Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As mixinas[1][2] (Myxini, do grego antigo μύξα mýxa, "moco"), tamén coñecidos como peixes bruxa ou hiperotretos (Hyperotreti),[3] son unha pequena clase de ágnatos, que inclúe unha soa orde, a dos mixiniformes (Myxiniformes), cunha única familia, a dos mixínidos (Myxinidae) que reúne unhas 60 especies actuais.
Mixíns / Mixinas (Myxini) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mixín do Atlántico (Myxine glutinosa) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
Son peixes mariños, propios das augas frías, con forma de anguía, cubertos por unha substancia mucilaxinosa, e carecen de maxilares.
Constitúen o único grupo de animais considerados como peixes que non pertence ao subfilo dos vertebrados, xa que non teñen un verdadeiro esqueleto interno: o corpo está sustentado pola corda dorsal, e o cranio é incompleto, estando o cerebro protexido apenas por unha vaíña fibrosa.
De acordo con estudos recentes, estes peixes clasfícanse dentro do clado dos Hyperotreti, que pode ser considerado como un subfilo dos cordados.[4]
A boca está rodeada por dous pares de tentáculos. En lugar de mandíbulas, os mixíns teñen dúas estruturas que se poden desprazar horizontalmente coas que se adhiren á súa presa. Adoitan alimentarse das vísceras de animais de maior tamaño, introducíndose ás veces en exemplares vivos para roelos; porén, polo xeral son necrófagos. A boca está armada interiormente cunha placa de cartilaxe con dous dentes en forma de peite e unha "lingua raspadora", dentada, e carente de receptores sensoriais; perciben o gusto mediante papilas situadas na pel.
A boca non ten funcións respiratorias: a auga entra na farinxe a través dun "canal nasofarínxeo" localizado no lado esquerdo do corpo e con abertura na parte anterior da cabeza, pasa polo órgano olfactivo medio e de aí para a cámara branquial. Teñen entre un e quince pares de fendeduras branquiais.
Son monorrinos (teñen unha soa abertura nasal), e os seus ollos son moi rudimentarios, sen cristalino e sen musculatura; de todos os xeitos, o seu hábitat, nas profundidades mariñas, dificultaría a visión.[5]
O corpo dos mixíns está reforzado internamente por un conxunto de barras de cartilaxe, así como a cabeza, os tentáculos bucais, o canal nasofarínxeo, a "lingua" e a aleta caudal, pero non existen verdadeiros arcos branquiais.
O sistema circulatorio está formado por varios corazóns venosos, pero sen innervación; o corazón principal ten dúas cámaras, e ademais poden ter até cinco corazóns adicionais, dous cardinais, dous caudais e un portal.
A pel dos mixíns está núa e presenta lateralmente unha serie de glándulas que segregan moco anormalmente grandes, formadas por longas células filamentosas. Non teñen aletas pares, nin liña lateral.
Desde o punto de vista da fisioloxía, presentan tamén algunhas características peculiares. Por exemplo, o seu corpo posúe máis do 10 % de fluídos, ao contrario dos restantes Craniata. Ademais diso, as súas células sanguíneas teñen baixa afinidade para o oxíxeno.
A súa reprodución es ovípara, con fecundación externa.
Os peixes bruxa son peixes demersais de augas frías ou temperadas, encontrándose apenas no norte e no sur dos océanos Atlántico e Pacífico. Viven en fondos de lodo, onde se enterran, e aliméntanse principalmente de peixes mortos ou enfermos, penetrando no seu corpo e escollendo imediatamente os seus fígados. Pero tamén son predadores activos de invertebrados bentónicos. Son de hábitos nocturnos.[6]
As femias producen de 20 a 30 ovos de 20–25 mm de diámetro, provistos dunha casca córnea cun grupo de filamentos en forma de áncora en cada extremidade.
Debido ás súas características fisiolóxicas, non teñen osmorregulación e son moi sensíbeis as variacións da salinidade.
A familia dos mixínidos comprende dúas subfamilias, con dous xéneros basais sen clasificar:[3]
Xéneros basais
Subfamilia Eptatretinae
Subfamilia Myxininae
Os mixíns están entre os craniados/vertebrados viventes máis primitivos. Auténticos fósiles viventes, situados ba base dos vertebrados, as especies de hoxe seguen sendo similares ás de hai 300 millóns de anos.[7] Carecen de mandíbulas polo que, xunto coas lampreas foron tradicionalmente incluídos no grupo fos ciclóstomos, como peixes ágnatos.
Pero actualmente este taxon está en desuso por considerarse que é parafilético. Por outra parte, hai un debate científico sobre se os mixíns deben incluírse dentro dos vertebrados. Os peixes bruxa quedarían fóra dos vertebrados en sentido estrito, xa que carecen de verdadeiras vértebras.[8] O termo Vertebrata debería usarse en sentido estrito para incluír só os craniados con auténticas vértebras (lampreas e vertebrados con mandíbulas), tal como se pon de manifesto no seguiente cladograma:
Craniata |
| ||||||||||||
Aínda que teñen pouco valor culinario (excepto no Xapón e na Corea), algunhas das súas especies están ameazadas pola sobrepesca, xa que se capturan pola súa pel, forte e suave ao tacto, que se vende no mercado internacional como "pel de anguía".
Os mixíns xeralmente non se consomen debido ao seu aspecto repugnante, a súa visosidade, así como aos seus malos hábitos. Porén, unha especie en particular, Eptatretus burgeri, do noroeste do Pacífico, coñecido como kkomjangeo ou meokjango en coreano e como Nuta-unagi en xaponés, é moi valorado como alimento na península coreana.[9]
O mixín mantense vivo e irrítase axitándoo no seu acuario cun pau para que segregue moco en grandes cantidades. Este moco utilízase da mesma maneira que as claras de ovo en diversas receitas da cociña da rexión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.