Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O alfabeto Protocananeo o abjad lineal (i.e., non-cuneiforme) de sobre vinte glifos acrofónicos. Atópase en textos levantinos da Idade de Bronce final, convencionalmente datada no -1050. A través do seu exitoso sucesor fenicio, converteuse no devanceiro de case todos os alfabetos usados hoxe, desde o grego, o hebreo, o latino e o Tifinagh no oeste ata o Thai ou o mongol.
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
Descubríronse predecesores, posibelmente aínda en parte logográficos, en Exipto central en 1905 e 1999 (ver alfabetos da Idade de Bronce Medio). Estas antigas escrituras puideron ter máis letras das que logo se atoparon, e puideron tamén incluír variantes das letras (letras diferentes que podían usarse para expresaren o mesmo fonema).
Os nomes das letras, que sobreviven nos alfabetos grego e hebreo, probabelmente xa existían. Os nomes están baseados nun principio acrofónico, presumibelmente a partir de traducións semíticas dos nomes dos xeroglíficos exipcios. Por exemplo, o exipcio nt (auga) converteuse no semítico mu (auga), evolucionando finalmente no latín M, mentres que o exipcio drt (man) se volveu semítico kapp (man), e finalmente no latín K.
A orde das letras neste alfabeto énos descoñecida; o alfabeto ugarítico, que aínda que emprega signos cuneiformes, estaría relacionado con el ten dúas ordes alfabéticas: unha orde ABCD similar á nosa, e outra HLĦM, tamén testemuñada no alfabeto surarábigo e os alfabetos Ge'ez.
A continuación ofrecemos unha reconstrución de vinte das letras, baseada nos sucesores mellor testemuñados (o fenicio e o surarábigo), xunto cos descendentes latinos destas.
Protocananeo | Fenicio | valor e nome | Descendentes |
---|---|---|---|
ʼ ʾalp "boi" | א Α A ا | ||
b bet "casa" | ב Β B ب | ||
g gaml "búmerang" | ג Γ C-G ج | ||
d digg "peixe" | ד Δ D ذ-د | ||
h haw / hll "xúbilo" | ה Ε E ه Є | ||
w waw "gancho" | ו Ϝ-Υ F-U-V-W-Y و | ||
z zen /ziqq "esposas" | ז Ζ Z ز З | ||
ḥ ḥet "patio" | ח Η H خ-ح | ||
; | ṭ ṭēt "roda" | ט Θ ظ-ط Ѳ | |
y yad "brazo" | י Ι I-J ي | ||
k kap "man" | כ Κ K ك | ||
l lamd "aguillada" | ל Λ L ل | ||
m mem "auga" | מ Μ M م | ||
n naḥš "serpe" | Nun Ν N ن | ||
s samek "peixe" | ס Ξ X Ѯ | ||
ʻ ʿen "ollo" | ע Ο O غ-ع | ||
p piʾt "curva" | פ Π P ف | ||
ṣ ṣad "planta" | צ ϻ ص-ض ц | ||
q qup "mono" | ק Ϙ Q ق Ҁ | ||
r raʾs "cabeza" | ר Ρ R ر | ||
š/ś šimš "sol, o Uraeus" | ש Σ S ش-س Ш | ||
t taw "sinatura" | ת Τ T ث-ت |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.