Vogal pechada
tipo de son vocálico From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha vogal pechada (modernamente prefírese a denominación vogal alta) é un son vocal cuxa pronuncia require unha abertura mínima entre a lingua e o padal, sen chegar a crear fricación. Para producir estes sons, colócase a lingua nunha posición alta na boca. Acusticamente caracterízanse porque a súa primeira frecuencia formante é inferior a uns 400 Hz, fronte ás vogais máis abertas cuxo primeiro formante ten unha frecuencia máis alta.

Editar | Anterior | Semianterior | Central | Semiposterior | Posterior |
Pechada | |||||
Case pechada | |||||
---|---|---|---|---|---|
Semipechada | |||||
Intermedia | |||||
Semiaberta | |||||
Case aberta | |||||
Aberta |
- Véxase tamén: Alfabeto Fonético Internacional e Consoante.
Onde os símbolos aparecen en parellas,
o da dereita representa unha vogal redondeada.
o da dereita representa unha vogal redondeada.
O AFI identifica seis vocais pechadas:
- A vogal pechada anterior non redondeada [i]
- A vogal pechada anterior redondeada [y]
- A vogal pechada central non redondeada [ɨ]
- A vogal pechada central redondeada [ʉ]
- A vogal pechada posterior non redondeada [ɯ]
- A vogal pechada posterior redondeada [u]
Véxase tamén
Bibliografía
- Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. p. 65-69. ISBN 978-84-8341-060-8.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.