Escudo portugués
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
O Escudo portugués, simbolizado polo cifrão (como o símbolo do dólar [$], pero con dúas barras verticais), foi a moeda oficial de Portugal antes do euro. O escudo deu orixe a outras variacións de Escudo nas colonias portuguesas africanas e asiáticas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escudo (homónimos).
Para o escudo de Portugal véxase: Escudo de Portugal.
Escudo portugués † | |
---|---|
Escudo português en portugués | |
Código: | PTE |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | ou $ cando o outro non está dispoñible |
Fracción: | 100 centavos |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 centavos (non emitidas) 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 Escudos |
Billetes: | 500, 1000, 2000, 5000 e 10000 Escudos |
Emisor: | Banco de Portugal |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 200,482 PTE |
O seu código segundo a norma ISO 4217 é PTE.
A seu nome provén da imaxe que aparecía representada nas primeiras moedas dese valor: un escudo. Eran de ouro de 18 quilates, e valía 50 marcos.
Malia que o euro entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2002, o escudo tivo validez ata o 28 de febreiro dese mesmo ano. A taxa de conversión entre escudos e euros foi establecida o 31 de decembro de 1998, sendo fixado o valor de 1 euro en 200,482 escudos.
Remove ads
Historia
No reinado de Duarte de Portugal apareceu o medio-escudo de ouro, do que non se coñece nin o deseño. No reinado de Xoán V cuñáronse tamén as dobras, múltiplos do escudo. Tamén nos reinados de Xosé I, María I e Xoán VI se cuñaron escudos.
O decreto do 22 de maio de 1911 reformou profundamente, baixo o punto de vista técnico, o sistema monetario vixente en Portugal, alterando a denominación de tódalas moedas, o material, o peso, e as dimensións das pezas de bronce, e substituíu o real polo escudo de ouro. Dividido en 100 partes iguais, denominadas "centavos", o escudo correspondía, tanto no valor como no peso de ouro fino, á moeda de 1.000 réis. Como múltiplos, creáronse moedas de ouro, que nunca se chegaron a cuñar, de 2, 5 e 10 escudos, e como submúltiplos, moedas do valor legal de 10, 20 e 50 centavos, e moedas subsidiarias de bronce e níquel de valor legal de 4, 2, 1 e ½ centavos, que, agás a última, chegaron a ser cuñadas.
Despois de 1914, debido á crise provocada pola primeira guerra mundial, o escudo-papel (billetes) experimentou un descenso vertixinoso de valor, acadando a súa menor correspondencia en ouro en xullo de 1924. Desde o segundo semestre de 1926 ata abril de 1928 o escudo sufriu novas desvalorizacións, como consecuencia de dous aumentos de circulación, do agravamento da débeda flutuante interna e externa, e do case total esgotamento das reservas de ouro que o Tesouro Nacional posuía en Londres.
Polo decreto nº 19.869 do 9 de xuño de 1931 lanzáronse as bases dun novo sistema monetario, para manter a estabilización do valor desta moeda. O escudo de ouro continuaba sendo a unidade monetaria, mais cun peso inferior, servindo apenas como moeda-padrón.
Remove ads
Moedas
As moedas en circulación antes da chegada do euro eran as seguintes:
- 1 escudo
- 5 escudos
- 10 escudos
- 20 escudos
- 50 escudos
- 100 escudos
- 200 escudos
Billetes
Última serie
A última serie de cédulas portuguesas, composta de cinco valores, estaba dedicada a importantes navegantes da época dos descubrimentos portugueses.

Véxase tamén
Ligazóns internas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escudo portugués |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads