter sido CVCV, estrutura que aínda se mantén nalgunhas linguas bantús, nas linguas mandés e nas linguas ijo (nalgunhas outras linguas os cambios fonéticos reduciron esta estrutura básica).
Ademais da ausencia de grupos consonánticos, frecuentemente as linguas níxer-congo presentan a ocorrencia de consoantes prenasalizadas /mb, nd, ŋg/. Algúns autores consideran que a alternacia entre unha consoante simple (non mutada) e a súa correspondente prenasalizada (mutada) era regular en proto-níxer-congo.
É frecuente en moitas linguas níxer-congo a aparición de harmonía vocálica asociada ao trazo fonolóxico do avance da raíz da lingua (mentres que outras linguas con harmonía vocálica fóra de África, adoitan basear dita harmonía no redondeamento vocálico).
Fóra das xeneralidades anteriores presentes nas linguas modernas, a fonoloxía histórica da familia non se coñece ben xa que non se conta cunha reconstrución adecuada do proto-níxer-congo (só se teñen reconstrucións para algúns dos grupos). A falta dunha reconstrución completa dificulta a clasificación interna das diferentes ramas. Algúns autores buscaron unha aproximación ao proto-níxer-congo comparando reconstrucións parciais. Por exemplo comparando o proto-potou-akán e o proto-bantú, J. M. Stewart (2002) fai unha aproximación do proto-níxer-congo (en realidade é a clasificación interna comunmente aceptada do proto-Volta-Congo meridional) de acordo con esta reconstrución toda consoante ten dúas formas en distribución complementaria: grao non mutado / grao mutado. No grao non mutado unha consoante xeralmente é un alófono non nasal (aínda que as non mutadas aproximantes son nasalizadas), mentres que no grao mutado a consoante ten un alófono prenasalizado ou nasal. As raíces teñen a forma usual C1V1(C2V2), o inventario reconstruído para as consoantes que aparecen en primeiro lugar (C1) é:[7]
Para cada par de fonemas da táboa o primeiro é o alófono que aparece ante vogal non nasal (grao non mutado) e o segundo o que aparece ante vogal nasal (grao mutado). Neste sistema destaca a ausencia de africadas ou fricativas, unha característica tamén presente en proto-bantú e en proto-potou-akan.
En canto ao inventario vocálico reconstrúense polo menos 7 timbres (ademais da oposición de nasalidade):[8]
As linguas níxer-congo son normalmente linguas flexivas cunha morfoloxía nominal complexa que frecuentemente inclúe xénero gramatical (clases nominais). Non obstante, algúns grupos como o mandé non comparten gran parte da morfoloxía típica do resto de linguas.
Os verbos xeralmente constan dunha raíz seguida dun ou máis sufixos flexivos. Os nomes consisten nunha raíz precedida dun prefixo que indica a clase nominal da forma (C)V-.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.