Aser Álvarez
cineasta e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Aser Álvarez González, nado en Bande o 20 de xuño de 1976, é un cineasta e xornalista galego.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1976 (48 anos) Bande, España |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema, xornalista |
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual. Mestrado de Xornalismo de El País.[1] Foi redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser. Gañou o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Dirixe Arraianos Producións[2] e Ficrural. É membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.
En 2019 dirixiu e presentou Anacos de vida na TVG: A Illa de Arousa, A Estrada, Maceda, Cambados, Carral, Bueu, Santa Comba, Guntín, Noia, foron os lugares escollidos.[3]
En 2024 empezou a preparación dun proxecto sobre o escritor Graham Greene, a súa estadía na Galiza e a súa amizade co cura Leopoldo Durán.[4] En 2025 foi o comisario de 40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro.[5]
Filmografía
- 100 % CEF (2012). Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro, protagonizado por Luís Tosar e Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2013.
- Traballo animal (2014). Realizado por Plácido Romero e Aser Álvarez, premio especial do xurado no Minidoc.[6]
- Carlos Velo en México (2015).
- Looking for Bill Viola (2015). Con alumnado do IES de Celanova.[7]
- Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas (2015).[8]
- Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro (2016).[9]
- O Purgatorio de Leiro (2016).[10] Segunda parte de Sísifo Confuso.
- A Compostela de "La Casa de la Troya" (2018). Con Benigno Amor.[11]
- El origen del Camino de Santiago (2021).
- Compostela rupestre (2021).[12]
- Ferrín Arraiano (2022).[13]
- Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z (2022)
- Xosé Velo. O libertador ibérico (2022)[14]
- Xosé Velo en Vigo. A guerrilla antifranquista na provincia de Pontevedra (2022). Deputación de Pontevedra.
- Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas (2022). 34 min. A historia vital de Elías Valiña Sampedro, o cura do Cebreiro, principal responsable do rexurdimento dos Camiños de Santiago no Século XX e inventor das características frechas amarelas que o sinalizan.[15] [16]
- O Camiño de Prisciliano. Tralas pegadas de Ramón Chao. (2023)[17][18][19]
- Julio Camba. El hombre que no quería ser nada (2024).[20] [21]
- Expediente Xosé Velo (2024).[22]
- Xosé Vizoso. Universo Vizoso (2024).[23] Emitido na TVG.

Libros
- Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro (2019). Arraianos Producións SL. 48 páxs. ISBN 978-84-09-02371-4.
- Xela Arias sen fronteiras. Fotobiografía sonora (2021). Arraianos Producións SL. 47 páxs.
- Xosé Velo. Textos escollidos (2022). Arraianos Producións SL. 47 páxs. ISBN 9788484575061. Con Lois Codías.
- Xosé Velo. Sen fronteiras. Fotobiografía sonora (2023). 43 páxs. Redacción de textos, Lois Codias e Aser Álvarez
- O camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano (2023). Arraianos Producións SL. 47 páxs. ISBN 978-92-0-385875-5.
- 90 anos nas ondas. Dos inicios da radio en Galicia aos nosos días. Historias de EAJ-4 Radio Galicia 1993-2023 (2023). Arraianos Producións. 174 páxinas. ISBN 978-84-09-56106-3.
Libros colectivos
- Galicia rural. Un debate contemporáneo sobre o rural en Galicia. Mundiprensa. ISBN 9788449115561.
- VV.AA (2024). Enciclopedia Ilustrada de Ferrín Arraiano. Ed. Arraianos e Revista Arraianos. Cuberta de Baldomero Moreiras. Coordinación do proxecto multimedia e editor: Aser Álvarez. Colaboracións: Xosé Benito Reza, Anxo Angueira, Pepe Barro, Antonio Gamoneda, Daniel Salgado, Xabier Cordal, Fernando Ramallo, Gonzalo Hermo, Xosé Herique Costas, Aser Álvarez, Xosé Luís Axeitos, Xosé Manuel Outeiriño, Arancha Nogueira, Olga Novo, Ana Mosquera Fernández, Anxo Cabada, Erín Moure, Silvia Penas, Xulio Fontes, Luís Boullosa, Baldo Ramos, Xosé Ramón Pena, Leo Arremecághona, Antón Capelán.[24]
Podcast
La flecha amarilla. Viajes sonoros por el Camino de Santiago, proxecto de Arraianos Producións desde 2024: "unha serie de podcast para escoitar cos cinco sentidos e aprender a gozar pausadamente dos camiños e da vida".[25] Cada episodio céntrase nun dos sentidos para render homenaxe ao legado cultural e espiritual do Camiño, asemade fusiona a tradición e a modernidade.[26]
Coa colaboración da Xunta de Galicia, Xacobeo, Fundación Catedral de Santiago, Acasa, Candelas, Acude Rural; ademais do Ministerio de Cultura, a Unión Europea e o Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia. Nos primeiros programas falouse de Elías Valiña (a idea do título[27]), o queixo do Cebreiro (Adrián Paz), o café Candelas (Eladio Paz), o misterio do Camiño, a escoita que sanda... Transmitidas por Radio Nacional de España-Radio 5.[28]

Premios
- 2013: Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental.
- 2013: Premio Xosé Aurelio Carracedo polo seu documental sobre Celso Emilio Ferreiro.[29]
- 2019: Premio Johán Carballeira de Xornalismo por Ferrín na poesía do circo.[30]
- CINEUROPA[31]
- Panorama Audiovisual Galego por Compostela Rupestre
- Panorama Audiovisual Galego por El origen del Camino de Santiago
- Panorama Audiovisual Galego por Ferrín Arraiano
- Panorama Audiovisual Galego por Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z
- Panorama Audiovisual Galego por Xosé Velo. O libertador ibérico
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.