From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos isópodos (Isopoda) é unha orde de crustáceos malacostráceos eumalacostráceos da superorde dos peracáridos, a que presenta máis diversidade biolóxica.
Isópodos Isopoda Rango fósil: 300 Ma - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Armadillidium sp., un isópodo presente en Galicia | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||
|
Comprende unhas 10 000 especies, distribuídas en nove subordes, de ampla distribución en toda clase de medios, especialmente no mariño, aínda que tamén existen especies dilciacuícolas e mesmo terrestres.
Estudos filoxenéticos e dos fósiles, dan indicios de que esta orde data polo menos do paleozoico, hai uns 300 millóns de anos.
O seu corpo consta de tres rexións ou tagmas: cabeza, tórax e abdome.
A cabeza posúe dous pares de antenas; o primeiro está ben desenvolvido e utilízano para explorar, saborear e ulir a comida; o segundo é pequeno e invisíbel externamente.
O tórax está formado por oito segmentos, cada un dos cales ten un par de patas; o primeiro segmento ten fusionada a cabeza; os sete segmentos restantes forman o pereion.
Ao final do abdome presentan un par de apéndices chamados urópodos.
Adoitan seren de pequeno tamaño, e algunhas especies teñen a capacidade de enrolarse formando bólas.[1]
A orde foi descrita en 1817 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.[2]
O nome científico da orde, Isopoda, é un substantivo neutro plural do latín científico que está formado polos elementos iso- e -poda, tirados do elemento do grego antigo ἰσο- iso-, derivado do termo ἴσος ísos, 'igual', e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'pata', facendo referencia a que todas as patas que posúen estes animais son iguais.[3] O termo foi usado por primeira vez en 1835 en francés como isopode.[3] Isto contrasta cos seus parentes os anfípodos (Amphipoda), que teñen dous tipos de patas torácicas.
A orde dos Isopoda divídese, segundo Martin e Davis, en nove subordes.[4]
Porén, o ITIS considera ademais a
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.