Arancha Rodríguez Fernández, máis coñecida como Arancha Nogueira, nada en Ourense o 3 de setembro de 1989, é unha escritora galega.
Licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. Viviu en Madrid, Porto, Sevilla, Belfast e Santiago de Compostela.[1] Formou parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega. Actualmente é profesora de lingua galega e literatura no ensino público.
Obras colectivas
- Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo 2016 (2016). Universidade de Vigo, Xerais.
- Libro colectivo de homenaxe a Manuel María (2017). Deputación de Lugo.
- XVI Certame Literario Concello de Ames (2018). Concello de Ames, Fundación Feiraco.
- Xuventude Crea 2017 (2018). Xunta de Galicia.
- Cultura que Une. Ribeira Sacra - Douro (2018). Fundación Vicente Risco.
- Creative Cork Intercultural City Voices (2018). Antoloxía bilingüe, texto traducido por Keith Payne. Cork City Council, Creative Ireland,
- Antoloxía Vide, Paisaxe, Fala - Florencio Delgado Gurriarán (2018). Deputación de Ourense, Instituto de Estudos Valdeorreses.
- Calpurnias, mulleres poetas ourensás (2019). Ed. Cuestión de Belleza.
- Un xardín de medio lado. 17 poetas da urutau na Galiza (2019). Ed. Urutau.
- Antoloxía de poesía galega nova (2019). Antoloxía bilingüe galego-grego, textos traducidos por Sofía Karatzá e Teresa Pardo. Editora Vakxikon.
- Arrincando marcos 2020 (2020). Ed. Positivas.
- Poesía galega novísima (2020). Ed. Urutau.
- Mafia, amiga (2021). Leite Edicións.
- Premio de poesía Francisco Añón en 2013 por Andar descalza.
- III Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá en 2013.
- Premio de poesía da Universidade de Vigo en 2016 por (A)fogar.
- Premio de poesía do Concello de Ames en 2017 por Para ser de ti.
- Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2017 por O aniversario.
- II Premio de poesía Xuventude Crea en 2017 por Romaría.
- Accésit do premio Francisco Añón en 2018 por spleen en catro tempos.
- Finalista do premio Florencio Delgado Gurriarán en 2018 por Taxidermia.
- Premio literario Mazarelos (Universidade de Santiago de Compostela) en 2018 por mapa mudo.
- II Premio de poesía do Concello de Ames en 2019 por crac.
- XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu en 2019 por O silencio das gaivotas.[6]
- Finalista do certame Ari(t)mar (Galiza e Portugal) co poema #love en 2021.
- Finalista da Primavera videoliteraria do Val Miñor xunto a Emilio Carral co videopoema recordas? en 2021.
- XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo en 2021 por Antese.[7][8]
- Finalista a mellor libro infantil nos Premios Follas Novas do libro galego 2022 por A mestra corremundos.
- 2023: O público da gala aRi[t]mar decidiu distinguir co Premio Mellor Poesía do Ano 2022 na Galiza a 'Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados'.[9]
"Arancha Nogueira". Ligeia. Revista de Literatura (1). xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.