From Wikipedia, the free encyclopedia
Dalatias licha é unha especie de tiburón selaquimorfo da orde dos escualiformes (Squaliformes) e familia dos dalatíidos (Dalatiidae), única do xénero Dalatias.
Dalatias licha Rango fósil: eoceno medio - actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Dalatias licha (Bonnaterre, 1788) | |||||||||||||||||||
Distribución de Dalatias licha | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A especie foi orixinalmente descrita como Squalus licha polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre en 1788, no seu Tabeau encyclopédique et méthodique des trois regnes de la naturaleza. Despois foi colocada no seu propio xénero, Dalatias, que viña do sinónimo de Constantine Samuel Rafinesque 1810 Dalatias sparophagus para S. licha. Porén, algunhas autoridades argumentaron que D. sparophagus é un nomen dubium, e prefiriron utilizar o seguinte nome de xénero dispoñíbel, Scymnorhinus.[2]
O nome do xénero Dalatias deriva do grego δαλός dalós, "facho".[3] O nome específico licha vén do francés la liche, antigo nome deste tiburón.[4]
Estudos cladísticos comprobaron que os parentes máis achegados de Dalatias licha son os tiburóns d xénero Isistius, cos que comparten varias particularidades da dentición, do esqueleto e a musculatura.[5][6]
Pénsase que Dalatias e Isistius diverxeron evolutivamente pouco despois dos tempos da transición entre o cretáceo e o Terciario (hai 65,5 millóns de anos), como parte dunha radiación adaptativa de escualos nas profundidades do mar en hábitats relativamente superficiais.[5]
Os restos fósiles máis antigos (dentes) que pertencen inequivocamente ao Dalatias licha datan do eoceno medio (entre 43,0-37,0 Ma), e foron achados en Nova Zelandia.[1]
Dalatias licha distribúese case en todas as augas en temperadas e tropicais do globo, pero con poboacións moi distantes entre si, co que hai poucas probabilidades de ointercambio xenético entre elas.[7] Non se rexistrou a súa presenza no Pacífico oriental nin no norte do océano Índico. No Atlántico norte, encóntrase no banco Georges (ao leste do estado de Massachusetts, Estados Unidos) e no norte do golfo de México, no mar do Norte, en particular ao redor das illas Británicas, no oeste e centro do Mediterráneo, en Madeira e os Azores, así como no norte do golfo de Guinea. No océano Índico encóntrase en Suráfrica e Mozambique. No Pacífico, no Xapón, Xava, Australia e Nova Zelandia e nas illas Hawai. Hai un só rexistro desta especie no Atlántico sur, fronte ás costas do Brasil.[2][8][9]
Especie de augas profundas, é común a unha profundidade de 600 m, pero capturáronse exemplares desde a superficie até unha profundidade de 1880 m.[9][10]
Nos Azores este tiburón segrégase por sexos, sendo as femias máis comúns a profundidades duns 1.650 m e os machos en torno aos 412–418 m.[11]
Habita nas zonas exterior e superior do noiro continental, e tamén ao redor das illas oceánicas e montes submarinos.[12] É o único membro da súa familia que adopita encontrarse cerca do fondo do mar, aínda que en ocasións capturouse a menos profundidade.[12]
No seu tracto dixestivo se encontraron peixes óseos pertencentes ás families dos cauliodóntidos, estómidos, arxentínidos, paralepídidos, cloroftálmidos, mictófidos, gonostomátidos, macrúridos, gádidos, merluccíidos, apogónidos, escorpénidos e escómbridos; peixes cartilaxinosos como raias, mixíns, e outros; invertebrados como luras, polbos, anfípodos, isópodos, lagostas, gambas e vermes poliquetos.
É ovovivíparo aplacentario. As femeias paren de 10 a 16 crías que miden uns 30 cm de lonxitude ao naceren.
Os machos maduran sexualmente cando alcanzan entre 77 e 121 cm, e as femeias cando miden de 117 a 159 cm.
Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas augas galegas.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.