Remove ads
lingüista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Ramallo Fernández, máis coñecido como Fernando Ramallo, nado en Vigo en 1965, é un profesor universitario e investigador galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Campo de traballo | Sociolingüística |
Ocupación | profesor universitario, filólogo |
Membro de | |
É catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo, Departamento de Tradución e Lingüística.[2] Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022). Dedica a súa investigación á comprender as relacións lingua-política-sociedade, tomando como eixo os procesos de (des)minoración lingüística e as súas consecuencias.[1] Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese[3] Actos de fala, comunicación e mediación. Análise pragmática e sociolingüística dos procesos electorais na prensa galega (1977-1996) (2004, Universidade de Vigo).
Académico correspondente da Real Academia Galega (2012).
Ten colaborado en Grial, A Trabe de Ouro e revistas internacionais de lingüística.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.