Malacostráceos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Malacostráceos

A dos malacostráceos (Malacostraca) é unha subclase de crustáceos que inclúe a case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) os estomatópodos (como Squilla mantis) e o krill. Así mesmo comprende tamén os grupos dos anfípodos e os isópodos (cochinillas da humidade).

Máis información MalacostráceosMalacostraca Rango fósil: cámbrico - actualidade, Clasificación científica ...
Malacostráceos
Malacostraca

Rango fósil: cámbrico - actualidade

Eophreatoicus sp, un isópodo dulciacuícola de Australia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Latreille, 1802
Subclases
Pechar

Describíronse máis de 42.000 especies de malacostráceos, case as dúas terceiras partes de todas as especies de crustáceos.[1]

A súa taxonomía é obxecto de controversia: existen varias escolas que disputan as categorías dos subgrupos.

Etimoloxía

A palabra Malacostraca deriva do grego e significa "os de cuncha branda", de μαλακός malakós, "brando" e ὄστρακον óstrakon, "cuncha".

Segundo algúns, posibelmente foi usada por vez primeira por Aristóteles co fin de diferenciar estes animais dos moluscos de cuncha dura, como ameixas ou ostras, cos que se confundían naquela época.[Cómpre referencia]

Porén, o nome é engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda e suave inmediatamente despois da muda ou écdise e é xeralmente dura.[2]

O termo malacostráceos [3] ás veces contraponse a entomostráceos, nome aplicado a todos os crustáceos que non son malacostráceos, que antigamente se reunían no taxon obsoleto dos Entomostraca.[4]

Morfoloxía

Thumb
Malacostráceo ideal.

O corpo dos malacostráceos está formado por 19 segmentos (excepto nas 36 especies de leptostráceos, que teñen 20), distribuídos en tres rexións ou tagmas:

Clasificación

Thumb
Lysiosquilla maculata
Thumb
Armadillidium vulgare
Thumb
Maja squinado

(Segundo Martin & Davis)[5]

Dado que a taxonomía do grupo está en desenvolvemento, aconséllase que se cotexe con obras doutros autores (por exemplo, en Tree of Life, Malacostraca Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine., e noutras páxinas web citadas en ligazóns externas).

Clase Malacostraca Latreille, 1802

  • Orde Archaeostraca
  • Orde Hoplostraca
  • Orde Leptostraca Claus, 1880
  • Superorde Syncarida Packard, 1885
  • Orde Palaeocaridacea
  • Orde Bathynellacea Chappuis, 1915
  • Orde Anaspidacea Calman, 1904
  • Orde Spelaeogriphacea Gordon, 1957
  • Orde Thermosbaenacea Monod, 1927
  • Orde Lophogastrida Sars, 1870
  • Orde Mysida Haworth, 1825
  • Orde Mictacea Bowman, Garner, Hessler, Iliffe & Sanders, 1985
  • Orde Amphipoda Latreille, 1816
  • Orde Isopoda Latreille, 1817
  • Orde Tanaidacea Dana, 1849
  • Orde Cumacea Krøyer, 1846

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.