rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación From Wikipedia, the free encyclopedia
A xeoloxía histórica é unha rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación hai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.
Para establecer un marco temporal absoluto os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos, épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.
A maioría das cifras están en millóns de anos (Ma):
Anos atrás3,6 | Época | Período/Era4,5 | Era | Eón | Eventos principais | |
---|---|---|---|---|---|---|
Día Actual | Holoceno | Cuaternario | Cenozoico | Fanerozoico | Final da Idade do xeo e xurdimento da civilización actual | |
10,000 | Plistoceno | Extinción de grandes mamíferos. Evolución dos humanos modernos | ||||
1.8 millóns | Plioceno | Terciario | Neoxeno | Primeiros grandes mamíferos | ||
5 millóns | Mioceno | |||||
23 millóns | Oligoceno | Paleoxeno | ||||
38 millóns | Eoceno | |||||
55 millóns | Paleoceno | |||||
64.3 millóns* | Cretáceo | Mesozoico | Os dinosauros alcanzan o pico, comezan a declinar. Extinción masiva do Cretáceo-Terciario. Primitivos | |||
146 millóns | Xurásico | Mamíferos marsupiais, primeiras aves, primeiras plantas con flores | ||||
208 millóns | Triásico | Extinción masiva do Triásico-Xurásico. Primeiros dinosauros, mamíferos ovíparos | ||||
251.1 millóns* | Permiano | Paleozoico | Extinción masiva do Permiano-Triásico - 95% da vida na Terra desaparece | |||
286 millóns | Pennsylvaniano | Carbonífero¹ | Abundantes insectos, primeiros réptiles, bosques de carbón | |||
325 millóns | Mississippiano | Árbores grandes primitivas | ||||
360 millóns | Devoniano | Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida e proximnospermas | ||||
408.5 millóns* | Silúrico | Primeiras plantas terrestres fósiles | ||||
443.5 millóns* | Ordovícico | Invertebrados dominantes. Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico. | ||||
490 millóns* | Cámbrico | Maior diversificación da vida durante a explosión Cámbrica. Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico. | ||||
545 millóns* | Neoproterozoico² | Proterozoico | Precámbrico7 | Primeiros metazoarios | ||
900 millóns | Mesoproterozoico | Formación de Rodinia | ||||
1,600 millóns | Paleoproterozoico | Primeira Eucariota | ||||
2,500 millóns | Arcaico | Primeira Procariota | ||||
3,800 millóns | Hadeico | Formación da Terra |
1) En América do Norte, o Carbonífero subdivídese nos períodos Mississippiano e Pennsylvaniano.
2) Descubrimentos feitos durante o pasado cuarto de século cambiaron substancialmente a forma de ver os eventos xeolóxicos e paleontolóxicos inmediatamente anteriores ó Cámbrico. A nomenclatura non se estabilizou. O termo Neoproterozoico é utilizado aquí, pero outros escritores poderían igualmente usar outros termos como 'Ediacariano', 'Vendiano', 'Varangiano', 'Precámbrico', 'Protocámbrico', 'Eocámbrico', ou poderían estender o período de duración do Cámbrico. Todos estes termos son considerados como un subconxunto do Proterozoico máis ca como un período entre o Paleozoico e o Proterozoico.
3) As datas son incertas mostrando unha leve diferenza coas fontes en común. Isto débese á incerteza da datación radiométrica e ó problema de que depósitos que son susceptibles de ser datadas radiometricamente non sempre son examinados no lugar exacto na columna xeolóxica que se desexa datar. Datas cun * son determinadas radiometricamente baseadas en acordos internacionais con GSSP. Tódalas datas danse para o fin da época en cuestión.
4) Os paleontólogos xeralmente fan referencia á etapa faunal en lugar dos períodos xeolóxicos. A nomenclatura de etapas é bastante complexa. Ver https://web.archive.org/web/20020219025732/http://flatpebble.nceas.ucsb.edu/public/harland.html para obter unha lista ordenada por Etapas faunais. Tamén ver GSSP.
5) Como uso común os períodos Terciario- Cuaternario e Paleoceno-Neoxeno-Cuaternario son considerados equivalentes a Mesozoico e Paleozoico. O termo 'Período|Era' (exemplo 'Neoxeno Período/Era') é ás veces usado no canto de 'Período'.
6) O tempo mostrado na columna "Anos atrás" é o que corresponde á fin da época na columna que di "Época".
7) O Precámbrico era tamén denominado Criptozoico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xeoloxía histórica |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.