familia de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Apogónidos (Apogonidae) son unha familia de peixes mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Salvo excepcións son preferentemente tropicais.
Son peixes de pequeno tamaño, que non adoitan superar os 10 cm de lonxitude. Liña lateral completa. Escamas normalmente ctneoideas, pero nalgúns casos cicloides, adoito caedizas. Cabeza grande e uns ollos moi grandes. Boca oblicua e premaxilar protráctil. Opérculo debilmente espiñoso.
Escalas usualmente ctenoides; varios grupos con escamas cicloides (ausente en Gymnapogon).
Teñen dúas aletas dorsais da mesma lonxitude pero a primeira é máis baixa que a segunda; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda cunha espiña e 8-14 radios brandos. Anal curta, con 8-18 radios brandos.
En tódolos apogónidos os machos incuban as crías dentro da boca. Case tódalas especies son de hábitos nocturnos. Aliméntanse de zooplancto e pequenos invertebrados bentónicos.
Divídense en dúas subfamilias, con 24 xéneros e 337 especies:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Apogónidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apogónidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.