A dos anfípodos[1] (Amphipoda) é unha orde de pequenos crustáceos da clase dos malacostráceos e superorde dos peracáridos,[2][3] de tamaño xeralmente da orde dun centímetro (aínda que a súa especie máis grande, Alicella gigantea, pode chegar a medir 34 cm).[4]

Máis información AnfípodosAmphipoda Rango fósil: eoceno - actualidade, Clasificación científica ...
Anfípodos
Amphipoda

Rango fósil: eoceno - actualidade

Hyperia macrocephala
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Eumalacostraca
Superorde: Peracarida
Orde: Amphipoda
Latreille, 1816
Subordes
  • Gammaridea
  • Senticaudata
  • Hyperiidea
  • Ingolfiellidea
Pechar

Moi abundantes no medio mariño, especialmente na zona intermareal, pero algunhas especies colonizaron as augas salobres e as doces, e mesmo o medio terrestre. Os saltos das pulgas de mar (talítridos) e dos gammáridoss co seu típico corpo curvado en "C" e nadando de lado, son ben coñecidos polas persoas que visitan as praias.

Os anfípodos mariños poden ser peláxicos (viven na columna de auga) o bentónicos (viven no fondo mariño). Os anfípodos peláxicos constiuén unha boa fonte de alimento para aves mariñas, peixes e mamíferos mariños.

Os anfípodos terrestres, como os talítridos, viven na area, entre pedras ou en praias.

A orde inclúe case 10.000 especies descritas. Algunhas delas convertéronse en invasoras coa proliferación das comunicacións entre as concas hidrográficas a través de canles, ou por augas que escorregan por balastros e cascallos.

Taxonomía

Descrición

A orde foi descrita en 1816 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.

Etimoloxía

O nome científico da orde, Amphipoda, está formado polos elementos do latín científico amphi- e -poda, tirados dos termos do grego antigo: o adverbio ἀμφί amphí, "polo dous lados", e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, "pé", "pata", facendo referencia aos dous tipos de patas que posúen estes animais. Isto contrasta cos seus parentes os isópodos (Isopoda), que teñen un só tipo de patas torácicas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.