Robert Malcolm Ward Dixon

lingüista australiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Robert Malcolm Ward Dixon, nado en Gloucester, Inglaterra o 25 de xaneiro de 1939,[1] é un lingüista británico, profesor de lingüística no Cairns Institute, James Cook University, Queensland, e anteriormente director do Research Centre for Linguistic Typology na Universidade da Trobe, Melbourne, Australia.[2]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Robert Malcolm Ward Dixon
Nome orixinal(en) Robert M. W. Dixon
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1939 (86 anos)
Gloucester, Reino Unido
EducaciónNottingham High School (en)
Universidade Nacional Australiana
Actividade
Lugar de traballo Melbourne
Ocupaciónlingüista
EmpregadorUniversidade James Cook (pt)
Familia
CónxuxeAlexandra Aikhenvald
Premios
Pechar

Áreas de investigación

Dixon investigou en moitas áreas da teoría lingüística e realizou traballos de campo, tanto con falantes de linguas aborixes de Australia como na Amazonia. Publicou gramáticas do dyirbal[3] e o yidiny,[4] así como de linguas non australianas como o Boumaa Fidxi[5] e o jarawara.[6]

En lingüística histórica, Dixon caracterizouse por ter unha postura moi firme e intrasixente respecto ó rigor preciso para aceptar o parentesco entre diferentes grupos de familias, rexeitando por completo a maioría de macrofamilias propostas alegando que as probas non son concluíntes.[7] No eido da lingüística australiana rexeita radicalmente que as linguas pama-nyunganas formen unha familia lingüística ben estabelecida, argumentando que algunhas das semellanzas son o resultado da difusión lingüística e non unha mostra de parentesco xenético xenuíno. Tamén rexeita o uso do modelo de árbore filoxenética en moitas circusntancias, argumentando que só en certas ocasións devandito modelo é unha representación aceptable. Propuxo un modelo de evolución lingüística baseado no modelo de equilibrio puntuado da bioloxía evolucionista, defendendo que ese é o modelo correcto para explicar a diversificación das linguas aborixes australianas e amazónicas. A súa obra The Rise and Fall of Languages discute polo miúdo esas propostas.[8] Aínda que ese traballo foi criticado por algúns australianistas máis tradicionais.[9]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.