Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas volta-congo son a principal rama de primeiro nivel dentro da familia níxer-congo, cun total de 350 millóns de falantes. O nome da familia provén de que a maioría de linguas fálanse nas ribeiras dos ríos Volta e Congo.
O traballo comparativo realizado por John M. Stewart na década de 1960 e de 1970 axudou a establecer a unidade filoxenética das linguas volta-congo e abriron claros da súa estrutura interna, mais os resultados seguen a ser inconclusos.
Williamson e Blench (2000) encontraron que en moitos casos é difícil precisar liñas claras entre os diferentes grupos de linguas volta-congo e suxeriron que isto podería indicar que se deu unha diversificación dun continuo xeolectal máis que unha clara separación entre unidades filoxenéticas. Isto mesmo fora suxerido antes por Bennet (1983 citado en Williamson e Blench 2000:17) para o caso das lenguas Gur e as linguas Adamawa-Ubangi, que moitos autores agrupan xuntas baixo o nome de linguas da sabana. Tamén Elugne e Williamson (1976) na súa reconstrución do proto-ẹdo e o proto-ịjọ, dous subgrupos das linguas kwa encontraron que o proto-ẹdo-ịjọ presentaría características usualmente asociadas coas linguas Benué-Congo polo que a diferenza filoxenética entre os dous grupos non parecía xustificada.
Outras ramas da familia son as linguas kru e as linguas senufo. As linguas bantú que é o grupo máis coñecido e particularmente numeroso formado por multitude de linguas, sendo de feito un subgrupo das linguas Benué-Congo.
Segundo Williamson e Blench 2000,[1] existen as seguintes ramas:
Segundo Bendor-Samuel 1989,[2] as relacións entre grupos son as seguintes:
Volta‑congo |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Algúns autores como Victor Manfredi consideran que a división kwa debe ser revisada e propoñen dividir o grupo kwa en dous grupos, un máis relacionado co que actualmente se chama Benue-Congo (denominado BK-1) e outro máis relacionado coas linguas gbe (BK-2), este segundo grupo estaría caracterizado por algunhas innovacións comúns.[3]
Os sistemas vocálicos das linguas Volta-Congo foron obxecto dun grande debate na lingüística histórica.
Casali (1995) defende a hipótese de que o proto-Volta-Congo tivera nove ou dez vogais e un sistema de harmonía vocálica e que posteriormente este inventario reduciríase a un sistema de sete vogais en moitas linguas Volta-Congo. As linguas das montañas de Togo e Ghana son exemplos onde aínda están presentes sistemas de nove ou dez vogais. Por outra parte Stewart (2002) reconstrúe 7 vogais orais e 7 vogais nasais para o proto-Volta-Congo meridional (ou máis estritamente unha aproximación ao mesmo baseado en correspondencias entre o proto-potou-akan e o proto-bantú):
Non existe unha reconstrución completa do proto-Volta-Congo que empregue todas as linguas da familia, aínda que existe unha aproximación razoable de J. M. Stewart do proto-Benue-Kwa (Volta-Congo meridional) feira comparando só o proto-potou-akan e o proto-bantú. De acordo con esta reconstrución toda consoante ten dúas formas en distribución complementaria: grao non mutado / grao mutado. No grao mutado unha consoante xeralmente é alófona non nasal (aínda que as non mutadas aproximantes son nasalizadas), mentres que o grao mutado a consoante ten un alófono prenasalizado ou nasal. As raíces teñen a forma usual C1V1(C2V2), o inventario reconstruído para as consoantes que aparecen en primeiro lugar (C1) é:[4]
Para cada par de fonemas da táboa o primeiro é o alófono que aparece ante vogal non nasal (grao non mutado) e o segundo o que aparece ante vogal nasal (grao mutado). Neste sistema destaca a ausencia de africadas ou fricativas, unha característica tamén presente en proto-bantú e en proto-potou-akan.
Os numerais reconstruídos para diferentes grupos de linguas volta-congo son:
GLOSA | Volta-congo setentrional |
Volta-congo meridional | ||
---|---|---|---|---|
PROTO- KRU |
PROTO- SENUFO |
PROTO- GUR |
PROTO- BENUE-KWA | |
'1' | *ɓlo *doː | *niŋgb͡ĩ | *dig- / *-dum | *-ɗĩ / *-kp͡a |
'2' | *sɔ̃ː- | *sɔ̃ːni | *lia / *-ɲo | *-badi |
'3' | *tãːr | *tãːri | *tãːri | *-tãri |
'4' | *ɲiyɛ̃̀hɛ | *ti-cɛːre | *naːsi | *-nai |
'5' | ? | *kankuro | *nom | *ton- |
'6' | *5+1 | *kogo-ni | *-lo-du | |
'7' | *5+2 | *5+2 | *-lo-pɛ | |
'8' | *5+3 | *5+3 | *-lo-tãːri | |
'9' | *5+4 | *5+4 | *10-1 | |
'10' | *kʊɡb͡a *pu | *kɛ | *pi- | *-wo- |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.