sacerdote e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Leopoldo Durán Justo, nado en Penedo (Avión) en 1917 e finado en Vigo o 10 de abril de 2008, foi un crego católico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Couso, España |
Morte | 10 de abril de 2008 (90/91 anos) Vigo, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Ordenouse sacerdote en Astorga en 1943 e doutorouse en teoloxía en Roma, en filosofía na Universidade Complutense de Madrid,onde impartiu clases, e en literatura inglesa no King's College de Londres, cunha tese sobre a figura do crego na narrativa de Graham Greene. Foi profesor de literatura, de filosofía e de teoloxía en varios seminarios maiores. Viviu en Inglaterra durante unha trintena de anos, e alí foi onde coñeceu, en 1972, o escritor sobre o que fixera a tese. A partir dese momento acompañou o escritor nas súas viaxes e estadías, tanto en Galicia e España como en Nisa e en Vevey, onde faleceu o novelista.
Patrón durante dous anos da fundación que levaba o nome do escritor, dise que a súa figura inspirou algunha das obras de Greene, como Monseñor Quijote, onde se retrata a emigración de Avión a México, se ben el negaba esa posibilidade[1].
En 2024 Aser Álvarez empezou a preparación dun proxecto sobre o escritor Graham Greene, a súa estadía na Galiza e a súa amizade co cura Leopoldo Durán.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.