From Wikipedia, the free encyclopedia
As consoantes palatais son consoantes articuladas co corpo da lingua elevado contra o padal duro (a parte media da cavidade superior da boca). As consoantes articuladas co ápice da lingua curvada cara a atrás contra o padal chámanse retroflexas.
As consoantes palatalizadas son consoantes con outra articulación primaria que teñen como articulación secundaria a articulación palatal, é dicir, estas consoantes pronúncianse ademais de coa obstrución ou estreitamento no punto de articulación primario articúlanse coa elevación da parte media de lingua cara ó padal duro. Este tipo de articulación palatalizada é común en moitos fonemas das linguas eslavas e en moitas consoantes palato-alveolares doutras linguas.
As consoantes palatais que teñen signos específicos no Alfabeto Fonético Internacional son:
AFI | Descrición | Exemplo | |||
---|---|---|---|---|---|
Lingua | Ortografía | AFI | Significado | ||
Nasal palatal | Castelán | año | [aɲo] | 'Ano' | |
Oclusiva palatal sorda | Húngaro | hattyú | [hɒcːuː] | 'cisne' | |
Oclusiva palatal sonora | Margi | ɟaɗí | [ɟaɗí] | 'chepa dunha vaca' | |
Fricativa palatal sorda | Alemán | nicht | [nɪçt] | 'non' | |
Fricativa palatal sonora | Castelán | rayo | [raʝo] | 'raio' | |
Aproximante palatal | Inglés | yes | [jɛs] | 'si' | |
Aproximante lateral palatal | Italiano | gli | [ʎi] | 'os' (masculino plural) | |
Implosiva palatal sonora | Suahili | hujambo | [huʄambo] | 'ola' | |
clic palatal | Nǁng | ǂoo | [ǂoo] | home |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.